Evolución da Literatura Galega: Poesía, Prosa e Teatro (1936-1975)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,94 KB

Poesía entre 1936 e 1975

Na xeración do 36 atópanse os poetas nados entre 1910 e 1920, con estilos e culturas moi diferentes; destaca, entre outros, Celso Emilio Ferreiro.

Na promoción de enlace, atópanse os nados entre 1920 e 1930, que viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural. Os poetas das “Festas Minervais” son os nados entre 1930 e 1940, destacando Uxío Novoneyra, Méndez Ferrín e Manuel María.

Autores destacados

  • Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra (1962), obra metafórica sobre a ditadura franquista. A súa obra divídese en: intimista (nostalxia da infancia e poemas a Moraima), satírica (lembra as cantigas de escarnio medievais) e socialrealista (guerra civil, explotación e ameaza nuclear).
  • Uxío Novoneyra: Tempo de elexía. Poesía paisaxística e persoal, contemplada dende unha perspectiva mística e fusionada coa natureza do Courel.
  • Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias (1976). Supón un camiño novo na literatura galega, combinando poesía revolucionaria, lirismo intimista e luxo estético.
  • Manuel María: Advento (1954). Autor prolífico con temas como o amor, a morte, a historia e o mundo animal.

A Prosa entre 1936 e 1975

Dende 1936, a literatura galega sofre un parón e a actividade literaria desprázase a Latinoamérica debido ao exilio. Carballo Calero é o autor da primeira novela de posguerra: A xente da Barreira.

Principais renovadores da prosa

  • Álvaro Cunqueiro: Merlín e familia. Mestura realismo e fantasía, predominando a oralidade e unha estrutura de relatos sucesivos.
  • Ánxel Fole: A lus do candil, Terra brava. Ambientadas nas montañas luguesas, empregan a técnica dos contos populares.
  • Eduardo Blanco Amor: A esmorga (protagonismo compartido e voz do acusado) e Xente ao lonxe (radiografía social de Ourense).
  • Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego, o libro máis lido da literatura galega, que retrata a emigración e a vida campesiña.

A Nova Narrativa Galega

O corpus da Nova Narrativa Galega ocupa unhas vinte obras publicadas entre 1954 e 1971.

Características principais

  • Temáticas: Abandono do antropocentrismo, ambientes urbanos, mestura de realidade e fantasía, presenza do sexo.
  • Formais: Monólogo interior, distorsión temporal e pluralidade de voces narrativas.

Destacan Xosé Luís Méndez Ferrín (con obras como O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo do norte) e Carlos Casares (Cambio en tres).

O Teatro Galego (1936-1975)

O teatro sobrevive grazas ao labor do exilio (Castelao con Os vellos non deben namorarse). Entre 1950 e 1965, o teatro está dirixido a unha minoría intelectual. Destacan Álvaro Cunqueiro (O incerto señor don Hamlet) e Ricardo Carballo Calero (Catro pezas).

Grupos e autores clave

  • O Facho: Grupo dirixido por Manuel Lourenzo.
  • Mostras de Teatro de Ribadavia: Iniciadas en 1973.
  • Euloxio Rodríguez Ruibal: Teatro experimental e comprometido.
  • Manuel Lourenzo: Figura prolífica con ciclos míticos, históricos e experimentais.
  • Roberto Vidal Bolaño: Autor de textos simbólicos e visión pesimista da vida.

Entradas relacionadas: