Evolución da Narrativa Galega: Década de 1990 e Século XXI

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,52 KB

Características da Narrativa Galega Contemporánea

  • Consolidación de diferentes subxéneros: policial, histórico, etc.
  • Aparición de novas modalidades: crónica, diario, etc.
  • Presenza dun grande abanico de narradores.
  • Novos experimentos narrativos en relación coa aparición e difusión das tecnoloxías.
  • Gran diversidade nos rexistros estilísticos e lingüísticos.

2.1 A narrativa da década de 1990 e comezos do XXI

2.1.1 Persistencia da novela histórica

A novela histórica é unha das liñas máis cultivadas, tanto como unha forma de reconstrución dun pasado mítico, como dende unha perspectiva realista ou con evidentes intencións alegórico-ideolóxicas. Destacan os seguintes autores e obras:

  • Rábade Paredes: Branco de Loboso, As sombras do barroco, Mentres a herba medra.
  • Xoán Cabana: Morte de rei, Galván en Saor.
  • Fernández Ferreiro: Agosto do 36, Os últimos fuxidos, A fraga dos paxaros, A cidade das chuvias.
  • Anxo Angueira: Pensa nao, As armas delicadas, Expediente Artieda.

2.1.2 Continuidade da temática memorialística e intimista

Rexístranse un conxunto de narracións que inciden na denominada narrativa de iniciacións. Destacan:

  • Manuel Veiga: Lois e Helena buscándose nun día de tormenta.
  • Xosé Ramón Pena: A era de acuario, Fado de princesa e A batalla do paraíso triste.

2.1.3 Consolidación e espallamento da novela de xénero

Aparece un importante número de textos que se basearon na narrativa de corte policial:

  • Bieito Iglesias: Miss Ourense, Pan e coitelo.
  • Aníbal C. Malvar: Un home xaceu aquí, A man dereita, Unha noite con Carla.

No xénero de aventuras destaca:

  • Xosé Miranda: Morning Star.

2.1.4 Novela de autor

Xorde o evidencialismo. O tempo narrativo queda marcado pola ambigüidade, o fragmentarismo, a desacralización temática e o humor corrosivo. Autores destacados:

  • Xosé Cid Cabido: Días contados, Panificadora, Oralmente pola boca, Fálame sempre e Blúmsdei.
  • Carlos Navaza.
  • Xurxo Borrazás: Cabeza de chorlito, Criminal, Na maleta, Ser ou non.
  • Xosé Carlos Caneiro: Talvez melancolía, Ébora, Un xogo de apócrifos, Ámote e A vida de Madame Bovary.

2.1.5 Neocostumismo urbano ou semiurbano: a narrativa bravú

Procura centrar o seu interese na dialéctica establecida entre os xeitos dunha Galicia tradicional e as novas formas urbanas. O autor máis representativo é:

  • Manuel Rivas: Os comedores de patacas, En salvaxe compañía, Que me queres, amor?, O lapis do carpinteiro, Ela, maldita alma, As chamas perdidas, Os libros arden mal.

Entradas relacionadas: