Fenómenos Fonéticos e Fonolóxicos da Lingua Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,08 KB
Metafonía Nominal
A metafonía nominal refírese a palabras nas que se espera unha vocal aberta pola súa etimoloxía latina, pero o resultado é distinto dependendo da zona xeográfica. As palabras rematadas en "a" provocan unha abertura da vocal tónica, mentres que as rematadas en "o" provocan un pechamento da vocal tónica. A metafonía afecta só ás palabras con variación xenérica. O ámbito afectado nestas alteracións é sempre o Occidente de Galicia.
Nasal en Posición Implosiva
Este fenómeno pecha a vocal tónica antietimoloxicamente. Está máis estendido ca o da metafonía e afecta tamén á zona occidental do territorio.
Vocalismo Átono
1. Desaparición de sons
- Aférese: Posición inicial (aínda, inda).
- Síncope: Posición interior (ferida, frida).
- Apócope: Posición final (sano, san).
2. Aparición de sons
- Prótese: Posición inicial (remedar, arremedar).
- Epéntese: Posición medial dunha cadea.
- Parágoxe: Posición final (cantar, cantare).
3. Harmonización vocálica
As vocais pretónicas harmonízanse coas tónicas, adaptándose a estas.
4. Palatalización de "a"
A vocal postónica palatalízase, é dicir, achégase ao fonema /e/ (Exemplo: Había, habíe).
5. Labialización
Unha vocal redondéase por influencia dunha consoante labial veciña (Exemplo: semana, soemana, somana).
Ditongos e Tritongos
Ditongos
Son dúas vocais que se pronuncian xuntas; unha é feble e outra forte. A forte constitúe o núcleo silábico e a feble forma a marxe silábica. Existen dous tipos:
- Crecentes: Marxe + núcleo. De pechada a aberta.
- Decrecentes: Núcleo + marxe. De aberta a pechada.
Ditongos Homóxenos
Formados por dúas vocais febles (IU).
Tritongos
Formados por tres vocais na mesma sílaba.
Outros Fenómenos Fonéticos
Gheada
Consiste na substitución dun fonema oclusivo velar sonoro /g/ por unha aspiración /h/. Dase nas 3/4 partes de Galicia e, por influencia do castelán, está sendo substituído por un fonema fricativo velar xordo /x/.
Ieísmo
O fonema lateral palatal líquido sonoro /l/ pasa a pronunciarse como fricativo ou africado:
- [j] fricativo.
- [dj] africado.