Filosofía de Nietzsche: Vitalismo, Nihilismo e o Superhome

Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en español con un tamaño de 3,75 KB

Nietzsche vive nun momento de crise da cultura occidental.

Vitalismo

  • Defende a vida como o máis importante. Non unha vida tranquila, senón: forza, paixón, instinto, natureza.
  • Critica que a cultura occidental: rexeita a vida real, dá demasiada importancia á razón, inventa mundos falsos (Deus, verdade absoluta…).

Para Nietzsche:

  • Todo o que nega a vida é decadente.
  • A filosofía tradicional (Sócrates, Platón…) é un erro.

Obxectivo:

  • Destruír esa cultura (“filosofar a marteladas”).
  • Crear novos valores que afirmen a vida.

Nihilismo, Vitalismo e Transvaloración

A. O Superhome

O superhome é o ideal de ser humano en Nietzsche. O home actual é un ser imperfecto, situado entre o animal e o superhome, en proceso de superación. O superhome caracterízase por afirmar a vida, aceptar os instintos e crear os seus propios valores, sen depender da moral tradicional. Representa unha moral nobre, baseada na forza, na creatividade e na superación constante. Fronte ao desprezo do corpo e da vida presente na tradición occidental, o superhome defende o sentido da terra e o amor á vida.

B. A Morte de Deus

A morte de Deus significa a desaparición dos valores absolutos que sustentaban a cultura occidental, especialmente os relixiosos e metafísicos. Deus representa un mundo transcendente que despreza a realidade e a vida. Ao “morrer Deus”, desaparece esa referencia absoluta, o que provoca unha crise de valores. Esta situación obriga ao ser humano a crear novos valores, xa que xa non existen verdades universais que orienten a súa vida.

O Nihilismo

O nihilismo é a consecuencia da morte de Deus e consiste na perda de sentido e de valores. Ten un aspecto negativo, xa que provoca desorientación e desesperación ante a falta de valores. Pero tamén ten un aspecto positivo, pois permite destruír os vellos valores e abre a posibilidade de crear outros novos. Para Nietzsche, o nihilismo é unha etapa necesaria para a renovación da cultura e a afirmación da vida.

C. A Vontade de Poder

A vontade de poder é o principio fundamental da realidade. Todo o que existe é expresión dunha forza que busca expandirse, dominar e superarse. Nietzsche afirma que detrás dos valores morais non hai verdade absoluta, senón a vontade de poder de determinados individuos ou grupos. Ademais, defende o perspectivismo, segundo o cal non existen feitos obxectivos, senón interpretacións. Non obstante, non todas as interpretacións teñen o mesmo valor: serán superiores aquelas que expresen forza, saúde e creatividade.

D. O Eterno Retorno

O eterno retorno é a idea de que todo o que acontece se repite infinitamente ao longo do tempo. Esta concepción rompe coa idea lineal do tempo propia da tradición cristiá e introduce unha visión cíclica. Ten unha dimensión ética, xa que implica vivir de tal maneira que se desexe repetir eternamente a propia vida. Tamén presenta un aspecto positivo, ao dar valor a cada instante, e un negativo, ao poder interpretarse como determinismo.

Valoración Final

A filosofía de Nietzsche presenta unha dobre dimensión: por unha banda, é crítica e destrutiva, xa que analiza e denuncia a decadencia da cultura occidental, atacando a relixión, a moral tradicional e a filosofía clásica.

Por outra banda, ten un carácter construtivo, ao propoñer novos valores baseados na afirmación da vida, na forza e na creatividade. Deste xeito, Nietzsche pretende superar o nihilismo e crear unha nova cultura que afirme plenamente a vida.

Entradas relacionadas: