Evolución Humana e Xenética: Conceptos Fundamentais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Religión

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,34 KB

1. Australopithecus (aprox. 3,9 - 2,9 millóns de anos): África do Leste

  • Carácter: Bipedismo parcial (aínda camiñaban a catro patas).
  • Capacidade cranial: Pequena, semellante á dos primates modernos.
  • Famoso exemplo: "Lucy", un dos fósiles atopados.

2. Homo habilis (aprox. 2,4 - 1,4 millóns de anos): África

  • Características: Primeiro membro do xénero Homo.
  • Capacidade cranial: Aumento en comparación coas especies anteriores.
  • Uso de ferramentas: Famoso polo uso de ferramentas líticas.

3. Homo erectus (aprox. 1,9 millóns - 110.000 anos)

  • Características: Bipedismo completo, máis semellante aos humanos.
  • Capacidade cranial: 1.100 cm³.
  • Expansión xeográfica: Primeira especie en saír de África, expandíndose por Asia e Europa.

4. Homo heidelbergensis (aprox. 700.000 - 200.000 anos)

  • Características: Primeiro homínido en construír aloxamentos e cazar animais grandes.
  • Capacidade cranial: 1.200-1.400 cm³.
  • Posíbel antecesor: Directo dos Neandertais e dos humanos modernos.

5. Homo neanderthalensis (aprox. 400.000 - 40.000 anos): África, Europa e Asia

  • Características: Adaptados a climas fríos, con corpos robustos e músculos fortes.
  • Capacidade cranial: Semellante á dos humanos ou maior nalgúns casos.
  • Cultura: Utilizaban ferramentas avanzadas, enterraban aos seus mortos e podían ter algunha forma de comunicación simbólica.

6. Homo sapiens (aprox. 300.000 anos - presente)

  • Características: Desenvolvemento de capacidades cognitivas avanzadas, linguaxe complexa e cultura.
  • Capacidade cranial: 1.300 e 1.500 cm³.
  • Innovacións: Creación de arte, ferramentas complexas, agricultura, civilizacións e tecnoloxía moderna.

Conceptos básicos de Xenética

  • ADN: Molécula que porta toda a información xenética dun individuo (CGTA: Citosina, Guanina, Timina, Adenina).
  • Cromosomas: Estruturas constituídas por ADN no seu máximo grao de compactación (23 pares).
  • Xene: Fragmento de ADN que contén a información para unha característica concreta do organismo (carácter).
  • Carácter hereditario: Característica morfolóxica ou fisiolóxica que se transmite á descendencia.
  • Alelos: Diferentes variantes dun xene.
  • Heterocigótico ou híbrido: Organismo con alelos diferentes (Aa).
  • Homocigótico ou raza pura: Organismo cos alelos iguais (AA, aa).
  • Xenotipo: Conxunto de xenes que posúe un organismo (información interna).
  • Fenotipo: Conxunto de caracteres que manifesta un organismo (manifestación externa).
  • Alelo dominante (A): Manifestase no fenotipo sempre (AA, Aa).
  • Alelo recesivo (a): Manifestase no fenotipo só na homocigose (aa).

Entradas relacionadas: