Evolución da Literatura e a Lingua Galega: Dende 1975 ata a Actualidade
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 9,03 KB
Xeración dos 90
A Xeración dos 90 disgrégase progresivamente en grupos poéticos á parte e en colectivos poéticos como Rompente ou Batallas literarias da Costa da Morte.
- Diferenza: O grupo é unha unión de poetas para publicar libros escritos a varias mans.
- Colectivos: Son unións de poetas para organizar recitais e festivais.
Exemplos destacados son Unicornio de cenorias que cabalgan os sábados ou Rousselz. Neste período destaca a aparición de moitas poetas mulleres como Chus Pato, Yolanda Castaño e Olga Novo.
Características comúns:
- Emprego de linguaxe directa e coloquial.
- Predomina o verso libre.
- Poesía do cotián.
- Temas variados e sexualidade explícita dende unha perspectiva feminina.
Narrativa Infantil e Xuvenil
A Narrativa Infantil e Xuvenil constitúe a base da industria cultural no eido editorial. Ten o seu auxe dende 1985, tras a implantación do ensino obrigatorio en galego. Un exemplo destacado é A banda sen futuro de Marilar Aleixandre.
Literatura: Poesía en Tres Fases
1. 1976 - 1980: Ruptura do socialrealismo
Representada pola Xeración das Festas Minadas, supón unha ruptura coa etapa da "longa noite de pedra". Destaca a publicación de Con pólbora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín (1976), que conxuga dúas vías:
- Continúa a reivindicación política do socialrealismo (marxismo-leninismo).
- Uso de recursos formais, estéticos e culturais moi referenciados a outras obras universais.
2. Xeración dos 80: Aparición de grupos poéticos
- Rompente (Vigo): Antón Reixa, Alberto Avendaño, Manuel Ramón. Publicación destacada: Silabario da turbina.
- Cravo Fondo (Santiago de Compostela): Ramiro Fonte, Xulio Valcárcel, Fiz Vergara.
- De amor e desamor (A Coruña): Lois Pereiro.
Características comúns:
- Culturalismo: Refírese a outras creacións artísticas universais.
- Temas predominantes: Sensualidade e sensitividade.
- Uso dunha linguaxe poética coidada.
- Diversidade formal: Variedade en métrica, estrofa e verso.
Narrativa: Características, Periodización e Temas
Na actualidade, o galego é unha lingua de cultura.
Características da Narrativa:
Coinciden autores de tres xeracións (Xeración Nós, Nova Narrativa Galega e a dos anos 80). Os poetas pasan a escribir narrativa e aparecen editoriais especializadas na narrativa comercial. Increméntanse as traducións ao galego e prodúcese un aumento de lectores grazas ao inicio do ensino en galego.
Periodización:
- 1975-1985: Galego obrigatorio no ensino público; predominio da novela longa.
- 1985-2000: Aséntase o sistema cultural e comeza a predominar o relato curto. Aséntase a novela de xénero.
- 2000 - Actualidade: Entrada con forza de autoras como Marilar Aleixandre, Teresa Moure ou Ledicia Costas.
Predominio de Subxéneros e Temas:
- Novela Negra: Crimes e a Guerra Civil.
- Diversidade total de temas, destacando as seguintes liñas:
- Novela Experimental: Polaroid de Suso de Toro.
- Realista: O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas.
- Fantasía e Realismo: Xa vai o Griffón no vento de Alfredo Conde.
- Novela Negra: Crime en Compostela de Carlos Reigosa.
Contexto da Literatura dende 1975
Contexto Político:
- Mundial: Fin da Guerra Fría coa vitoria do bloque occidental (capitalista), dando paso a un mundo globalizado.
- España: Fin do franquismo e aprobación da Constitución de 1978, establecendo unha monarquía constitucionalista e un estado de autonomías.
- Galicia: Convértese en comunidade autónoma co Estatuto de Autonomía de 1981, recoñecida como nacionalidade histórica. Apróbase a Lei de Normalización Lingüística (1983).
Contexto Social:
- Europa: Reivindicacións sociais como o feminismo, a liberdade sexual e o apoio ás culturas minoritarias.
- Galicia: Inicio de reivindicacións obreiras (Vigo e Ferrol). Acentúase a diglosia, aínda que se inicia a escolarización en galego.
Contexto Cultural:
- Occidente: Predominio do posmodernismo.
- Galicia: Nacemento de novas canles de transmisión como a TVG, Radio Galega, xornais (Nós Diario) e diversas editoriais. Creación dun sistema cultural galego con premios específicos.
- Situación actual: No 2010, apróbase o Decreto do Plurilingüismo, establecendo na escola pública unha igualdade de uso de tres linguas (33% galego, castelán e inglés).
Variedades Lingüísticas
1. Conceptos fundamentais:
- Concepto de lingua: É un modelo político e abstracto.
- Concepto de dialecto: É a realidade, a variedade lingüística concreta.
Os 4 tipos de variedades lingüísticas:
- Diacrónicas: Cambian co paso do tempo.
- Diatópicas: Varían segundo o lugar xeográfico.
- Diastráticas: Varían segundo a clase social.
- Diafásicas: Varían segundo a situación comunicativa (formal ou informal).
2. Variación Diatópica (Xeográfica):
O galego divídese en tres bloques lingüísticos principais. Un dos trazos para diferencialos é a formación do plural dos substantivos masculinos rematados en -n (como can):
- Bloque Occidental: O plural remata en -óns (Ex: cáns / caóns).
- Bloque Central: O plural remata en -os (Ex: caos).
- Bloque Oriental: O plural remata en -ois (Ex: cois).
A lingua varía en tres niveis: léxico (palabras distintas), fónico (pronuncia) e morfosintáctico (morfoloxía e estrutura).
3. Variedades Diastráticas (Sociais):
Varían segundo a clase social do falante e están moi ligadas ao prestixio social.
4. Variedades Diafásicas:
O rexistro lingüístico é o cambio que fai o falante para lograr a adecuación á situación comunicativa. Existen tres rexistros principais: formal, coloquial e vulgar. A situación comunicativa depende de:
- O tema do que se fala.
- O lugar onde se produce a comunicación.
- Os interlocutores e a relación que hai entre eles.
5. A Variedade Estándar e a Estandarización do Galego
A variedade estándar é o resultado do proceso de estandarización (dentro da normativización). A súa finalidade é servir como unha variedade común para todos os falantes.
Formas de elaboración do estándar:
- Escoller a variedade diatópica (ou dialecto) con maior prestixio social.
- Escoller trazos de todas as variedades para crear unha común.
Criterios de elección en caso de conflito:
- Maior extensión xeográfica e demográfica.
- Maior presenza na tradición literaria.
- Harmonización con outras linguas da mesma familia romance.
6. Literatura: Poesía (Finais do S. XX e S. XXI)
Nesta etapa destaca a unión de poetas para organizar recitais e festivais. Un exemplo é o colectivo Bouba coa obra "Unicornio de cenorias que cabalga os sábados".
Aparición de moitas poetisas:
Destacan autoras como Chus Pato e Yolanda Castaño. As características principais da poesía dos 90 inclúen:
- Emprego dunha linguaxe directa e coloquial.
- Predominio do verso libre.
- Poesía do cotián e feísmo.
- Temas moi variados e sexualidade explícita desde unha perspectiva feminina.
Poesía do Século XXI:
- Continúa coa tendencia anterior.
- Uso de novos medios de comunicación (contorno dixital, redes sociais, etc.).