Evolución da Literatura Galega e Normalización Lingüística

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,86 KB

Evolución da Literatura Galega Contemporánea

A partir da década dos 70 comezaremos a atopar múltiples tendencias: novela policíaca, negra, histórica, xénero erótico, tendencia artúrica, cunqueirismo, intimista, feminina, humorística, aventuras, misterio, realistas, ficción e bravú.

Podemos clasificar aos autores segundo a súa data de nacemento:

Década 30-40

  • Xosé Fernández Ferreiro: Reportaxe cómico, Agosto de 1936
  • Xavier Alcalá: Fábula, Tertulia
  • Alfredo Conde: Mementos de vivos, Breixo, Sempre me mata

Década 40-50

  • Suso de Toro: Tic-tac, Círculo
  • Manuel Rivas: Un millón de vacas, O lapis do carpinteiro
  • Víctor Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, O enxoval da noiva

Década 50-60

  • Xosé Carlos Caneiro: Triloxía dos tristes, Amote
  • Antón Riveiro Coello: A máquina contacontos, Homónima
  • Santiago Jaureguízar: Todo a cen, As horas sucias
  • Teresa Moure: Herba Moura
  • Xosé Vázquez Pintor: Mar de bronce, Para dicir abril
  • María Reimóndez: O caderno de bitácora, Usha

O Marco Político e a Situación Sociolingüística en Galicia

O marco político galego mudou coa chegada da democracia. O novo réxime político permitiu a consolidación de comunidades autónomas rexidas por cadanseu Estatuto de Autonomía. No de Galicia recóllese o galego como lingua oficial.

Aínda que nos últimos tempos se teñen dado avances na situación do galego, atópanse os indicadores sociolingüísticos negativos. O indicador negativo máis importante é o proceso de perda de falantes da lingua galega a prol do castelán.

Factores de Recuperación e Desafíos

Hai factores que indican un avance na súa recuperación: o galego incrementou a súa presenza na vida pública, a entrada do galego na educación e incrementouse o emprego nos medios de comunicación. A pesar de todo, estes factores non conseguen superar a importancia dos negativos.

En canto á competencia lingüística en galego, a maioría da poboación entende e é capaz de falar galego, mentres que a porcentaxe de persoas que non son capaces de ler e escribir en galego baixa. Na utilización de galego ou castelán segue predominando este último.

En definitiva, pese á mellora dos marcos legais e institucionais, a lingua galega dista de ser unha lingua totalmente normalizada. O galego avanza lentamente nos ámbitos cultos e formas, pero retrocede alí onde se mantivo sempre, como no mundo rural.

Entradas relacionadas: