Filosofía Grega: Presocráticos a Platón e Política
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 10,83 KB
Do Mito ao Logos: O Nacemento da Filosofía
No principio, para explicar os fenómenos naturais usábanse os mitos, que atribuían eses fenómenos aos deuses. O que permitiu que esa idea cambiase foi:
- As migracións: As migracións cara ás colonias gregas na costa xónica e na Magna Grecia, en cidades como Mileto e Éfeso, eran lugares nos que se reunían xentes de distintas procedencias. Así, producíase o intercambio de ideas e grazas a iso fóronse dando conta de que para os mesmos fenómenos había varias explicacións, dependendo da orixe da persoa á que lle preguntases.
- Distinción entre ocio e non ocio: Xa que a parte de non ocio a realizaban os escravos, os gregos tiñan tempo para pensar nos fenómenos do mundo e intentar explicalos.
- Ausencia de sacerdotes e obras sagradas: Grazas a isto, os gregos podían modificar a súa forma de ver o mundo, xa que nada lles reprimía indicándolles como debían ser as cousas.
Todo isto fixo que se chegase ao logos, que era explicar as cousas dende o punto de vista da razón. Apoiándose na razón, a filosofía recorre a conceptos abstractos en lugar de a deuses para explicar aquilo que non entenden.
Os Primeiros Filósofos: Os Presocráticos
O arché é o elemento do que xorde todo o que existe.
Heráclito (Arché: Lume)
Para el, o arché era o lume. Dicía que o mundo era un campo de batalla no que había unha loita continua entre opostos. Isto facía que todo fluíse (panta rei). Cando nesa loita de contrarios gañaba un, o lume consumíao todo e volvía xurdir. Para el, o logos universal era a razón que facía que todo tivese razón de ser (eterno retorno).
Parménides (Arché: Ser)
Fai unha distinción entre opinión (sentidos) e verdade (mente). Para Parménides, o ser é e o non ser non é. Polo tanto, o ser é:
- Único
- Circular: Porque o círculo é completo e perfecto, non lle falta nada.
- Indivisíbel: O que quere dicir que non hai espazo baleiro, polo tanto, non hai movemento.
- Inmutable: Xa que non hai movemento, non pode cambiar.
Anaxágoras (Arché: Homeomerías)
O seu arché son as homeomerías (que representan o ser de Parménides), que son átomos (unidade orixinaria que está en todo). Cada cousa ten átomos de todo, pero os átomos que predominan en cada cousa son os que determinan de que está feito (ex: unha mesa é de madeira se a maioría dos seus átomos son de madeira). Para poder unirse necesitan un elemento externo que é a nous (mente).
Atomistas (Leucipo e Demócrito)
Tendo en conta o ser de Parménides, engaden que ese ser consta de infinitos seres (átomos) que non se poden dividir. Estes átomos son neutrais e só se distinguen na forma, na orde e na situación. Eses átomos están no baleiro e chocan entre si mediante o azar. Ao chocar dan lugar a todo o existente.
Sócrates e os Sofistas
Protágoras
Consideraba que o home é a medida de todas as cousas. Isto o que quere dicir é que está ben o que eu considero que está ben. Polo tanto, o que está ben para unha persoa pode estar mal para outra e á inversa.
Gorgias
Di que o home nada pode coñecer, se o coñecese non o podería entender e se o entendese non llo podería explicar aos demais. Isto o que quere dicir é que non existe coñecemento humano.
Maiéutica Socrática
Sócrates, por medio dos diálogos, facía exames ao seu interlocutor. Estes diálogos dividíanse en:
- Ironía: Consiste en levar o interlocutor a darse conta de que en realidade non sabe nada. “Só no recoñecemento da propia ignorancia ése capaz de chegar ao coñecemento”.
- A maiéutica: (Dar a luz) serve para desertar os coñecementos que dormen na nosa mente.
Obra de Platón
Os escritos de Platón adoptan a forma de diálogos nos que Sócrates é sempre un dos interlocutores. Cando se len os escritos de Platón é necesario averiguar cales son doutrinas de Sócrates e cales de Platón. Para solucionar este problema, as obras ordénanse cronoloxicamente e, posteriormente, aplícanse unha serie de criterios que permitan asignar a quen pertencen.
- Xuventude: Tema: virtude. Estes diálogos reproducen as ensinanzas de Sócrates.
- Transición: Platón comeza a elaborar as súas propias doutrinas. Predominan os temas políticos. Sócrates enfróntase aos sofistas e á democracia. Aparece o tema da preexistencia e a inmortalidade da alma. Fanse xa os primeiros esbozos da teoría das ideas.
- Madurez: Expón as teses fundamentais da teoría das ideas. Esa teoría serve de transfondo para todos os demais temas, entre os que destaca a elaboración dunha completa teoría do Estado. Sócrates continúa sendo o interlocutor principal dos diálogos, pero agora está seguro de si mesmo e é posuidor dun saber verdadeiro. Nestes diálogos encontramos os principais mitos platónicos.
- Período crítico: Os diálogos son principalmente críticos. Platón mostra dúbidas sobre as súas doutrinas, sobre todo coa teoría das ideas. Sócrates deixa de ser o personaxe principal e desaparecen case por completo os mitos.
- Vellez: Platón abandona as cuestións metafísicas e interésase pola cosmoloxía e a historia. Desenvolve unha teoría cosmolóxica.
A Teoría das Ideas
A teoría das ideas dinos que o mundo no que vivimos é unha copia do mundo das ideas.
Mundo das Ideas (Intelixíbel)
Este é o único mundo verdadeiro, inmutábel e universal (é o mundo de Parménides). Neste mundo, e no único que hai ciencia, porque non cambia. Está xerarquizado:
- Idea de ben
- Entidades matemáticas
- Ideas das cousas
No “Parménides” critica a súa propia teoría.
Mundo Sensíbel
Non hai ciencia porque cambia. Existe por imitación/participación do das ideas. Este mundo explícao no “Timeo”.
Os Graos de Coñecemento
Teoría da Reminiscencia
Mito do Carro Alado (Alma)
Este mito fala dun carro dirixido por un auriga (razón) que controla a dous cabalos: un branco, que é doado de manexar (paixóns nobres), e un negro, que é difícil de manexar (baixas paixóns). Cando o auriga non consegue controlar o carro, este cae do mundo das ideas á terra, onde é envolto por un corpo, que é o cárcere da alma. Para que a alma poida ir de volta ao mundo das ideas, a razón ten que controlar as paixóns e, cando o corpo morra, poderá regresar. (A alma é a fonte do coñecemento verdadeiro, grazas aos recordos que ten de cando estivo no mundo das ideas).
Este mito intenta dar explicación á tensión que existe entre a razón e os desexos, e como os desexos teñen que estar subordinados á razón.
Mito de Er
Relata como dez días despois da morte de Er, o seu corpo non mostra signos de corrupción e volve á vida para relatar o acontecido. A súa alma foi a un lugar onde había dúas aberturas na terra e dúas no ceo. Tres xuíces pronuncian a sentenza para cada alma. Alí as almas relataban o vivido e despois tiñan que elixir unha nova vida. Ese era o problema: que vida elixir. Este mito quere dicir que a morte é un tempo de xustiza no que as almas boas serán premiadas. Reafírmase a idea de que unha vida xusta é mellor que unha inxusta.
Mito da Caverna
Este mito intenta explicar a diferenza entre a educación e a falta de educación. O mito di que os seres humanos son como escravos que viven nunha caverna dende o seu nacemento, atados e sen poder moverse. Só ven unhas estrañas sombras que pasan na parede que está diante deles. Os escravos cren que as sombras son o real, pero un escravo logra escapar e, pouco a pouco, descobre a verdade e vai aprendendo. Ao final, vai rescatar os seus amigos, pero estes non o cren e o matan.
Dialéctica
Símil da liña
Mundo das ideas / Mundo sensíbel
Idea de ben - Entidades matemáticas / Crenza - Imaxinación
Dialéctica - Matemáticas / Física - Arte
Ciencia (episteme) / Doxa (opinión)
(O amor é o impulso emocional necesario para o coñecemento)
Esta liña móstranos os graos de coñecemento polos que ten que pasar alguén para chegar a ser filósofo.
Características e Partes da Alma
A alma divídese en:
- Racional (Auriga - Razón): Situada na cabeza.
- Irascíbel (Cabalo branco - Paixóns nobres): Situada no corazón.
- Concupiscíbel (Cabalo negro - Baixas paixóns): Situada no baixo ventre.
O máis importante para Platón é a busca da harmonía. A alma alcanzará o ben cando cada parte faga o que é propio de si (o que ten que facer). Isto o que quere dicir é que a parte racional ten que controlar as outras dúas e estas obedecer.
Teoría Política
A política foi unha gran preocupación de Platón. Quería participar na vida pública de Atenas e tres veces intentou implantar o sistema político ideal en Sicilia, pero as tres fracasou. Platón atopa dous fallos fundamentais na política: a incompetencia e ignorancia dos políticos e as loitas entre grupos de tendencias democráticas distintas. Para Platón, os intereses do grupo prevalecen sobre as necesidades do Estado.
Organización Social e Política
Para Platón, a sociedade é unha mutua satisfacción de necesidades entre os seus membros, cuxas capacidades se complementan. Por iso, a división do traballo é a base para calquera cidade.
Platón distingue 3 tipos de clases que se correspondían co tipo de alma (mito do metal):
- Gobernantes: Alma de ouro (filósofos).
- Gardiáns: Alma de prata.
- Artesáns: Alma de bronce.
A cidade perfecta está baseada en que todos os membros parten da mesma educación e, mediante “filtros”, distínguese a que parte da poboación pertence cada membro. O primeiro filtro determinaba os artesáns, o segundo os gardiáns e, pasando filtros, ao final chegábanse os gobernantes, que eran os máis sabios (xerontocracia: goberno dos vellos). Neste sistema político, os únicos que teñen dereito a ter propiedades son os artesáns, xa que os gardiáns son mantidos polos demais, non necesitan posesións, chéganlles “co cariño dos demais”. Podían ter fillos, pero non sabían quen eran, polo tanto, protexerían mellor ao saber que os seus fillos están entre a xente que protexen. E os gobernantes son os gardiáns máis sabios.