Evolución da Literatura Galega: Do Século XX á Actualidade

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,66 KB

A consolidación da literatura galega nos anos 90

Os anos 90 constitúen a etapa de consolidación definitiva do sistema literario galego, fundamentada pola normalización lingüística e a estabilización editorial. O gran salto deste período foi o auxe da literatura infantil e xuvenil que, xunto coa masiva incorporación das mulleres á autoría, renovou profundamente o panorama literario. Esta madurez permitiu aos autores diversificar os seus xéneros e rexistros, convertendo a nosa literatura nun sistema moderno, variado e integrado na realidade social da época.

A prosa dos anos 80: Normalización e desenvolvemento

A prosa dos anos 80 desenvólvese nun contexto de normalización lingüística tras a chegada da democracia, favorecida pola escolarización en galego, o incremento do número de lectores, o impulso das editoriais e a creación de premios literarios. Este proceso deu lugar a un notable desenvolvemento da narrativa, coa consolidación da novela como xénero predominante e a diversificación de técnicas e modelos narrativos.

A Nova Narrativa Galega (NNG)

Este fragmento encádrase na NNG, movemento que supón unha etapa de cambio e renovación da narrativa en Galicia entre 1954 e 1971. Os autores, marcados pola posguerra e a ditadura franquista, ofrecen unha visión crítica da realidade social do seu tempo. Nas súas obras aparecen conflitos, desigualdades sociais e unha sensación de deshumanización. Autores destacados:

  • Xosé Luís Méndez Ferrín
  • María Xosé Queizán (A orella no buraco)
  • Carlos Casares (Vento ferido)

A literatura galega no século XXI

A prosa galega do século XXI é xa un sistema consolidado e con proxección internacional. O contexto está marcado polo uso das novas tecnoloxías e internet, que modificaron a forma de ler e publicar. Ademais, é unha etapa de diálogo entre xeracións e apertura a correntes de todo o mundo. En resumo, vivimos un momento de gran variedade e movemento, no que a literatura galega xa non busca sobrevivir, senón conectar co lector actual. Exemplo: Circe ou o pracer do azul, de Begoña Camaño.

A narrativa de posguerra e os renovadores

O fragmento pertence á narrativa galega de posguerra, concretamente á produción dos renovadores da prosa. Tras a Guerra Civil, a literatura galega estivo condicionada pola censura, o que levou a moitos autores a centrarse no mundo rural, recuperando a tradición oral e empregando unha lingua próxima á fala popular. Esta narrativa combina tradición e renovación, ofrecendo unha visión significativa da realidade galega do seu tempo. Autores clave: Álvaro Cunqueiro e Axel Fole.

Orixes da narrativa moderna: O Grupo Nós

No primeiro terzo do século XX (1916-1936), a prosa en galego experimenta un desenvolvemento importante grazas, en primeiro lugar, ao labor das Irmandades da Fala (1916), que crearon editoriais (Lar, Nós) e impulsaron o cultivo de xéneros pouco desenvolvidos ata o momento e o uso do galego na prensa.

Sen dúbida, os autores máis destacados son os do Grupo Nós, formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas, aos que logo se uniron Castelao e Antón Losada Diéguez, entre outros. O seu nome vén dado polo título da revista que empezaron a publicar en 1920. Todos eles son cultos, universitarios e participan en todas as actividades galeguistas. Eles son os creadores da moderna narrativa galega, iniciadores do ensaio galego e introdutores das correntes europeas.

Entradas relacionadas: