Fases do Deseño de Produto: Da Idea á Comercialización

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Economía

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,44 KB

Fases do Deseño de Produto

Ao planificar e desenvolver un proxecto de deseño dun produto, hai que seguir as seguintes fases:

  • Xeración e busca de ideas
  • Selección de ideas
  • Deseño
  • Planificación
  • Construción e redeseño
  • Proba do produto
  • Distribución e comercialización

O Proxecto Industrial Técnico

É un estudo preciso e pormenorizado que transforma unha idea nunha realidade industrial. Divídese en:

  • Memoria
  • Planos
  • Prego de condicións
  • Orzamento

Xeración e Selección de Ideas

Existen moitas fontes de inspiración para o deseñador:

  • Imitación
  • Novas tecnoloxías
  • Treboada de ideas (brainstorming): os membros dun grupo de traballo lanzan ideas que nesta fase son escoitadas sen criticalas, aínda que se poden mellorar.
  • Pensamento crítico: cada unha das ideas aportadas polos expertos da empresa é analizada e criticada no momento en que se expón.

Investigación

Realízase co obxecto de atopar novos produtos e descubrir os intereses do consumidor. Empréganse as seguintes técnicas:

  • Método de ensaio e erro: consiste en identificar un problema e suxerir posibles solucións.
  • Método científico:
    • Definición do problema
    • Recollida da información sobre o tema
    • Establecer unha hipótese a través de probas controladas
    • Rexistrar os resultados
    • Tirar conclusións

Deseño

Consiste en definir as características, os materiais e os procedementos de fabricación para o obxecto. Encárgase a oficina de deseño. Utilízase a representación gráfica, primeiro con bosquexos e esbozos para pasar aos planos. Empréganse os CAD (Computer-Aided Design).

Maqueta

Teñen por obxecto ver o aspecto do produto que queremos construír. Agás excepcións, non adoitan funcionar. Poden ter o mesmo tamaño que o produto final ou ser a escala.

Prototipos

Teñen as mesmas dimensións e funcionalidade que o produto final. Son o paso previo á fabricación e fánselle moitas probas. Pode ser necesario facer cambios.

Ciclo de Vida da Tecnoloxía

Toda tecnoloxía posúe o seu ciclo de vida:

  • Tecnoloxía emerxente: cando está xurdindo e ten tanto un potencial económico como un risco moi elevado.
  • Tecnoloxía clave: cando é plenamente aceptada polo mercado e fan unha empresa moi competitiva.
  • Tecnoloxía básica: nesta etapa está ao alcance de todos, representando o estándar da industria.
  • Tecnoloxía auxiliar: cando xa está obsoleta e só se emprega como complementaria doutras.

Para que unha empresa teña éxito deberá:

  • Coñecer e investigar tecnoloxías emerxentes
  • Controlar as tecnoloxías clave
  • Abandonar as tecnoloxías básicas

A Oficina de Métodos

  1. Fai unha lista das fases que se precisan para fabricar cada peza.
  2. Realiza un diagrama de fluxo do proceso de fabricación e montaxe.
  3. Para cada peza faise unha folla de proceso na que se indican as operacións.
  4. Para cada fase de traballo tamén hai unha folla de instrucións coa orde das operacións.
  5. Na folla de control indícanse as operacións que hai que supervisar e os aparatos de medida empregados no control.

Fabricación Asistida por Ordenador

  • CAE: Enxeñería Asistida por Ordenador (Computer-Aided Engineering)
  • CAM: Fabricación Asistida por Ordenador (Manufacturing)
  • CAPP: Planificación de Procesos Asistida por Ordenador (Process Planning)
  • CNC: Control Numérico por Ordenador (Numerical Control)
  • CIM: Fabricación Integrada por Ordenador (Integrated Manufacturing)

Suministro dos Materiais

Almacenalos (stock) supón un problema que necesita capital inmobilizado. Co método JIT, afórranse cartos na almacenaxe, pero pode dar lugar a desabastecementos.

Normalización

Un produto debe cumprir certas condicións técnicas. A normalización é o procedemento polo que se establecen as regras que indican as dimensións, os materiais ou as pezas uniformes. As normas poden clasificarse segundo o seu ámbito de aplicación e segundo o seu contido. Existen diversos organismos nacionais. Os máis importantes son:

  • International Standard Organization (ISO): promulga as normas ISO que seguen moitos países.
  • Comité Europeo de Normalización (CEN): organismo da UE que promulga as normas EN (European Norm), que son as ISO.
  • Axencia Española de Normalización (AENOR): promulga as normas UNE (Unha Norma Española), que coinciden coas ISO.

A certificación consiste en deixar constancia de que un produto se axusta a determinadas normas.

Intermediarios

  • Maioristas: compran os produtos a varios fabricantes e logo véndenllos aos minoristas ou detallistas, pero non ao consumidor.
  • Minoristas ou detallistas: venden os seus produtos ao consumidor. Algúns minoristas mercan directamente ao fabricante.

Ciclo longo: Produtor - Maiorista - Detallista - Consumidor.
Ciclo medio: Produtor - Minorista - Consumidor.
Ciclo curto: Produtor - Consumidor.

A Marca

É o nome que se lle impón a un produto para distinguilo doutros similares fabricados pola competencia. A marca deberá ser sinxela, clara, eufónica e recoñecible.

A Publicidade

É o proceso de comunicación de medios masivos que pretenden que o público ao que se dirixen responda á mensaxe emitida. Os seus obxectivos son:

  • Informar sobre novos produtos
  • Informar sobre modificacións dun produto existente
  • Posicionar a imaxe da marca
  • Informar sobre determinadas actividades da empresa

A Promoción

É o conxunto de técnicas para aumentar o volume de vendas mediante unha campaña temporal que estimula a demanda. Poden ser defensivas e ofensivas.

As Relacións Públicas

Son actuacións encamiñadas directamente aos consumidores dos produtos ou aos compoñentes dos equipos de venda.

A Demanda

É a cantidade dun ben ou servizo que os consumidores desexan mercar.

A Oferta

É a cantidade dun ben que os produtores poden e están dispostos a ofrecer no mercado.

Entradas relacionadas: