Evolución do Galego, Interferencias Lingüísticas e Vanguardias Literarias

Enviado por isafb1805 y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 8,68 KB

1. Evolución Histórica e Normativización do Galego

  • GALEGO POPULARIZANTE (ata fins do XIX) → Non existe unha intención normativizadora; empregan o galego no rexistro popular (vulgarismos, castelanismos, dialectalismos).
  • GALEGO ENXEBRIZANTE (1900-1936) → Necesidade dunha norma escrita mediante un modelo diferencialista (distancias co castelán).
    Características: busca dun galego supradialectal, eliminación de castelanismos, portugués como modelo de lingua culta, hiperenxebrismos, arcaísmos, lusismos, anglicismos, etc.
  • GALEGO PROTOESTÁNDAR (ata fins dos 70) → Necesidade dun modelo culto que apoie a normalización do galego.
    Características: simplificación ortográfica (sen apóstrofos, guións, etc.) e solucións coincidentes co estándar actual (plural en -ns, depuración de castelanismos e vulgarismos).
  • GALEGO ESTÁNDAR (ata agora) → O mellor coñecemento lingüístico axuda a atopar solucións axeitadas para as interferencias e desviacións.
    Proposta oficial: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982).

Criterios de Estándar

  • Diasistematicidade: galego supradialectal → maior número de falantes (ditongo -oi-, pronome persoal el, etc.).
  • Funcionalidade interlingual: coherencia harmónica coas linguas próximas, xeralmente o portugués (plural en -is no bloque oriental e portugués, imperfecto en -ía, etc.).
  • Historicidade: preferencia por formas etimolóxicas e da tradición literaria, como o latín (grafía b-v, vostede, etc.).
  • Regularidade: búscase o asentamento na fala e a depuración dos castelanismos (oposición de xénero irmán/irmá, etc.).

2. Interferencias e Desviacións Lingüísticas

INTERFERENCIAS: Influxo dunha lingua sobre outra (contacto e conflito lingüístico). Aparecen pola semellanza estrutural e por non existir un modelo estándar en tódolos planos.

  • ORTOGRÁFICAS: avogado, harmonía, voda, quilómetro, etc.
  • LÉXICAS: Restrinxindo o seu significado (billa-grifo, etc.).
    • Castelanismo léxico adaptado: palabra castelá acomodada ao galego (antoxo*, lexos*, etc.).
    • Castelanismo léxico pleno: substitución (acera*, deuda*, etc.).
  • SEMÁNTICAS: Dándolle a unha voz lexítima galega un valor semántico do castelán (roxo = vermello, etc.).
  • FONÉTICAS: Non distinguir vogais abertas e pechadas; pronunciar mal o dígrafo -nh- velar; colocar mal a sílaba tónica (atmosfera, heroe, etc.).
  • MORFOLÓXICAS:
    • Substantivo: Alteracións de xénero e número.
    • Pronome: Confusión te-che, lleísmo, determinantes castelanizados.
    • Verbo: Alteración por influencia castelá, uso de tempos compostos, uso pronominal de verbos que non o son.
    • Adverbio, preposición e conxunción: Calcos do castelán (mentras*, según*, aunque*, etc.).
  • SINTÁCTICAS: Colocación incorrecta do pronome átono, uso de ir+a+infinitivo, omisión do artigo diante dos posesivos, uso reflexivo de verbos con CD expreso, etc.

Desviacións

DESVIACIÓNS: Voces que non se axustan á normativa (non pertencen ao nivel culto, tamén denominadas dialectalismos).

  • VULGARISMOS (Tipos):
    • Disimilación: cambio dun fonema para diferencialo doutro próximo [sasenta*].
    • Metátese: cambio de consonantes no interior [probe*].
    • Harmonización: a vogal tónica (i, u) atrae á átona ao seu punto de articulación.
    • Prótase: engadir vogal ao comezo [arrenegar*].
    • Epéntese: engadir vogal no interior [soio*].
    • Paragoxe: engadir vogal ao final [-e] [casare*].
    • Aférese: suprimir vogal inicial [certar*].
    • Apócope: suprimir vogal interior [espranza*].
    • Síncope: suprimir vogal final.
    • Vocalización de grupos consonánticos: [aluno*].
  • ARCAÍSMOS (Non son de uso actual): Voces dos textos galego-portugueses que chegan a substituír voces galegas [cibdade*].
  • HIPERENXEBRISMOS: Inventos motivados pola presión do castelán. Consisten en mudar unha palabra cando coincide co castelán por un afán diferencialista [brilar*].

3. Etapas Literarias

  • 1ª ETAPA: No desterro, Vento mareiro.
  • ETAPA INTERMEDIA: Da terra asoballada.
  • 2ª ETAPA: Na noite estrelecida (1926) e Camiños no tempo.
  • ÚLTIMA ETAPA: Antífona da cantiga e Samos.
  • 1ª ETAPA (Outra clasificación): Montañesas. Ruralismo costumista decimonónico.
  • 2ª ETAPA (Outra clasificación): Do ermo. Xiro na temática.

4. movementos das Vanguardias Literarias

  • DADAÍSMO: Creatividad acudindo ao mundo onírico (soño).
  • CUBISMO: Caligramas (disposición tipográfica formando unha figura determinada).
  • FUTURISMO: Vocabulario mecanizado, supresión de adxectivos e de signos de puntuación.
  • ULTRAÍSMO: Metáfora, imaxe, innovacións tipográficas na disposición do poema.
  • CREACIONISMO: Xustaposición de imaxes; o poeta é un Deus; versos sen rima, sen nexos temáticos, nin signos de puntuación; configuración caprichosa da páxina.

Entradas relacionadas: