Filosofía de Descartes: Dúbida Metódica e as Tres Substancias

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,55 KB

A Dúbida Metódica de Descartes: Aplicación e Alcance

Descartes ten unha dúbida imposta polo método, non porque el crea que a verdade non existe. Desta dúbida fai unha excepción: non vai someter a dúbida as cuestións morais, non porque non sexan dubidosas senón porque ten que obrar sen necesidade de actuar.

Empeza aplicando a dúbida á tradición, á autoridade... a todo o pasado (dubida de todo). Non houbo ningún erro nos anteriores? Si, pois eu non podo confiar, dubido de todo.

Do que primeiro dubida é dos sentidos. Todo o mundo pode comprobar que algunha vez os sentidos enganaron, polo tanto toda a información que provén deles é dubidosa, non son evidencias.

Son dubidosas:

  • O que son.
  • Onde estou.
  • Os seus coñecementos.
  • A imposibilidade de distinguir o estado de sono do de vixilia.

Dubida das verdades matemáticas. Aquí a dúbida é universal, abrácao todo. Como sabe se é verdade que 2+2=4? Neste momento introduce a hipótese do Xenio Maligno.

Imaxinemos que este xenio fixo a miña natureza inclinada á mentira, a pensar mal, de tal maneira que o que penso que é verdade en realidade é falso. Neste caso, se penso que 2+2=4, pois é falso. Chegados a este punto: hai algo do que eu non podo dubidar? Descartes afírmao coa existencia do meu eu. Non podo dubidar de que eu me atopo dubitando, que existo, aínda que me equivoque en todo. De aquí a frase: Eu penso, logo existo.

Neste momento aparece o primeiro principio ou principio de certeza. Da proposición penso, logo existo, vai sacar o criterio de certeza: eu véxoa tan clara e distinta que non podo dubidar. Entón di que calquera cousa que sexa clara e distinta vaina tomar como certa.

Criterio de Certeza: Claridade e Distinción

Vai clasificar as ideas segundo a súa procedencia:

  • Adventicias: Veñen de fóra.
  • Ficticias: As que eu invento.
  • Innatas: Nace comigo.

Dentro das ideas innatas hai unha idea que é a idea de Perfecto, que dubidamos se é adventicia ou innata. Para Descartes, el non pode ser o creador desa idea xa que dubida e, se dubida, non é perfecto. Entón, a idea de perfecto é unha idea innata; para Descartes, esta idea púxoa nel Deus. Isto mesmo ocorre coa idea de infinito.

Nisto baséase Descartes para explicar a existencia de Deus, ser perfecto e, por tanto, veraz, motivo polo cal non se vai enganar. Isto garántelle que cando utilice a razón pode chegar á verdade.

Se Deus é veraz e perfecto e garante que podo chegar á verdade, entón se vexo algo claro e distinto, pode ser certo, pero non todo o que vexo será certo, só aquilo que vexa clara e distintamente.

A Metafísica Cartesiana: As Tres Substancias

Eu, Deus e Mundo. Calquera cousa que haxa estará encadrada nalgún dos anteriores.

Substancia: É o que existe en si mesmo e por si, non necesita de outra para existir. Esta definición aplicada con rigor só se corresponde con Deus, pero aplicada de forma análoga tamén a podemos aplicar ao mundo e ao eu. En cada substancia hai un atributo, aquilo que acompaña sempre á substancia.

Eu: O Pensamento (Res Cogitans)

Representa a primeira verdade ou certeza.

Deus: A Perfección (Res Infinita)

Idea dun ser perfecto, que é Deus e tamén é veraz. Todo o que hai en nós vén de Deus e, polo tanto, as nosas ideas son claras e distintas. Descartes presenta tres probas para a existencia de Deus:

  • Idea de perfecto e infinito.
  • A continxencia do eu: Chega a Deus como causa do ser imperfecto e finito.
  • O argumento ontolóxico: A existencia é unha perfección; Deus ten todas as perfeccións, logo Deus ten a existencia.

Mundo: A Extensión (Res Extensa)

Para explicar o mundo baséase na materia e no movemento. A materia é inerte e pura extensión. O movemento non vén da materia xa que é inerte. Distingue tres leis:

  • Lei de inercia: Un corpo (que está en repouso ou movemento) tende a seguir sempre igual a non ser que haxa algo que o cambie.
  • Lei de dirección: Calquera corpo en movemento tende a moverse en liña recta a non ser que haxa algo que o cambie.
  • Lei de choque: Cando un corpo ten máis forza ca outro, arrástrao ou se contrapoñen, pero conservando o movemento.

Entradas relacionadas: