Evolución histórica da lingua galega: do século XX á actualidade
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,59 KB
Evolución histórica da lingua galega
Antes da Guerra Civil
No primeiro terzo do século XX acentuáronse dous procesos fundamentais:
- Desplazamento lingüístico: A tendencia das clases altas a abandonar o galego en favor do castelán completouse definitivamente, afectando tamén ás clases baixas a medida que migraban do campo á cidade.
- Movemento de recuperación: No seo das mesmas clases altas desenvolveuse un movemento para recuperar a dignidade da lingua, reivindicando o galego non só como idioma literario, senón para calquera actividade social.
Colectivos clave na recuperación
- Irmandades da Fala (1916): Reivindicaron e promoveron o uso do galego en ámbitos formais, facendo que o idioma se fixese habitual nos actos públicos.
- Grupo Nós (1920): Un grupo de intelectuais que tratou de romper co ruralismo e o costumismo asociados á cultura galega, publicando literatura de vangarda con temas de interese universal.
- Seminario de Estudos Galegos (1923): Universitarios que publicaron ensaios e textos científicos na nosa lingua, investigando sobre o idioma e facendo propostas de normativización.
En 1931, o movemento galeguista experimentou un importante desenvolvemento, culminando na aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936, que lle daba ao galego o rango de cooficialidade. Porén, a Guerra Civil impediu a súa posta en práctica.
O franquismo
Tras a guerra iniciouse unha etapa de represión xeneralizada que afectou a todas as linguas e culturas diferentes do castelán. Galicia converteuse nun deserto cultural onde o emprego do galego en actos públicos estaba prohibido.
A partir de 1950 comezaron a notarse síntomas de recuperación no ámbito da cultura, como a creación da Editorial Galaxia (1950) ou o Día das Letras Galegas (1963). Non obstante, a extensión dun sistema educativo represor e os novos medios de comunicación audiovisual (radio e televisión), monolingües en castelán, introduciron o idioma dominante en todos os recantos do país.
A actualidade
Coa restauración da democracia, a aprobación da Constitución española (1978), do Estatuto de Autonomía (1981) e da Lei de normalización lingüística (1983), o galego adquiriu unha situación legal de cooficialidade co castelán. Ábrese así o camiño para recuperar o seu prestixio social e consolidar o seu uso en calquera ámbito.