Evolución da Terra e Dinámica Global: Historia Xeolóxica e Condicións para a Vida
Cronoloxía e Evolución do Planeta Terra
- -4470 Ma: Tras a súa formación, a Terra é unha esfera de roca candente.
- -4440 Ma: Un obxecto rocoso do tamaño de Marte colisionou coa Terra. As escouras deste impacto orbitan como un anel e concéntranse para formar a Lúa.
- -4400 Ma: Indicios dos primeiros mares e da primeira codia continental.
- -850 Ma a -580 Ma: A diminución do efecto invernadoiro conxela case totalmente a superficie do planeta. Unha glaciación case global convirte a Terra nun planeta case branco.
- -250 Ma: Os continentes están unidos e constitúen a última Pantexa.
- 2009: A Terra no presente.
- +150 Ma: A xeografía dun mundo que a nosa especie non verá. Xurdirán novos océanos, os continentes desprazaranse e cambiarán a imaxe que coñecemos dos planetas.
- +2500 Ma: O Sol incrementou a súa actividade converténdose nunha estrela xigante vermella e a súa superficie será o único horizonte do planeta. Un planeta abrasado pola súa estrela.
Probas da Deriva Continental
Probas Xeográficas
Existe unha gran coincidencia entre a forma das costas dos continentes, especialmente entre Sudamérica e África.
Probas Paleontolóxicas
Existen varios exemplos de fósiles de organismos idénticos que se atoparon en lugares que hoxe distan miles de quilómetros. Os estudos paleontolóxicos indican que estes organismos prehistóricos serían incapaces de cruzar os océanos que hoxe separan eses continentes. Esta proba indica que os continentes estiveron unidos nalgunha época pasada.
Probas Xeolóxicas e Tectónicas
Se se unen os continentes nun só, pódense observar que os tipos de rochas, a cronoloxía destas e as cadeas montañosas principais terían continuidade física, é dicir, formarían un cinto case continuo, como mostra a figura.
Probas Paleoclimáticas
Descubriuse que existían zonas na Terra dos que os climas actuais non coincidían cos que tiveron no pasado. Zonas actualmente cálidas estiveron cubiertas de xeo, mentres que o norte de América e Europa eran bosques cálidos.
Condicións para a Vida nos Planetas
- Distancia á estrela: Permite a existencia de auga en estado líquido.
- Gravidade suficiente: Xera un campo magnético que protexe o planeta dos raios X e gamma da estrela.
- Presencia dun satélite grande: Sen a Lúa non teriamos esta inclinación e habería cambios drásticos no clima.
- Tempo de vida das estrelas: Se foran de vida curta, non daría tempo a que a vida evolucione.
- Existencia de planetas xigantes próximos: Poden desviar os asteroides, protexendo outros planetas de posibles impactos.
- Situación dentro da Vía Láctea: Estar lonxe do centro galáctico evita que as explosións de supernovas emitan demasiada radiación nociva.