Evolución da Literatura Galega no Século XIX: Do Rexurdimento ao Pensamento Galeguista

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,15 KB

A literatura galega entre 1800 e 1833

Nos primeiros anos do século houbo unha grande axitación política e social motivada pola invasión francesa e polas loitas entre os absolutistas e os liberais. Esta situación favoreceu a aparición dunha literatura de circunstancias de carácter propagandístico ou de intención didáctica.

Século XIX: Estado Crítico

  • Os primeiros anos (1808 – 1838): As tropas napoleónicas entran en territorio español coa desculpa de tomar Portugal; comeza unha sublevación popular e a Guerra de Independencia, que remata en 1814.
  • Prerrexurdimento (1833 – 1863): Publicación de obras antes de 1863, ano da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
  • Rexurdimento Pleno (1863 – 1888): Coincidencia dos tres grandes escritores: Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. A eclosión do movemento sitúase en 1861 cos Xogos Florais na Coruña e a publicación do Álbum de la Caridad.
  • Período finisecular (1888 - 1916): Xorden as Irmandades da Fala.

A situación da lingua

Ao longo do século XIX consolidáronse dúas tendencias. Por un lado, o castelán afianzouse como lingua das elites e da administración. Por outro, intensificáronse os prexuízos contra o galego. Os factores de castelanización foron:

  • A escola pública: Coa Ley de Moyano, o castelán convértese na lingua única da formación.
  • O aparato administrativo: Uso exclusivo do castelán en ámbitos sociais e oficiais.
  • A prensa: Notable desenvolvemento de publicacións en castelán.
  • A emigración: O retorno de emigrantes de países de fala hispana intensificou o uso do castelán.

A pesar da castelanización, o galego seguiu sendo a lingua maioritaria da poboación, iniciándose un movemento de reivindicación política e social impulsado pola elite culta.

Desenvolvemento do pensamento galeguista

A mediados do século XIX xorde o galeguismo, un movemento ideolóxico que reivindica a identidade galega. As súas tendencias foron:

  • O provincialismo: Defendeu a unidade administrativa de Galicia. Destaca a figura de Antolín Faraldo e o levantamento de 1846 (mártires de Carral).
  • O federalismo: Vinculado ao republicanismo, concibía Galicia como un cantón.
  • O rexionalismo: Fase de maior definición teórica con Alfredo Brañas (tradicionalista) e Manuel Murguía (liberal).
  • O nacionalismo: Iniciado en 1916 coas Irmandades da Fala, reclamaba autonomía integral e a cooficialidade do galego.

O Rexurdimento: Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez

O Rexurdimento é o movemento de recuperación da lingua e cultura galegas. Os seus obxectivos foron a dignificación do galego, a creación dun modelo culto de lingua e a recuperación da historia de Galicia.

Rosalía de Castro

Figura central que cultivou poesía, narrativa e ensaio. A súa obra divídese en tres etapas: a inicial en castelán, a etapa de Cantares gallegos e Follas novas (en galego), e a final con En las orillas del Sar (castelán).

  • Cantares gallegos (1863): Obra fundacional que dignifica a lingua e denuncia a marxinación dos labregos e emigrantes.
  • Follas novas: Innovación temática que explora problemas humanos universais e a angustia existencial (a "negra sombra").

Manuel Curros Enríquez

Poeta cívico e progresista. A súa obra Aires da miña terra (1880) provocou un gran escándalo pola súa crítica anticlerical. Destaca tamén O divino sainete, unha parodia da Divina Comedia de Dante, utilizada como arma satírica contra a Igrexa e os sectores reaccionarios.

Entradas relacionadas: