Evolución da Literatura e o Teatro Galego: Do Século XX á Actualidade
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,73 KB
Nova Narrativa (NNG)
Definición: É un conxunto de textos (relatos ou novelas breves) que rompen coa estrutura e as técnicas da narrativa tradicional (introdución, nó, desenlace; tempo e espazo determinados; fío argumental con personaxes con distintos intereses; narrador omnisciente ou protagonista en 3ª ou 1ª persoa).
Características principais
- Experimentación cos narradores: Monólogo interior, estilo indirecto libre, obxectivismo (ollo cinematográfico) e técnica magnetofónica.
- Obxectalismo: Personaxes tratados coma obxectos, sen alma, en ocasións convertidos en insectos (metaforicamente ou con conciencia).
- Ruptura estrutural: Alteración da introdución, nó e desenlace, así como do tratamento de personaxes, tempo e espazo.
Autores e obras destacadas
- Xosé Luís Méndez Ferrín: O crepúsculo e as formigas, Arrabaldo do norte, Retorno a Tagen Ata (alegoría das tensións galeguistas) e Arraianos (misterio e terror na raia seca).
- Carlos Casares: Vento ferido e Ilustrísima (novela de estrutura clásica cunha visión pacifista).
- Outros autores: María Xosé Queizán (A orella no buraco), Camilo Gonsar (Cara a Times Square), Rodríguez Mourullo (Memoria de Tains) e Xohán Casal (O camiño de abaixo).
O Teatro do Primeiro Terzo do Século XX
O teatro é un xénero que require representación, orzamento e profesionais. Durante moito tempo, o teatro galego careceu dos medios necesarios para o seu desenvolvemento.
Irmandades da Fala e Xeración Nós
As Irmandades da Fala tentaron sintonizar co teatro europeo, afastándose do costumismo rural do século XIX. O teatro converteuse nun instrumento de difusión do ideario galeguista.
- Ramón Cabanillas: Destaca A man de Santiña (comedia de enredo) e o drama histórico O Mariscal (1926), sobre o mito de Pardo de Cela.
- Xeración Nós: Obras emblemáticas como Os vellos non deben de namorarse (1941) de Castelao, que fusiona raíces tradicionais con técnicas expresionistas e surrealistas.
- Rafael Dieste: Autor de A fiestra baldeira (1927), centrada no orgullo das raíces populares.
O Teatro Galego entre 1936 e 1976
A censura e a represión franquista marcaron este período, obrigando ao teatro a refuxiarse na emigración ou a adoptar formas de resistencia.
Autores e movementos
- Genaro Marinhas del Valle: Iniciador do teatro social con A revolta e outras farsas.
- Álvaro Cunqueiro: Autor de O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, considerada unha das obras cume da literatura galega do século XX.
- Xeración dos 50: Bernardino Graña, Manuel María e Xohana Torres, cunha fonda preocupación socio-política.
- Teatro Independente: Nacemento de grupos como Teatro Circo (Manuel Lourenzo), Antroido ou Artello.
- Grupo Abrente: Impulsores das Mostras Internacionais de Teatro de Ribadavia (1973-1980), clave para a profesionalización do sector.
A Literatura do Exilio (1936-1976)
A Guerra Civil provocou a fuxida de intelectuais a México, Arxentina e Uruguai, onde mantiveron viva a cultura galega.
Poesía e Narrativa no exilio
- Luís Seoane: Fardel de eisiliado (1952).
- Lorenzo Varela: Lonxe (1954).
- Emilio Pita: Jacobusland (1942).
- Narrativa: Ramón Valenzuela (Non agardei por ninguén), Silvio Santiago (Vilardevós) e Eduardo Blanco Amor (A esmorga, 1959).
O Galego a Finais do Século XX e Comezos do XXI
Coa democracia, iniciouse o proceso de normalización lingüística e a oficialización do idioma.
Situación sociolingüística
- Ensino e Administración: O galego é oficial e obrigatorio no ensino, aínda que con desigual penetración social.
- Transmisión: Aínda que nas cidades o uso é menor, en comarcas como a Mariña, Barbanza ou Costa da Morte a transmisión interxeracional mantense forte.
- Normativa: Tras a normativa ILG-RAG de 1982, o acordo de 2003 consolidou o estándar actual, eliminando certas formas e adaptando grupos cultos.