Evolución da Narrativa Galega: Décadas de 1980 e 1990

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 4,23 KB

Tras a morte de Franco (1972), a literatura galega entra nunha fase de readaptación similar á que se produce nas restantes esferas da vida colectiva. Os espazos de liberdade gañados permiten o impulso de novas publicacións en galego, así como a aparición de novas editoriais.

A Narrativa Galega Tras o Franquismo

A Narrativa dos Anos 80

É preciso destacar a obra de autores xa consagrados que seguen publicando novelas e relatos de relevancia significativa nas nosas letras. Entre eles destacan Xosé Luís Méndez Ferrín e Carlos Casares.

Autores Destacados

Méndez Ferrín publica nesta década libros de relatos como Crónica de nós, Amor de Artur, Arnoia Arnoia ou a novela Bretaña esmeraldina. Obras nas que se rexistran elementos e temáticas xa presentes en obras anteriores, como a denuncia. A fins dos 90 publicará a novela No ventre do silencio.

Carlos Casares publica en 1980 a obra Ilustrísima, tal vez a súa obra que acadou maior difusión. Relata de xeito lineal, cun narrador omnisciente, a intransixencia da igrexa diante da instalación. Xa en 1987 publica Os mortos daquel verán, ambientada na Guerra Civil. Posteriormente publicará Deus sentado nun sillón azul.

Incremento e Literatura Xuvenil

Na década dos 80, a nosa narrativa vai experimentar un notable incremento de obras publicadas. Préstase especial atención á literatura xuvenil; destacan Agustín Fernández Paz (As flores radioactivas) ou Xabier Docampo (O misterio das badaladas).

Xéneros e Temas nos 80

Narrativa Realista

Pode centrar a acción no mundo rural (Morrer en Castrelo de Miño, de Xosé Fernández Ferreiro) ou no espazo urbano (Froito das lembranzas, de Tucho Calvo).

Narrativa Histórica

Foi cultivada por algúns dos máis salientables narradores da nosa literatura: Xa vai o grifón no vento, de Alfredo Conde.

O Relato Policial

Crime en Compostela, de Carlos R. Reigosa.

Narrativa Memorialista

Destaca a publicación de A nosa, memorias dun neno burgués, de corte realista pero con elementos innovadores como o flash-back.

Narrativa Experimental

O afán por presentar unha fórmula narrativa está representado por Suso de Toro. A súa obra Polaroid (1986) pretende captar as contradicións e conflitos da sociedade moderna.

A Narrativa dos Anos 90

Consolidación e Novas Tendencias

Os anos 90 consolidarán o xénero [narrativo] ao tempo que seguen tendo moito vigor algúns dos xéneros precedentes (novela memorialista, histórica, experimental) e aparecen outros novos como a crónica ou o diario, que procuran un punto de encontro entre a narración literaria e o xornalismo.

Presenza de Narradoras

Dáse, así mesmo, e por primeira vez na nosa literatura, a presenza dun amplo número de narradoras.

Principais Tendencias nos 90

As diferentes tendencias que se observan na narrativa dos anos 90 son:

Persistencia da Novela Histórica

Ben como reconstrución dun pasado mítico ou ben dende perspectivas realistas. Pertencen a esta liña obras como Branca de Loboso, de Xesús Rábade Paredes.

Consolidación da Novela Policial

Dentro desta intriga detectivesca podemos situar as obras de Aníbal C. Malvar: Un home que xaceu aquí ou A man dereita.

Novela de Autor ou Experimental

Entre eles volve a aparecer Suso de Toro con obras como Tic-Tac ou Xurxo Borrazás (Criminal).

Narrativa Neocostumista

O seu máximo representante é Manuel Rivas. A Guerra Civil e a posguerra son tamén motivo central da súa obra narrativa, entre as que destacan: Os comedores de patacas; Ela, maldita alma; Que me queres, amor? ou O lapis do carpinteiro.

Narrativa de “Xénero”

Caracterizada por un punto de vista feminino/feminista que marca singularmente a súa obra. Aos nomes xa coñecidos como o de Mª Xosé Queizán (Amor de tango) veñen sumarse Marilar Aleixandre (A expedición do Pacífico).