Evolución da mortalidade infantil e o fenómeno dos expósitos no século XVIII
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,51 KB
Factores determinantes na mortalidade infantil do século XVIII
Estas baixas taxas de mortalidade de párvulos quizais teñan que ver cunha lactancia materna prolongada e tamén con recursos variados que puideran ter as familias no momento do destete para alimentar aos pequenos; isto era moi importante na época.
A redución da mortalidade a fins do século XVIII quizais teña máis que ver coa mellora das condicións de vida das familias que con avances médicos, que apenas existían.
Causas da mortalidade infantil
Normalmente diferéncianse entre:
- Causas endóxenas: problemas do parto, etc.
- Causas esóxenas: outro tipo de circunstancias.
O que se observa no século XVIII é que a redución afecta fundamentalmente ás causas esóxenas, aos pequenos que morren despois dunhas semanas de nacer, o que ten que ver máis ben con esa mellora das condicións de vida das familias da que falabamos.
A realidade dos nenos abandonados (expósitos)
Outro capítulo da mortalidade de pequenos é a mortalidade dos nenos abandonados (expósitos). O 90% deles morría antes dos 3 ou dos 7 anos. O abandono, sen pretender, na práctica levaba á súa morte. Houbo moita publicística na época sobre como mellorar esta situación.
O papel do Hospital Real
O Hospital Real foi fundado polos Reis Católicos, que decidiron crear un centro para peregrinos coa finalidade de proclamar o seu poder. Este hospital enseguida pasou a dedicarse a enfermos de Santiago e da comarca, e a expósitos, que debían permanecer uns días no hospital para ser alimentados antes de ser trasladados ao mundo rural, onde unha ama os criaba.
A solución era repartir aos expósitos polas aldeas, onde quedarían a cargo de amas de cría. De todos modos, había máis expósitos que os que entraban no hospital. O propio aumento demográfico provocou que houbese máis expósitos, pero tamén influíu o feito de que os hospitais facilitasen a exposición co obxectivo de salvar a vida de máis nenos.
Ata entrado o século XVIII, unha persoa que levase un neno ao hospicio podía ser sancionada. Isto aboliuse para garantir que a persoa que depositase ao pequeno non sufrise represalias nin se fixesen averiguacións acerca da súa orixe. Esta medida tomouse para evitar infanticidios, o que facilitou o incremento do número de expósitos.