Factores que Inflúen na Saúde e o Benestar
Enviado por Pablo y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,84 KB
A Saúde e os seus Condicionantes
O estado de saúde relaciónase cunha multitude de factores que poden condicionar o benestar das persoas e a súa avaliación.
Factores Subxectivos
Cada persoa percibe o seu estado de saúde de forma subxectiva, moitas veces relacionada con circunstancias persoais. A sensación da perda de saúde aumenta coa idade. Un maior grao de instrución correlaciónase cunha mellor percepción da propia saúde.
Factores Xenéticos
Herdanza dunha información básica que determinará en boa parte o estado xeral da saúde do individuo. Distínguense:
- Caracteres monoxénicos: Influencia de máis do 50% nas características do individuo ou nunha enfermidade (ex: hemofilia).
- Susceptibles: Influencia dos xenes igual ou similar á dos factores ambientais (ex: Alzheimer).
- Multifactoriais: Menor influencia, como no cancro.
Factores Ambientais
Divídense en:
- Fisicoquímicos: Causados pola aparición no ambiente de materiais nocivos como o CO2, tamén causados por fenómenos que diminúen a calidade de vida como as vibracións e o ruído. Os campos electromagnéticos producidos polos móbiles, etc., que poden producir cancro.
- Psíquicos: Situacións de tensión asociadas ao estrés son prexudiciais, provocado por situacións positivas ou negativas. Se se prolonga, pode provocar ansiedade crónica, depresión, etc.
- Sociais: Son os que máis afectan as persoas. Inclúen a situación laboral de risco, a integración social para evitar a marxinación e a seguridade fronte aos riscos da vida en comunidade.
Estilo de Vida
Conxunto de actividades, comportamentos e actitudes característicos dun individuo ou dunha colectividade. Son, entre outros:
- Alimentación: Dieta equilibrada e completa que previna enfermidades nutricionais (desnutrición - problema socioeconómico -, anorexia, bulimia, obesidade - malos hábitos de saúde). As graxas tenden a provocar enfermidades cardiovasculares.
- Actividade Física: A práctica moderada de exercicio evita os riscos do estilo de vida sedentario e as enfermidades cardiovasculares. Existe unha tendencia ao sedentarismo.
- Vida Afectivo-Sexual: O afectivo condiciona o estado de benestar mental e social. O sexual repercute no estado de benestar emocional e físico.
- Drogas: Calquera substancia que modifica as funcións do organismo é unha droga. Inclúe o alcohol, o tabaco, as drogas ilegais e os medicamentos.
Enfermidades
Enfermidades Infecciosas
Causadas por axentes infecciosos (microorganismos - bacterias, micoses e protozooses -, virus e prións - proteínas patóxenas transmisibles). Propáganse por contaxio. Etapas:
- Contaxio: Directo ou indirecto.
- Incubación: Período de tempo ata a aparición dos primeiros síntomas.
- Desenvolvemento: Aparecen os síntomas.
- Convalecencia: Recuperación do corpo.
O corpo ten uns mecanismos de defensa: as barreiras externas (impiden que os axentes penetren no organismo) e o sistema inmunitario (localiza e elimina os axentes).
Tipos de Enfermidades Infecciosas
- Enfermidades bacterianas: Axente: bacteria (ex: tifo, tétano). Son sensibles aos antibióticos, que impiden que se reproduzan.
- Enfermidades víricas: O virus penetra nas células do organismo invadido para introducir o seu material xenético e reproducirse. O VIH ataca os linfocitos T.
Enfermidades Non-Infecciosas
Inclúen:
- Trastornos xenéticos: Alteración do conxunto de cromosomas que conteñen a información sobre as características hereditarias de cada ser, por mutación (alteración dun xene) ou anomalía no número de cromosomas.
- Nutricionais: Por alimentación incorrecta ou por alteracións metabólicas que impiden a asimilación dalgún nutriente.
- Inmunitarias: O sistema inmunitario confunde un elemento do propio organismo cun agresor e atácao (enfermidades autoinmunes). Nas patoloxías alérxicas o sistema é hipersensible a unha substancia, ante a que actúa como se fose un antíxeno.
- Neurolóxicas: Afectan o sistema nervioso e as súas funcións básicas.
- Psíquicas: Alteran as funcións intelectuais e emocionais superiores. As psicoses son enfermidades psíquicas con perda da capacidade de distinguir o real do imaxinario.
Conceptos Relacionados co Estado de Saúde
- Deficiencia: Perda ou lesión dunha estrutura ou función psicolóxica, fisiolóxica ou anatómica, temporal ou permanente. Ex: perda da vista ou de oído.
- Discapacidade: Diminución ou ausencia da capacidade para realizar unha actividade provocada por unha deficiencia.
- Minusvalía: Situación de desvantaxe causada por unha discapacidade que limita ou impide ter un estilo de vida propio.
Outros Factores e Situacións
Vellez
Inicio da terceira idade nos 60 anos. Nos países desenvolvidos hai unha cuarta idade a partir dos 80 anos. É un fenómeno completamente natural. Pérdese a capacidade de adaptación ao medio, hai tendencia a padecer enfermidades, e as recuperacións son longas e difíciles.
Accidentes
Acontecementos nos que a persoa sofre un dano ou lesión por causa dunha acción violenta e imprevista. Poden ser de tráfico, domésticos e laborais.
Tratamentos
Tratamentos Preventivos ou Profilácticos
Medidas que serven para evitar a aparición dunha enfermidade ou para deter o seu desenvolvemento. Principalmente a educación sanitaria.
- Historia clínica persoal: Datos para coñecer o estado de saúde.
- Recoñecementos médicos: Revisión preventiva do estado de saúde.
- Probas diagnósticas: Estudos analíticos diversos.
- Vacinación: Uso de preparados de actividade atenuada, procedente de microorganismos patóxenos.
Tipos de Vacinas
- Vacinas de amplo espectro: Matan moitos tipos de bacterias (ex: penicilina).
- Vacinas de espectro reducido: Atacan a unha bacteria en concreto.
Tratamentos Curativos ou Terapéuticos
Curación da enfermidade xa manifestada. Segundo a técnica poden ser:
- Farmacolóxicos: Consumo de fármacos e medicamentos, moi importante. A industria farmacéutica é a segunda máis importante. Os fármacos actúan mediante a toxicidade selectiva (o medicamento é nocivo para o invasor e inocuo para o paciente).
Mecanismos de Acción Antibiótica
Dous mecanismos principais:
- Bactericida: Inhibición da síntese de moléculas que compoñen as envolturas das bacterias e inhibición dos procesos de duplicación do material xenético.
- Bacterioestática: Impiden a súa reprodución.
- Transplantes: Consiste en substituír un órgano ou un tecido deteriorado por outro que cumpra as mesmas funcións. A dificultade consiste en que o receptor acepte a presenza de material biolóxico estraño. O doante ideal é aquel que é compatible, normalmente un familiar próximo e cando se pode prescindir parcialmente en vida (ex: ril). Cantas máis doazóns, máis posibilidades dun transplante. Todos somos doantes agás os menores ou os que non queiran. Ao morrer unha persoa pode doar os seus órganos sempre que a familia acepte.
Tratamentos Paliativos
Destinados á supresión dos síntomas dunha enfermidade, especialmente a dor física e emocional que acompaña a enfermidades graves. Nos pacientes terminais redúceselles o sufrimento para que morran dignamente.
Esperanza de Vida
A esperanza de vida mide a media de anos que vive unha poboación determinada.