Filosofía: O Amor á Sabedoría

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,18 KB

Contido e Finalidade da Filosofía

O significado etimolóxico de filosofía é amor á sabedoría. Os filósofos son aqueles que non son nin sabios nin necios; os sabios non buscan a sabedoría porque xa a posúen e os ignorantes, por non percatarse de que a necesitan, non a buscan. Polo tanto, todos somos, en certo modo, filósofos porque desexamos saber.

As Preguntas da Filosofía

Popper, un dos máis importantes filósofos do século XX, tamén pensaba que todos os homes e mulleres somos filósofos, xa que, incluso aqueles que non son conscientes de ter problemas filosóficos, teñen prexuízos filosóficos.

A. Gramsci manifesta que existe unha filosofía espontánea que todas as persoas posuímos e que vén configurada pola linguaxe que empregamos, as crenzas, supersticións, opinións, etc. Esta filosofía espontánea constitúe a filosofía profesional ou sistemática, e aqueles que non se conforman con pensar mecanicamente dedícanse a pensar criticamente e a elaborar a súa propia concepción do mundo de forma consciente.

Actividade Crítica

A argumentación é o corazón da filosofía e, por iso, defínese a filosofía como un saber crítico ou ben caracterízase como unha disciplina dialéctica para indicar que procede a través de argumentos e contraargumentos.

A investigación filosófica ten que ser crítica e lóxica, e os filósofos constitúen unha comunidade especializada en razoar.

O Saber Filosófico

A filosofía aspira ao coñecemento e os propios filósofos decátanse de que en calquera disciplina científica existe un certo acordo á hora de establecer un conxunto mínimo de solucións concretas a determinados problemas que, aínda que non poidan considerarse verdades definitivas, si son aceptadas pola comunidade científica.

Russell considera que a incerteza da filosofía é máis aparente ca real e que pode explicarse porque, no momento en que nun ámbito determinado da realidade se fai posible acadar coñecemento preciso, este convértese nunha ciencia separada e deixa de formar parte da filosofía. Moitos problemas que eran competencia da filosofía pasaron a formar parte das ciencias.

Un dos problemas centrais da filosofía era o problema do movemento (as cousas son e cambian, pero non deixan por iso de ser o que son). Os movementos que se producen na natureza deben estar determinados pola propia natureza das cousas que se moven: cada cousa ten o seu lugar natural e a el tende.

Polo tanto, o movemento é entendido como a realización de certas aspiracións que os corpos teñen en función das súas propias potencialidades.

É arredor do século XVII cando os pensadores modernos impoñen unha imaxe mecanicista do universo e néganse a aceptar calquera explicación que non sexa susceptible de ser expresada en linguaxe matemática.

A ciencia moderna e o problema do movemento pasaban a ser asunto da física, aínda que os filósofos deberon tardar bastante en darse de conta de que xa eran científicos.

As respostas que ofrece a filosofía non pretenden ser solucións, non esgotan o problema, máis ben mostran outras perspectivas desde as que pode ser abordado.

Entradas relacionadas: