A Evolución do Reformismo en España no Século XX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,47 KB

Reformismo Dinástico

A Maioría de Idade de Afonso XIII

O primeiro terzo do s. XX coincidiu coa maioría de idade do rei Afonso XIII e estivo marcado pola crise definitiva do sistema da restauración.
Os proxectos reformistas, cuxa necesidade se fixo máis evidente tras a crise do 1898, caracterizáronse por:

Pugnas e Divisións Internas

As pugnas e divisións internas entre os partidos da quenda provocaron a inestabilidade política polo cambio constante de goberno.

Industralización Desigual

Insuficiente e moi desigual industrialización do país, que xerou grandes desigualdades e un aumento da conflictividade social.

Oposición Política e Social

Incremento e desenvolvemento da oposición política e social ao sistema.

Intervencionismo de Afonso XIII

Intervencionismo de Afonso XIII na vida política, incrementando o seu desprestixio como rei constitucionalista.

Intervencionismo do Exército

Reaparición do intervencionismo do exército na vida política.

As Oposicións ao Reformismo

Crítica aos aspectos máis visibles e negativos da vida política (fraude, manipulación electoral). Destaca a “revolución dende arriba” para evitar que se producise unha revolución dende abaixo.
As forzas da oposición tentaron renovar profundamente os seus idearios, as súas organizacións e os seus dirixentes. O seu obxectivo era mobilizar a opinión pública para desbancar definitivamente os partidos da quenda.
Desde o xeneracionismo intelectual e literario, reflexionouse sobre a decadencia de España e a necesidade de rexeneración.

O Reformismo Conservador

O primeiro intento modernizador foron as tentativas rexeneracionistas que encabezou Silvela (partido conservador), que abandonaría a política e deixou paso a un novo líder, Maura.
O seu proxecto pretendía poñerlle fin ao caciquismo coa Lei de Administración Local e a Lei Electoral. A reforma electoral foi moi superficial e só estableceu o voto obrigatorio e máis controis sobre as xuntas electorais, pero acabou favorecendo ao caciquismo, logrando a elección do candidato previsto.
Adoptáronse medidas proteccionistas para impulsar a actividade industrial española e mellorouse a lexislación laboral. Creouse o Instituto Nacional de Previsión.
A dura represión da Semana Tráxica supuxo a fin da principal etapa de Maura no Goberno.

O Reformismo Liberal

O partido liberal, baixo o liderado de Canalejas, tamén levou a cabo medidas rexeneracionistas. Canalejas expuxo a separación da Igrexa e do Estado e promoveu a denominada Lei do Cadeado. Tamén a Lei de Mancomunidades, que permitía que varias deputacións se unisen na xestión de servizos públicos.
Tamén reformou o sistema impositivo coa substitución do imposto de consumos. A reforma da Lei do Recrutamento establecía o enrolamento obrigatorio en tempos de guerra.

A Oposición Política

O Republicanismo

Era o principal grupo da oposición política. En 1903 naceu Unión Republicana, coalición que intentaba agrupar os diferentes grupos republicanos arredor de Salmerón.
Cara ao 1910, despois da Semana Tráxica, perdeu boa parte da súa influencia e moderou o seu discurso. Como resposta á represión que o Goberno levou a cabo tras a Semana Tráxica, constituíuse a Conxunción Republicano-Socialista, que integraba diversos grupos republicanos e o PSOE.
En 1912, fundouse o Partido Reformista.

Do Carlismo ao Tradicionalismo

Nos inicios do s. XX, o carlismo mantivo a súa presenza e as bases. As disputas e disidencias, como a que se produciu por mor da Primeira Guerra Mundial, provocaron escisións como as que fundaron o Partido Tradicionalista.
Coa chegada da República en 1931, conseguiron reunificarse nun só partido chamado Comunión Tradicionalista.

A Evolución dos Nacionalismos Catalán e Vasco

Tras o desastre do 98, incrementouse a actividade dos partidos nacionalistas.
En Cataluña, a victoria nas eleccións municipais da Lliga Regionalista alarmou ao exército, que vía perigar a unidade do país (producíndose os incidentes do Cu-Cut). O goberno liberal apoiou ao exército e promulgou a Lei de Xurisidicións, que establecía que os delitos contra a nación serían xulgados por tribunais militares. Cataluña reaccionou coa formación dunha coalición electoral chamada Solidaritat Catalana. A Lliga controlou a Mancomunidade de Cataluña durante anos. A guerra social desatada fixo que a Lliga dese prioridade á defensa da orde social fronte ao nacionalismo, o que radicalizou algúns sectores cataláns, creando Acció Catalana e Estat Català.
No País Vasco, o Partido Nacionalista Vasco incrementou a súa presenza electoral. Máis tarde pasou a denominarse Comunión Nacionalista Vasca.
Posteriormente, coa escisión do grupo máis independentista, recuperouse o nome de PNV, e parte fundaríase un novo partido republicano, Acción Nacionalista Vasca.

A Evolución do Galeguismo

En Galicia, o primeiro paso cara á transición do galeguismo cultural ao político tivo lugar coa creación das Irmandades da Fala e de A Nosa Terra, que serían portavoces do nacionalismo e aspiraban a converter o galeguismo nunha forza política.

Entradas relacionadas: