Evolución da Narrativa Galega dende 1975 ata a Actualidade

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,19 KB

A narrativa galega dende 1975 ata a actualidade

Unha das características deste período é, sen dúbida, a grande cantidade de temas e autores. Dende finais de 1970, a narrativa e a prosa galega ábrense a novas tendencias e temáticas que marcan novas formas narrativas para buscar un público cada vez máis numeroso e, sobre todo, urbano e semiurbano.

Nos anos 80 existe un gran interese por crear o que se chama a novela de subxénero: diversifícase a temática facéndoa máis atractiva para o lector. Esta narrativa, tamén chamada “literatura de quiosco” por ter como finalidade ser unha literatura para as masas, permite que a xente da rúa poida adquirir estes relatos en calquera librería ou papelería.

Narrativa policial e novela negra

Este xénero abrangue novelas de intriga e relatos protagonizados por detectives. A obra que inicia este xénero é Crime en Compostela, de Carlos Reigosa. Na década dos 90 destaca Aníbal Malvar con títulos como Unha noite con Carla e, na década do 2000, Miguel Anxo Fernández coas novelas do investigador Frank Soutelo. O xénero policial continúa con vitalidade no século XXI, destacando autores como Diego Ameixeiras.

Narrativa urbana e experimental

Caracterízase pola ambientación nun espazo urbano moderno, ás veces marxinal, e polos hábitos da sociedade de consumo. Seguen as técnicas narrativas vistas na Nova Narrativa Galega (estrutura fragmentada, varios narradores, varios puntos de vista, etc.).

  • Anxo Ballesteros: Un dos primeiros autores desta tendencia con Dos anxos e dos mortos.
  • Suso de Toro: Un dos autores máis importantes, escribe obras como Polaroid, Land Róver e Tic Tac, onde amosa a realidade urbana cotiá dun xeito incoherente e desordenado. Posteriormente escribe novelas máis convencionais como Círculo e A sombra cazadora.

Narrativa histórica

Céntranse en recuperar episodios da historia de Galicia de maneira realista:

  • Guerra Civil: Carlos Casares con Os mortos daquel verán, Xosé Fernández Ferreiro con Agosto do 36 e Manuel Rivas con O lapis do carpinteiro.
  • Idade Media: O cervo da torre de Darío Xoán Cabana.
  • Emigración: O triángulo inscrito na circunferencia de Víctor Freixanes.

Outras correntes narrativas

  • Narrativa social ou sociolóxica: Corrente desenvolvida nos primeiros anos do posfranquismo. Destaca a novela A nosa cinza de Xavier Alcalá.
  • Narrativa fantástica e de ciencia ficción: Relaciónanse coa tradición literaria a través da influencia de Cunqueiro e da literatura artúrica. Destacan: Galván en Saor (Darío Xoán Cabana) e Amor de Artur (Ferrín).
  • Narrativa de aventuras: Inclúe obras diversas como Morning Star de Xosé Miranda e literatura infantil e xuvenil como Expedición ao Pacífico de Marilar Aleixandre.

Narrativa infantil e xuvenil

Moitos narradores convertéronse en especialistas para nenos e xoves, tratando temas próximos aos problemas dos adolescentes: conflitos familiares, identidade, amor, sexo e drogas. A literatura galega neste sector acadou un enorme grao de madurez, con obras premiadas internacionalmente. Autores destacados: Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ursula Heinze.

Outros aspectos de interese

  • Tradución: Crecente interese pola tradución de clásicos e contemporáneos (Harry Potter, O señor dos aneis, O código da Vinci), o que prestixia a lingua.
  • Novas tecnoloxías: Novos experimentos narrativos a través da rede, dixitalización de obras (Biblioteca Virtual Galega) e adaptación ao formato Ebook.
  • Cinema: Adaptacións de novelas galegas como A lingua das bolboretas, O lapis do carpinteiro e Trece badaladas.

Entradas relacionadas: