Factores e Estruturas da Expansión Imperialista no Século XIX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,76 KB
Causas da expansión imperialista
- 1) Causas de tipo económico: Os países europeos buscaban novos mercados para vender a súa produción e buscaban comprar materias primas e produtos coloniais.
- 2) Causas demográficas (Aumento da poboación): A poboación aumenta moito, o que provoca un excedente, sobre todo na agricultura, e fixo que se emigrara a outros continentes.
- 3) Causas políticas: Cada país quería ter máis zona de influencia ca os demais para potenciar as súas industrias e o seu poder político, polo que intentaba obstaculizar as demais potencias.
- 4) Causas ideolóxicas: Os imperialistas mantiñan unha concepción racista e nacionalista; tiñan a idea de que a raza branca era superior e máis traballadora, o que se opoñía ao resto.
Definicións clave
- Taylorismo: A produción orientábase á fabricación en serie para aumentar a produtividade no menor tempo posible e cos menores gastos posibles.
- Fordismo: A Ford foi unha das primeiras en implantar unha cadea de produción en serie de coches. Producía de forma masiva a baixo custo.
- Cártel: Asociación para fixar produción e prezos.
- Trust: Fusión de empresas para crear unha máis grande.
- Holding: Grupo financeiro (banco + industrias) para investir capital.
- Monopolio: Dereito exclusivo a comercializar un produto.
- Imperialismo: Foi un sistema no que a cultura, a política e a economía se organizaron en función do dominio duns países sobre outros.
Tipos de colonias
Colonias de explotación
Destinadas a extraer as riquezas das súas terras (café, etc.). Estas podían depender da metrópole e non tiñan goberno propio, ou ben ter un goberno local indíxena (Protectorados), pero co exército e a política controlados pola metrópole.
Colonias de poboamento
Lugares onde se instalaban a vivir as persoas da metrópole. As colonias de poboamento británico denominábanse "Dominios" (Canadá, Australia). As francesas eran os "Territorios de ultramar" (Alxeria).
Outras colonias
- Concesións: Metrópoles temporais.
- Enclaves estratéxicos: Lugares estratéxicos como Xibraltar ou o Canal de Suez.