Vento Madeira: frauta traveseira, frauta de pico ou doce, gaita, chirimía, bombarda, chifre.
Vento Metal: sacabuche, trompa.
Vento Mecánico: órgano.
Instrumentos de Percusión
Tambores, tamboril, campás, címbalos.
Figuras e Termos da Música Medieval
Menestreis:
Músicos medievais asalariados que vivían no castelo ao servizo dun trobador.
Meistersingers:
Burgueses agrupados en confrarías que tiñan como finalidade preservar a música monódica alemá nunha especie de escolas de música con estritas regras compositivas.
Trobeiros:
Compositores da Idade Media, nobres e burgueses, que procedían do norte de Francia.
Minnesingers:
Músicos que cultivaban en Alemaña a canción monódica medieval, comunmente coa temática do amor cortés.
Goliardos:
Estudantes ou cregos que viaxaban de universidade en universidade. Moitos dos seus textos atopáronse na cidade alemá de Beuern.
Autores Destacados e a súa Clasificación
Guillerme de Aquitania:
Trobador
O Rei Teobaldo IV:
Trobeiro
Frauenlob:
Minnesinger
Blondel de Nesle:
Trobeiro
Exemplos de Compositores e Xéneros Medievais
Dous trobadores procedentes do sur de Francia:
Marcabrú e Bernart de Ventadorn
Dous trobeiros:
Adam de la Halle e Blondel de Nesle
Unha trobadora:
Beatriz de Día
Catro xograres da escola galaico-portuguesa:
Martín Códax, Joao Zorro, Airas Nunes e Pero Meogo
Catro tipos de cancións de trobadores de diferente temática:
Canzó, Pastorela, Alba e Sirventés
Conceptos Clave da Música Medieval e Gregoriana
Secuencia:
No gregoriano, aplicación dun texto ao longo do melisma da última sílaba do aleluia para facilitar a memorización destas extensas pasaxes de notas sobre unha sílaba.
Tropos:
Composicións novas, habitualmente escritas en estilo pneumático, cun texto poético, destinadas a agregarse a un dos cantos da misa (sobre todo ao introito). A súa función era ampliar e interpretar os textos litúrxicos.
Bordón:
Un acompañamento propio da música medieval consistente nunha única nota grave mantida ininterrompidamente por baixo da melodía.
Responsorial:
Tipo de canto gregoriano no que alternan solista e coro no canto dos versos e do retrouso, a modo de resposta.
Mestre Mateo:
O construtor do Pórtico da Gloria.
Chanson de Roland:
Unha das cancións de xesta máis importantes sobre Carlomagno transmitida polos xograres.
Canon:
Unha forma de cantar consistente en que un grupo de músicos comeza a canción e outro grupo entra máis tarde repetindo a melodía anterior, como se as voces se perseguisen.
Dórico:
Modo gregoriano que ten como nota finalis o RE.
Partes da Misa do Ordinario:
Kyrie, Gloria, Sanctus e Benedictus, Agnus Dei.
Langue d'Oc:
Tipo de trobar propio dos trobadores do sur de Francia, que consistía en poetizar cun senso claro e sinxelo.
Características do Canto Gregoriano
É música vocal e a capella.
Ten textura monódica. Cántase ao unísono.
Prevalece o movemento por graos conxuntos.
O ritmo é libre.
É un canto colectivo.
Ten tema relixioso e carácter litúrxico.
O autor é anónimo.
As melodías móvense dentro de determinadas escalas diatónicas ou modos (modos gregorianos): Dórico (RE), Frixio, Lidio, Mixolidio.
Texto en latín.
Está escrito en tetragramas e utiliza notación cadrada. As súas notas (punto cadrado) aparecen individualmente ou agrupadas en neumas.
Preguntas Frecuentes sobre a Música Medieval
¿Que obra atopamos en catro manuscritos, tres deles con notacións musicais?
Cantigas de Santa María
¿Cal é o manuscrito máis importante para comprender a música medieval?
Do Escorial
¿De que autor medieval se atoparon varias cancións nun pergamiño?
Martín Códax
¿De que autor medieval se conservan máis de 400 cantigas?
Afonso X, o Sabio
¿De que século eran estes dous autores?
Século XIII. Escola Galaico-Portuguesa.
Estilos Melódicos no Canto Gregoriano
Silábico:
A cada sílaba corresponde 1 nota. Recítase sobre 1 nota.
Melismático:
Un melisma (conxunto de moitas notas) por cada sílaba.
Pneumático:
A cada sílaba corresponden 2 ou 3 notas.
Definición de Secuencia (Música Gregoriana)
Secuencia:
Engadindo un melisma para recordalo. É un texto non litúrxico (sílaba gregoriana).