Explorando a Música Medieval: Obras, Instrumentos e Conceptos Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Música

Escrito el en español con un tamaño de 8,87 KB

Obras Destacadas da Música Medieval

Santa María, Strela do Día

  • Autor: Afonso X, o Sabio
  • Xénero: Cantiga da Escola Galaico-Portuguesa
  • Tipo: Música Profana Medieval
  • Século: XIII
  • Características:
    • Monódica, en lingua vulgar (galego-portugués).
    • Pertence ás Cantigas de Santa María: é de loor (unha louvanza á Virxe).
    • Podía acompañarse de instrumentos.
    • Aínda que fala da Virxe, considérase unha obra profana, xa que non ten carácter litúrxico.
    • Estruturada en estrofas e retrousos.

Ondas do Mar de Vigo

  • Autor: Martín Códax
  • Xénero: Cantiga de Amigo da Escola Galaico-Portuguesa
  • Tipo: Música Profana
  • Século: XIII
  • Características:
    • Monódica, en lingua vulgar (galego-portugués).
    • Tema profano (muller agardando polo seu amado).
    • A auga, neste caso o mar, aparece como un personaxe máis.
    • Esta versión ten acompañamento instrumental (arpa).
    • Recollidos do Pergamiño Vindel.

Fortuna Imperatrix Mundi (do Carmina Burana)

  • Textos: Goliardos
  • Música: Carl Orff
  • Xénero: Canción de Goliardos
  • Tipo: Música Profana
  • Século:
    • Textos: XII-XIII
    • Música: XX
  • Características:
    • Texto en latín.
    • Temática filosófica (a variabilidade da sorte).
    • Música a cargo da orquestra sinfónica do século XX.

Veni Creator Spiritus

  • Autor: Anónimo
  • Xénero: Himno Gregoriano
  • Tipo: Música Relixiosa
  • Século: IX-XI
  • Características:
    • Monódico, en latín.
    • Tema relixioso e litúrxico.
    • A capella (canto colectivo).
    • Sen saltos entre notas.
    • Ten un repouso ao final de cada frase.
    • Non hai compás; o ritmo segue o texto.
    • Trátase dun canto en estilo pneumático, xa que lle corresponden 2 ou 3 notas a cada sílaba.

Kalenda Maya

  • Autor: Raimbaut de Vaqueiras
  • Xénero: Estampida (Danza Medieval)
  • Tipo: Música Profana
  • Século: XII-XIII
  • Características:
    • Monódico, en lingua vulgar.
    • Trátase dunha das cancións de trobadores máis coñecidas.
    • Tema profano: "Kalenda Maya" significa o primeiro día do mes de maio, considerado como o día da consagración da primavera.
    • A obra fala do amor relacionado co florecer e renacer, xa que é a época na que a vida vence á morte e a luz gaña á escuridade.
    • Ten acompañamento instrumental.

Instrumentos Musicais Medievais

Instrumentos de Corda

  • Corda Fretada: viola, organistrum, zanfona, rebab.
  • Corda Punteada: laúde, salterio (cítara), arpa.

Instrumentos de Vento

  • Vento Madeira: frauta traveseira, frauta de pico ou doce, gaita, chirimía, bombarda, chifre.
  • Vento Metal: sacabuche, trompa.
  • Vento Mecánico: órgano.

Instrumentos de Percusión

  • Tambores, tamboril, campás, címbalos.

Figuras e Termos da Música Medieval

Menestreis:
Músicos medievais asalariados que vivían no castelo ao servizo dun trobador.
Meistersingers:
Burgueses agrupados en confrarías que tiñan como finalidade preservar a música monódica alemá nunha especie de escolas de música con estritas regras compositivas.
Trobeiros:
Compositores da Idade Media, nobres e burgueses, que procedían do norte de Francia.
Minnesingers:
Músicos que cultivaban en Alemaña a canción monódica medieval, comunmente coa temática do amor cortés.
Goliardos:
Estudantes ou cregos que viaxaban de universidade en universidade. Moitos dos seus textos atopáronse na cidade alemá de Beuern.

Autores Destacados e a súa Clasificación

Guillerme de Aquitania:
Trobador
O Rei Teobaldo IV:
Trobeiro
Frauenlob:
Minnesinger
Blondel de Nesle:
Trobeiro

Exemplos de Compositores e Xéneros Medievais

Dous trobadores procedentes do sur de Francia:
Marcabrú e Bernart de Ventadorn
Dous trobeiros:
Adam de la Halle e Blondel de Nesle
Unha trobadora:
Beatriz de Día
Catro xograres da escola galaico-portuguesa:
Martín Códax, Joao Zorro, Airas Nunes e Pero Meogo
Catro tipos de cancións de trobadores de diferente temática:
Canzó, Pastorela, Alba e Sirventés

Conceptos Clave da Música Medieval e Gregoriana

Secuencia:
No gregoriano, aplicación dun texto ao longo do melisma da última sílaba do aleluia para facilitar a memorización destas extensas pasaxes de notas sobre unha sílaba.
Tropos:
Composicións novas, habitualmente escritas en estilo pneumático, cun texto poético, destinadas a agregarse a un dos cantos da misa (sobre todo ao introito). A súa función era ampliar e interpretar os textos litúrxicos.
Bordón:
Un acompañamento propio da música medieval consistente nunha única nota grave mantida ininterrompidamente por baixo da melodía.
Responsorial:
Tipo de canto gregoriano no que alternan solista e coro no canto dos versos e do retrouso, a modo de resposta.
Mestre Mateo:
O construtor do Pórtico da Gloria.
Chanson de Roland:
Unha das cancións de xesta máis importantes sobre Carlomagno transmitida polos xograres.
Canon:
Unha forma de cantar consistente en que un grupo de músicos comeza a canción e outro grupo entra máis tarde repetindo a melodía anterior, como se as voces se perseguisen.
Dórico:
Modo gregoriano que ten como nota finalis o RE.
Partes da Misa do Ordinario:
Kyrie, Gloria, Sanctus e Benedictus, Agnus Dei.
Langue d'Oc:
Tipo de trobar propio dos trobadores do sur de Francia, que consistía en poetizar cun senso claro e sinxelo.

Características do Canto Gregoriano

  • É música vocal e a capella.
  • Ten textura monódica. Cántase ao unísono.
  • Prevalece o movemento por graos conxuntos.
  • O ritmo é libre.
  • É un canto colectivo.
  • Ten tema relixioso e carácter litúrxico.
  • O autor é anónimo.
  • As melodías móvense dentro de determinadas escalas diatónicas ou modos (modos gregorianos): Dórico (RE), Frixio, Lidio, Mixolidio.
  • Texto en latín.
  • Está escrito en tetragramas e utiliza notación cadrada. As súas notas (punto cadrado) aparecen individualmente ou agrupadas en neumas.

Preguntas Frecuentes sobre a Música Medieval

¿Que obra atopamos en catro manuscritos, tres deles con notacións musicais?
Cantigas de Santa María
¿Cal é o manuscrito máis importante para comprender a música medieval?
Do Escorial
¿De que autor medieval se atoparon varias cancións nun pergamiño?
Martín Códax
¿De que autor medieval se conservan máis de 400 cantigas?
Afonso X, o Sabio
¿De que século eran estes dous autores?
Século XIII. Escola Galaico-Portuguesa.

Estilos Melódicos no Canto Gregoriano

Silábico:
A cada sílaba corresponde 1 nota. Recítase sobre 1 nota.
Melismático:
Un melisma (conxunto de moitas notas) por cada sílaba.
Pneumático:
A cada sílaba corresponden 2 ou 3 notas.

Definición de Secuencia (Música Gregoriana)

Secuencia:
Engadindo un melisma para recordalo. É un texto non litúrxico (sílaba gregoriana).

Entradas relacionadas: