Evolución do Sector Primario e Usos do Solo en España

Español3,21 KB

Evolución do Sector Primario en España

Ata o século XIX, o sector primario era traballado por moita xente para obter alimentos ou bens de primeira necesidade. Mais, en moitos países, deuse a Revolución Industrial, polo que moita xente comezou a traballar no sector secundario.

Agora, o sector con máis traballadores é o terciario. O primario só ocupa o 4 % da poboación activa de España e xera un PIB do 4 %; o secundario, o 29 %; e o terciario, o 66 %.

Pero a produción agraria aumentou un 30 % pola tecnificación. Con todo, este sector segue a contar cun gran valor estratéxico, como a autosuficiencia alimentaria... A UE ten a PAC, que busca a supervivencia desta actividade.

Tipos de Usos do Solo

Os máis de 50 millóns de hectáreas de España utilízanse para diferentes usos. Hai catro básicos:

  • Terras labradas: Ocupadas por diferentes cultivos, ocupan 16 millóns de hectáreas e esténdense sobre todo por concas e vales interiores, e nos vales mediterráneos. Escasean no Norte peninsular, na montaña e no arquipélago canario.
Prados e pastos: Ocupan 8 millóns de hectáreas. Serven para alimentar o gando en áreas húmidas e con mal solo para cultivar. Hai tres tipos:
  • As pradarias permanentes: Danse nas zonas con clima oceánico no litoral cantábrico, con gran gandaría vacún.
  • No Oeste: Hai prados estacionais, verdes coa choiva e secos en verán, cunha gandaría máis diversificada.
  • Nos cumes das cordilleiras: Aparécenos pastos de altura, utilizados pola gandaría transumante, que se trasladan a eles no verán.
Áreas forestais: Con bosques caducifolios e perennifolios, ocupan 15 millóns de hectáreas. Teñen maior densidade en zonas húmidas e nas principais cadeas montañosas, xa que son zonas menos transformadas pola acción humana. Utilízanse para a caza e para a madeira. Outros terreos: Os 8,4 millóns de hectáreas restantes abarcan dende terreos ermos ata zonas urbanizadas, espazos de auga doce e non mariños.

Factores Explicativos da Distribución do Uso dos Solos

Existen tres dominios de condicións naturais:

  • Dominio atlántico: Clima húmido, con prados e bosques.
  • Dominio mediterráneo: No resto da península e illas Baleares, verán seco, predominio de terras labradas.
  • Dominio subtropical: Dase en Canarias, clima árido, agás nas zonas expostas aos ventos aliseos.

Influencia do Relevo

  • Montaña: Elevada altitude e pendente, solos pouco profundos e descenso térmico, o que favorece os bosques e prados.
  • Chaira: Ocupada polos humanos, con zonas cultivadas.

Propiedade e Rendemento

As zonas dominadas pola gran propiedade presentan usos extensivos, con pouco beneficio por hectárea pero investimentos de traballo e capital escasos, o que dá menor rendemento. Pola contra, na pequena propiedade faise un uso máis intensivo do solo para poder subsistir con pouca terra, xerando maiores rendementos.

Descargar

PDF Word HTML