Evolución do Teatro Galego Contemporáneo: Da Transición á Actualidade
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,05 KB
Contexto Histórico-Literario
Coa chegada da democracia, o panorama social e cultural cambia radicalmente, e o teatro galego experimenta unha revitalización nunca vista antes, aínda que segue sendo considerado inferior á poesía ou á narrativa.
Fases do Teatro Galego
1. Formación de Compañías Profesionais
Nos anos 60 e 70, o Grupo Abrente inicia o camiño cara á normalización lingüística do teatro galego. Coa democracia, xorden novas compañías e coleccións de textos teatrais, e autores clave como Euloxio Rodríguez Ruibal, Manuel Lourenzo e Roberto Vidal Bolaño fan importantes achegas á etapa.
2. Institucionalización
O apoio financeiro de institucións públicas e privadas leva á profesionalización do teatro galego. En 1984 créase o Centro Dramático Galego (CDG), a primeira compañía pública dependente da Xunta de Galicia, que tamén desempeña un papel importante na recuperación de pezas clásicas e na produción de novas obras.
2.1. A Promoción dos 80
A partir de 1980, a literatura dramática deixa de ser só de compromiso social e político para explorar novas tendencias, con moita simboloxía e ironía. Autores como Xesús Pisón, A. Rei Ballesteros e Manuel Guede destacaron nesta etapa.
3. Desenvolvemento
Na década dos 90, multiplicáronse as compañías profesionais e de teatro experimental. O teatro galego diversifícase en catro liñas principais:
- Crítica
- Irónica
- Lúdica
- Culta
Autores como Cándido Pazó, Raúl Dans e Miguel Anxo Murado son representativos desta etapa.
3.1. A Promoción dos 90
Nos anos 90, o teatro galego busca maior accesibilidade ao público, con obras máis lúdicas, de comedia e intertextualidade. Destácanse grupos como Sarabela e Chévere, e autores como Lino Braxe e Cándido Pazó.
4. Actualidade
A pesar do apoio das institucións e a consolidación de compañías estables, o teatro galego segue sen ter suficientes canles editoriais. As compañías galegas, en gran parte itinerantes, enfrontan dificultades debido á crise económica e á desconexión co público. Porén, existen esperanzas no futuro, grazas á Asociación de Actrices e Actores de Galicia e ao éxito de proxectos alternativos e grupos como Chévere e Sarabela Teatro.
A actualidade tamén reflicte unha evolución estética, pasando de obras de intencionalidade política a propostas máis diversificadas, como:
- Teatro infantil
- Teatro de títeres
- Animación na rúa
As autoras como Paula Carballeira, Teresa Moure ou María Reimóndez marcan tendencias en temas relacionados coa muller na sociedade.