Evolución da Poesía Galega: Do Socialrealismo á Vanguardia Contemporánea

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,88 KB

A Dependencia Tecnolóxica na Sociedade Actual

O texto reflexiona sobre a gran dependencia que ten a sociedade actual da tecnoloxía e da electricidade. O autor explica que moitas persoas xa non saben vivir sen internet nin sen os móbiles, e pensa no que pasaría se houbese un gran apagón. Tamén critica que confiemos demasiado nos avances tecnolóxicos e esquezamos cousas máis básicas e naturais. Ademais, destaca a importancia de volver valorar a natureza e os modos de vida máis sinxelos.

O texto é expositivo-argumentativo, xa que o autor explica un tema (a dependencia da tecnoloxía) e dá a súa opinión. Por exemplo, fala da “sospeita sobre a infalibilidade da tecnoloxía”, critica que “a nosa vida segue dependendo do material” e sinala que “a grande preocupación dos adolescentes hoxe é que facer sen o móbil”.

Vocabulario clave

  • Apocalipse: Unha catástrofe ou fin do mundo.
  • Atónitas: Sorprendidas.
  • Infalibilidade: Algo que non falla.
  • Mentes claras: Persoas que pensan con claridade.
  • Pivota: Baséase ou xira arredor de algo.

Análise lingüística

  • Perífrases: “Temos que volver” (modal de obriga); “poderían pagar” (modal de posibilidade).
  • Infinitivos conxugados: “Cociñar” → “cociñemos”; “quentar” → “quentemos”.
  • Infinitivo non conxugado: “Saber”, por ter un sentido xeral.

O Status do Galego tras o Estatuto de Autonomía

A aprobación do Estatuto de Autonomía supuxo un xiro histórico para o status do galego, pasando dunha situación de subordinación legal a un marco de oficialidade recoñecida. Segundo o artigo 5.1, o galego adquire a categoría de lingua propia, o que o sitúa como o idioma específico de Galicia.

Pola súa banda, o artigo 5.2 establece a cooficialidade xunto ao castelán, convertendo o uso do galego nun dereito cidadán. Isto derivou en dúas vertentes fundamentais:

  1. Galeguización do ensino: A lingua pasa a ser materia obrigatoria e vehicular.
  2. Normalización administrativa: Validez legal para o uso do galego na administración, xustiza e medios de comunicación.

Panorama da Poesía Galega (1970-2000)

O último terzo do século XX caracterízase por unha eclosión poética que supera o socialrealismo anterior. A partir de 1976, con obras como Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín, ábrense novas vías intimistas, existenciais e culturalistas.

A poesía dos anos 70: Os Novísimos

Este grupo, recollido na antoloxía de Mª Victoria Moreno (1973), mantén a denuncia social pero introduce temáticas intimistas. Destacan autores como Darío Xohán Cabana, Lois Diéguez, Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes.

A poesía dos anos 80: Culturalismo e Cotián

O culturalismo abandona a estética socialrealista en favor dunha linguaxe culta, intertextualidade e o uso de metros clásicos. Autores como Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Forcadela, Ramiro Fonte e Miguel Anxo Fernán Vello son referentes desta etapa.

Como reacción, xorde a poesía da cotián, que reivindica a expresión natural e a realidade próxima. Destacan Pilar Pallarés, Lois Pereiro e, especialmente, Manuel Rivas.

A poesía experimental e os anos 90

A poesía experimental recupera o espírito das vangardas con recursos visuais (caligramas, collages). Nos anos 90, a produción poética dispárase, apoiada por editoriais como Espiral Maior e o uso de internet. A estética vólvese máis fragmentaria e vitalista, con figuras como Chus Pato, Yolanda Castaño e o colectivo Ronseltz.

Entradas relacionadas: