Evolución de la Poesía Vanguardista y la Literatura Gallega del Siglo XX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,38 KB
Poesía de Vanguardia
- O Futurismo: Exaltaba as máquinas, a velocidade, a guerra e a cidade. Na literatura fixo experimentos coa destrución absoluta da sintaxe, a supresión de adxectivos e adverbios e a abolición de signos de puntuación.
- O Dadaísmo: O máis demoledor, subversivo e provocador de todos; defendeu a liberación total da creatividade do artista acudindo ao mundo dos soños.
- O Creacionismo: Defendeu unha arte que non imitase a natureza.
- O Surrealismo: Destaca a utilización dos soños, alucinacións e delirios como material literario.
A Vanguardia en Galicia
Existe unha inexistencia dunha verdadeira escola vangardista galega (poucos autores plenamente vangardistas, un único manifesto, carencia de revistas estritamente vangardistas...). Non hai unha renuncia ao compromiso coa realidade social e cultural do país, nin se produce unha ruptura total coa tradición literaria. É unha literatura menos cerebral, non totalmente afastada do sentimentalismo.
Manuel Antonio
Móvese dentro da órbita do Creacionismo, movemento que pretende captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a óptica persoal do poeta. Incorpora tamén características expresivas propias doutras correntes de vangarda.
Obra principal: De catro a catro (1928): poemas estruturados a xeito de travesía mariña. Temáticas: o mar e os elementos directamente relacionados con el, o paso do tempo, a soidade radical e a terra como contrapunto.
Hilozoísmo (Imaxinismo)
Destaca nesta poesía a presentación humanizada da natureza, continuando a liña animista de Noriega Varela. Son de salientar tamén a descrición impresionista da paisaxe, a abundancia de imaxes e o gusto polo cosmopolitismo.
- Autores: Amado Carballo.
Xeración do 36
- Aquilino Iglesia Alvariño: Cómaros verdes, obra considerada o inicio da poesía galega de posguerra. Estruturado co verso libre, visión humanizada da natureza, referencias culturais e temática de paisaxe rural.
- Celso Emilio Ferreiro: Máximo representante da poesía social. Conecta coa poesía cívica de Curros, o compromiso social co pobo e o anticaciquismo. Temas: memoria da guerra, nostalxia e amor. Tamén conecta coa tradición medieval, facendo escarnios e crítica da situación política.
Xeración das Festas Minervais
- Uxío Novoneyra: Liña paisaxista e existencialista, uso de exclamacións e aliteracións.
- Ricardo Carvalho Calero / Ferrín: Combina a política revolucionaria co intimismo e esteticismo. Temas como o culturalismo, ton épico, sentimento amoroso en decadencia e a morte.
Contexto Histórico
Contexto I: Antecedentes
Decadencia fidalga; moitos autores toman a fidalguía como unha clase social ideal, símbolo de defensa do noso idioma. Consolidación burguesa, emigración, agrarismo, solucións para o campesiñado e reivindicación da lingua.
Contexto II: Posguerra
Avances freados pola sublevación militar; protagonistas asasinados, exiliados ou silenciados. O galego queda illado de Europa, cunha tímida recuperación a finais dos anos 50.