Examen galego rexurdimento

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 18,74 KB

Idade media

As linguas da Península Ibérica son procedentes do latín, menos o éuscaro que é unha lingua illada, isto débese a conquista dos romanos na cal levaron consigo a súa lingua, coñecida como latín vulgar. O latín é unha lingua indoeuropea.

Os romanos chegaron á Península nos s. III a.C. E o s. IX d.C. A lingua que falaban era o latín vulgar e este foi evolucionando debido ao substrato (linguas que existían antes da chegada do latín), o superestrato (linguas en contacto co latín posteriormente) e o estrato (lingua de fala polos romanos). Dese substrato e superestrato conservase multitude de léxico.

A chegada do latín foi unha fonte de incorporación de numeroso léxico novo, o cal foi sometido a evolucións parciais (semicultismos) ou a mantención da forma latina case inalterada (cultismos). Ademais da incorporación de palabras de procedencia doutras linguas, as cales son denominadas como neoloxismos.

O galego-
Portugués pasou a ser una lingua escrita a partir do s. XII. Antes dese momento levaba décadas sendo unha linguaxe de uso exclusivamente oral, usada en todos os estamentos sociais, sendo así a lingua de uso oral para a maior parte da sociedade, coa excepción do relixioso e o cultural, nos que aínda primaba o uso do latín. A lingua de uso escrito nese período era o latín, sendo usado na literatura, na administración e nos actos xurídicos. Coa chegada do s. XII e ata o s. XIV prodúcese unha etapa de esplendor, pasando a ser o galego-portugués unha lingua de uso oral e escrito e sendo considerada unha lingua de prestixio, utilizada por autores estranxeiros para a composición das súas obras.

A mediados do s. XIV e ata finais do s. XV o galego-portugués entra unha etapa de decadencia. A pesar de que a separación de Portugal no s. XII non tivera unha separación lingüística e cultural, o portugués pasa a ser unha lingua oficial dun reino independente mentres que o galego foi perdendo uso na escritura, quedando practicamente como unha lingua oral soamente.

O Camiño de Santiago tivo un papel moi importante na economía, na sociedade e na cultura. A nobreza dedicábase á caza, aos torneos, á musica e danza. As cantigas escribíanse en galego polos trobadores, para logo representalas na corte polos xograres. Tamén existían os segreis (trobadores que interpretaban as súas propias composicións e cobraban), os menstreles (instrumentista que executaba un acompañamento musical) e as soldadeiras (mulleres que danzaban durante a execución das composicións).

Algúns dos cancioneiros que se conservan ata agora da lírica medieval son: Ajuda (310 cantigas de amor), Vaticana (1205 cantigas de 3 diferentes xéneros), Biblioteca Nacional de Lisboa (1567 cantigas dos 3 xéneros e un tratado poético “Arte de trobar”). Tamén se conservan pergamiños soltos como: Vindel (7 cantigas de Martín Codax, coas anotacións musicais de 6 delas) e o Sharrer (7 composicións de D. Dennis coas súas anotacións musicais.

Dentro da lírica profana podemos distinguir entre:

Cantigas de amor:

Traído por poetas-trobadores de Italia e do sur de Francia. É unha composición de amor cortés, baseado nas relacións feudo-vasálicas. Nelas a muller cumpría o papel de “Senhor”e era idealizada tanto desde o punto de vista físico como moral. Era moi utilizado nestas cantigas o dobre, o mordobre e a ata-finda.

Cantigas de amigo:

Son de carácter amoroso, e están compostas desde unha voz feminina que se dirixe a unha nai, amiga, elementos da natureza ou amigo para expresar os sentimentos ou estados de ánimo. O motivo é case sempre a ausencia do amado. Identificase polos elementos formais (paralelismos e arcaísmos léxicos) ou conceptuais (simbolismo).

Cantigas de escarnio e maldicir:

Son de carácter burlesco ou de reflexións políticas, froito da confluencia entre o servinte provenzal e tradición satírica autóctona. So está constituídas por un único xénero, a Arte de Trovar, a cal distingue entre as cantigas de escarnio (usan dobres sentidos) e de maldicir (fan unha crítica directa). Existen sátiras políticas, sociais, sexuais, literarias e morais.

Os xéneros menores:

son a pastorela (xénero provenzal) e o opranto (fala das virtudes dun personaxe da nobreza finado e saúda ao seu sucesor.

Dentro da lírica sacra distinguimos as Cantigas de Santa María, nome dado por Afonso X. Estas forman un conxunto de 427 composicións líricas e narrativas (100 redactadas por Afonso X e as vindeiras producidas pola súa corte. Están conservadas en diferentes códices. Estas cantigas poden ser de dous tipos:

Cantigas de Nuestra señora:

Nestas cantigas o tema principal é a alabanza a Virxe, nelas se contan historias, milagres e relatos relacionados coa Virxe.

Cantigas de Loor:

Nestas cantigas dedícanse a reflexionar sobre a Virxe.

Todas elas levan ao final de cada estrofa un refrán que resume a ensinanza e canto.

Por último, en canto a prosa narrativa encontrouse escasas composicións debido aos acontecementos históricos, aínda así consérvanse mostras significativas. A prosa xira arredor de tres ciclos: ciclo clásico (recrea as lendas derivadas do asedio e destrución de Troia), ciclo carolinxio (representado polo manuscrito da obra de Miragresde Santiago) e ciclo Bretón (constitúe o filón narrativo de maior transcendencia).

Rexurdimento

O s. XIX significa para Galicia o inicio da recuperación histórica, cultural e literaria tras os séculos escuros, isto débese a unha toma de conciencia nacional dunha minoría sensibilizada da pequena burguesía e da clase media de procedencia rural, que ve a lingua como un elemento definidor das peculiaridades nacionais.

Entre o 1800 e 1830 temos os precedentes do Rexurdimento, co uso do galego nas publicacións sobre a guerra de independencia e en escritos sobre a situación política. A mediados de século nace o movemento provincialista (1840-1868) impulsado por intelectuais que reaccionan en contra da uniformación cultural e lingüística e demandan o recoñecemento das singularidades de Galicia. Destaca en 1853 a publicación de A gaita Gallega de Xoán M. Pintos, obra na que fai unha defensa da lingua galega reclamando o seu emprego e cultivo; en 1863 a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, obra que iniciaría o Rexurdimento pleno.

Cara os anos 80, os galeguistas reagrúpanse no movemento rexionalista reiniciando así a estratexia cultural, que busca a consolidación da poesía lírica e a demostración da validez da lingua galega noutros xéneros literarios. O ano 1880 supón outra data histórica xa que se publican Aires da miña terra de M. Curros Enríquez, Follas Novas de Rosalía de Castro e Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal.

Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Cantares Gallegos a obra que supuxo o comezo do Rexurdimento debido a que era a primeira obra composta na súa totalidade en Galego facendo unha exaltación das xentes e terras galegas, expresando de forma auténtica e coherente a identidade do país. Nesta obra fai unha denuncia da emigración, critica a marxinación de Galiciae denuncia a precaria situación das clases populares, en todos eles están unidos polo lamento e a protesta en defensa duns valores de xustiza. Fai uso dos recursos estilísticos de repetición e antítese; na forma predominan os versos de arte menor, especialmente o romance octosílabo. En Follas novas o tema fundamental é a emigración e os seus efectos, centrando o punto de vista nas mulleres, vítimas principais do éxodo forzoso. Contén poemas líricos, narrativos e dramáticos. Fai uso da repetición, da antítese, da comparación e da analoxía, así como as imaxes e símbolos referidos ao cosmos e á natureza. Ademais distínguense a liña intimista, social e costumista.

Curros Enríquez (1851-1908) inaugura as letras galegas contemporáneas e a concepción de literatura como compromiso social. Esta critica foi a causante de que a súa obra Aires da miña terra fose condenada, o cal fixo que a crítica aumentase. Esta obra está composta por 36 poemas onde distinguimos 4 direccións temáticas: a poesía social, costumista, narrativa e intimista. A súa segunda obra, considerada a súa mellor, foi O divino Soinete.

Eduardo Pondal (1835-1917) centrouse na creación dun mundo mítico sobre o que asentar o ideario galeguista. Quixumes dos pinos é a obra clave deste autor. Asentase a súa produción en catro temas: destino individual do poeta, mitoloxía dignificadora da colectividade, visión da natureza e pulsión erótica.

Preguerra (1º terzo do s. XX)

Este período vai dende o ano 1900 ata o 1923, onde o galego é a lingua maioritaria da poboación, pero a nivel de prestixio é o castelán o que ocupa un nivel mais alto. Esta situación contribúea reforzar e a manter os prexuízos lingüísticos. Nas clases letradas xorden grupos de importancia cultural, que reivindican o valor do galego nos ámbitos formais e públicos. Este son as Irmandades da Fala (fundase no 1916), Grupo Nós (fundado no 1920), o Seminario de Estudos Galegos (fundado no 1923 por un grupo de universitarios), o Partido Galeguista (fundado no 1931 como a primeira forza nacionalista) e o aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia (1936). Isto supón un cambio cualitativo para a lingua galega.

Por outra banda, a toma de contacto co galego medieval, pola publicación das cantigas e outros documentos, provocou unha grande conmoción no galego literario, que vai recuperar moito léxico. Tamén vai aparecer unha liña de achegamento ao portugúes para restaurar formas que a fala popular perdera pola presión do castelán. Non obstante, o afán de purificación da lingua levou á inclusión na literatura de numerosos arcaísmos, hipergaleguismos e lusismos.

Os autores do Grupo Nós (Castelao, Vicente Risco e Otero Pedrayo) inauguran a novela moderna e cultivan o teatro. Castelao escribiu novela (Os dous de sempre), ensaio (Sempre Galicia), teatro (Os vellos non deben namorarse) e relatos (Retrincos e Cousas). Nelas utiliza unha escritura sinxela nas que os protagonistas son o pobo galego. Por outro lado, temos a Vicente Risco, el escribiu conto (O lobo da xente) e novela (O porco de pé). Na súa produción os protagonistas eran a burguesía. Por último, Otero Pedrayo escribiu novela (Camiño da vida e Arredor de sí), nelas utiliza unha escritura barroca e os seus protagonistas son a fidalguía.

En canto aos textos non literarios, entre as publicacións do Seminario de Estudos Galegos, podemos atopar ensaios en lingua galega, de temas moi diversos como historia, economía, etc. Ademais do uso do galego na escrita estes persoeiros utilizaban o galego para os seus discursos públicos.

En canto á poesía podemos encontrar dous tipos, os continuadores (Noriega Varela e Ramón Cabanillas), predecesores de Rosalía e Curros, e os innovadores coas vangardas. Con respecto a Ramón Cabanillas podemos encontrar 3 etapas na súa produción. Na primeira etapa escribe No desterro, Vento mareiro e Da terra asoballada onde cultiva as tres liñas temáticas. Na segunda etapa escribe unha obra de teatro de xénero dramático, O mariscal, e un poema narrativo de xénero lírico, Na noite mareira. Finalmente, na súa terceira etapa encontramos unha poesía intimista, A rosa de cen follas.

En cuanto a los innovadores, encontramon a aqueles autores que foron influenciados polas vangardas. O “lema” das vangardas é a búsqueda da arte pura, a arte pola arte, deixando atrás o uso da literatura como medio reivindicativo. As vangardas en Galicia conflúen coa conciencia nacionalista das Irmandades e do Grupo Nós, dando lugar a unhas vangardas orixinais, propias. Nelas encontramos:

·Hilozoísmo ou imaxinismo: segue a tradición paisaxística coa combinación de audaces imaxes. Como características xenerais a métrica é sinxela baseada en formas populares, a paisaxe é humanizada con continuas imaxes prosopopeicas e zoomórficas. O principal representante é Amado Carballo (Proel e O Galo)

·Neotrobadorismo: recupera os procedementos formais da cantiga de amigo. Como características xenerais utilizan os recursos paralelísticos propios das cantigas medievais, como o refrán e son de temática amorosa. Os principais representantes son: Álvaro Cunqueiro (Cantiga Nova que se chama Riveira) e Fermín Bouza-Brey (Nao Senlleira) aínda que este é demasiado clásico como para consideralo vangardista.

·Creacionismo: En Galicia en ningún caso se chegou á deshumanización que alcanzou as Vangardas europeas. As características xerais son o versolibrismo e a ausencia de signos de puntuación, ademais da xustaposición de imaxes inconexas para crear unha nova realidade. O principal representante é Manuel Antonio con De catro a catro.

Posguerra e ditadura

Este período vai do 1936 ao 1975, onde o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán continua, pero neste período hai unha perda de galego-falante a nivel cuantitativo, xa que o castelán penetra en todas as capas sociais. Aínda así o galego continua sendo a lingua maioritaria, así no 1938 apenas un 10% da poboación galega falaba castelán, pero 50 anos despois case a metade dos galegos se instalaran parcial ou totalmente no castelán.

No nivel socioeconómico, hai una certa prosperidade debido á industrialización que chega a Galicia coa creación dos polos industriais de Vigo e Ferrol nos anos 60. Isto provoca unha urbanización o que provoca o éxodo do campo á cidade. Ambos procesos foron acompañados dun cambio cara ao castelán. Ademais a educación era en castelán, existía unha represión do franquismo contra todas as linguas distintas do castelán e a chegada dos medios de comunicación audiovisuais que son en castelán.

Durante o franquismo o galego estaba prohibido en case todos os ámbitos. Nos anos 60 comezan a xurdir movementos políticos e asociativos do uso do galego, achegándoo á sociedade. Fundase a nivel político o Partido Socialista Galego e a Unión do Pobo Galego, os cales recuperan de novo o galego para usos públicos orais e o seu emprego acaba estendéndose a todos os partidos contrarios á ditadura.

Os anos da Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura franquista foron totalmente estériles para a produción cultural na lingua propia. Os escritores teñen tres opcións: deixar de escribir en galego, exiliarse ou escribir en galego pero en segredo.

En 1950 créase a Editorial Galaxia, unha nova vía de reivindicación da lingua. Entre os impulsores do proxecto están: Ramón Piñeiro e Fernández del Riego. Neste período todas as obras escritas teñen que pasar pola censura. A característica máis común entre estas obras son o uso de arcaísmos, luxismos, galego enxebrizante e hipergaleguismos.

OS autores a destacar son:

·Ánxel Fole. Escribiu A lus do candil e Terra brava. Teñen un estilo narrativo que reproduce na escritas as características dos contos orais. Teñen unha temática de medo, no que aparecen elementos sobrenaturais que entran dentro da verosimilitude, contos pensados para contarse ao redor da ladeira, para pasar o tempo de noite no rural. Utiliza a linguaxe dialectal propia da zona de recollida.

·Álvaro Cunqueiro. Escribiu Os outros feirantes, Merlín e familia e Se o vello Simbad volvese a illas. Teñen unha temática de fantasía de aparente realidade. Os seus personaxes son fantásticos e ten ambientación no mundo rural.

·Eduardo Blanco Amor. É o máximo expoñente do Realismo social. Escribiu A esmorga, Os biosbardos e Xente ao lonxe. As tres son de ambientación urbana en concreto en Ourense. Os personaxes son marxinais, rozando o mundo da delincuencia, utiliza unha linguaxe coloquial que chega a rozar a xerga.

·Xosé Neira Vilas. Escribiu Memorias dun neno labrego e Xente no rodicio. Ten un estilo narrativo tradicional, ademais están ambientadas no rural e os personaxes son campesiños.

Por último, a poesía ten tres xeracións durante a ditadura:

·Xeración do 36: Celso Emilio Ferreiro (Longa noite mareira), Díaz Castro, Xosé María Álvarez Blázquez, Luís Seoane, Fermín Bouza-Brey, Luís Pimentel, etc.

·Promoción de enlace: Antón Tobar, Luz Pozo Garza, etc.

·Xeración dos 50: X.L. Méndez Ferrín, Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, etc. Estes autores xa non viviron a guerra en primeira persoa.

Entradas relacionadas: