Explica como naceu e cal foi o proceso de desenvolvemento da industria do algodón en Gran Bretaña.

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,8 KB

11. OS PRINCIPAIS SECTORES INDUSTRIAIS E O PAPEL DO
FERROCARRIL
O desenvolvemento industrial do s. XIX en España presenta fortes desequilibrios rexionais, convivindo zonas
industrializadas e urbanizadas con outras atrasadas e rurais. Cataluña constituíu a principal zona industrial de España
e tamén a máis diversificada. O seu desenvolvemento está asociado ao SECTOR TÉXTIL, que contaba xa con tradición
na economía catalá. Así, no século XVIII iniciara o despegue coa fabricación de indianas. A esta tradición téxtil hai
que engadirlle unha serie de factores que explican o seu despegue industrial:
???? Liberalización do sector industrial grazas á abolición dos gremios.
???? A constante renovación do sector pola introdución do algodón e aa mecanización das tarefas tanto no fiado
(introdución de tecnoloxía inglesa: fusos de fiar mecánicos -mule-jenny-)
como no tecido (selfactinas).
???? O reinvestimento de capitais por parte da burguesía catalá e o proteccionismo do estado aseguraron un gran
crecemento industrial na rexión.
Foi a partir da década de 1830 cando se introduciron as máquinas de vapor para mover os teares (fábrica de
Bonaplata de Barcelona no 1832), creándose as primeiras fábricas modernas nas comarcas de Barcelona e Manresa.
A partir da década de 1870, coa intención de aforrar recursos enerxéticos e aproveitar a enerxía hidráulica,
creáronse novas industrias téxtiles nas concas dos ríos Ter e Llobregat. Este desenvolvemento téxtil propiciou a
diversidade industrial da rexión co crecemento doustros sectores, especialmente a metalurxia, xunto coa química, a
papeleira, así como as relacionadas coa transformación de produtos agrarios.
O nacemento do SECTOR SIDERÚRXICO estaba ligado á explotación de minas de ferro de Andalucía e o País Vasco, así
como ás minas de carbón de Asturias e Serra Morena. A siderurxia andaluza foi a primeira en aparecer na década de
1830, pero como utilizaba carbón vexetal, a partir de 1860 resultou un fracaso polos elevados custos de produción e
a competencia do norte. En Asturias instaláronse altos fornos en torno ás minas de A Felguera e Mieres, con
continuidade ata o século XX, pero a escasa calidade do carbón e a dificultade de extracción do mesmo fixo que a
actividade mineira e siderúrxica sobrevivira grazas ao proteccionismo do Estado.
A siderurxia por excelencia foi a vasca, en especial a partir de 1880. A calidade e abundancia do ferro de
Somorrostro, a dispoñibilidade de carbón de coque barato procedente de Gales e os capitais xerados pola
exportación do mineral de ferro explican o seu auxe. A maior empresa do sector era Altos Hornos de Vizcaya, a
primeira en utilizar o convertedor de Bessemer e o forno Martin-Siemens para fabricar aceiro. Este
desenvolvemento industrial permitiu a aparición dunha potente industria química e metalúrxica de transformación,
coa fabricación de todo tipo de máquinas e motores, destacando a construción naval.
En Galicia o panorama industrializador foi pobre debido a competencia doutras zonas. O liño, como material téxtil,
non resistiu a competencia do algodón e foi desaparecendo mentres que a salgadura de pesca deu lugar a unha
importante industria conserveira de peixe. Cabe destacar tamén a construción naval e o desenvolvemento da
produción hidroeléctrica aproveitando a abundancia de cursos de auga.
Mentres se producían estes primeiros procesos de industrialización foi fundamental a configuración dun mercado
nacional. A lexislación liberal aboliu os obstáculos legais contrarios á liberdade de circulación e produción de bens
(supresión de aranceis interiores, unificación de pesos e medidas...) e procurou a construción de mellores vías de
comunicación para conseguir un mercado interior cada vez máis integradoO ferrocarril foi o medio de transporte fundamental para conseguir un mercado interior integrado. A introdución
do ferrocarril en España, símbolo do progreso e modernización, foi tardía. O primeiro ferrocarril inglés dedicado a
trasporte de viaxeiros funcionou en 1830, en España non o fixo ata 1848, nun pequeno tramo entre Barcelona e
Mataró e, posteriormente, no 1851 creouse a liña Madrid- Aranxuez. Estudos técnicos aconsellaron un ancho de vía
maior ca o europeo (ancho ibérico), dado que polas características do relevo se necesitarían locomotoras máis
anchas e potentes; esta decisión ocasionou un grave problema á hora de conectalo cos trazados europeos, esixindo
transbordos na fronteira.
O gran impulso chegou coa LEI XERAL DE FERROCARRÍS DE 1855, que establecía que a construción e explotación das
liñas podía ser realizada polo Goberno ou por compañías privadas permitindo a introdución de capital estranxeiro. O
Estado concedía a explotación das liñas a particulares por 99 anos e, ademais, ofrecía subvencións que garantían ás
empresas unha rendibilidade mínima e a posibilidade de importar maquinaria e materiais sen aranceis.
Entre 1855 e 1865 houbo unha gran euforia construtiva, creando un trazado radial desde Madrid ata os puntos
extremos da periferia para as liñas de primeira orde. Sen embargo, ante a escasa demanda pola falta de conexións
entre as rexións industrializadas, o sector entrou en crise a partir de 1866 paralizando a construción ata a nova Lei
de ferrocarrís de 1877 coa que se pretendeu completar a rede radial con liñas transversais de vía estreita, que
circulaban sobre todo na cornixa cantábrica e Valencia.
O papel do ferrocarril no desenvolvemento económico de España é obxecto de controversia entre os historiadores.
Para uns foi considerable pois, nun país con graves dificultades orográficas, permitiu a comunicación interior e
facilitou o transporte de mercadorías. Para outros, os efectos foron inferiores dos que se podían esperar debido á
mala política estatal que permitiu a importación de material ferroviario, con grave prexuízo para o desenvolvemento
do sector siderúrxico español. Cabe engadir que a rede obedeceu a criterios políticos do Estado liberal (rede radial) e
a criterios económicos para facilitar a explotación dos recursos mineiros cara o estranxeir.

Entradas relacionadas: