Evolución da Literatura Galega dende 1975 ata a Actualidade

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,87 KB

A Literatura Galega dende 1975: Contexto e Normalización

A literatura galega de 1975 comeza tras o fin da ditadura franquista. Despois disto, tómanse medidas para mellorar a situación da lingua, como a aprobación da Constitución Española (1978), o Estatuto de Autonomía galego (1981), a Lei de Normalización Lingüística (1983) e a creación da Radio Galega e a TVG (1984). En consecuencia, conseguiuse normalizar o uso do galego en textos literarios e o aumento de editoriais (Xerais, Ir Indo, Sotelo Blanco), o que axudou á profesionalización dos autores creando asociacións (AELG e GALIX).

A Narrativa: Evolución e Tendencias

En canto ás características da narrativa, sufriu un incremento de publicacións, diversificación das súas temáticas e xéneros, e o cambio do realismo ao experimentalismo. As tendencias e obras máis destacadas foron:

  • Narrativa histórica: O triángulo inscrito na circunferencia (Víctor Freixanes).
  • Narrativa policial ou negra: Crime en Compostela (Carlos Reigosa).
  • Narrativa fantástica: Galván en Saor (Darío Xohán Cabana).
  • Narrativa urbana ou experimental: Tic-Tac e Polaroid (Suso de Toro).
  • Narrativa infantil e xuvenil: O centro do labirinto (Agustín Fernández Paz), Cando petan pola noite (Xabier Docampo) e Mutacións xenéticas (Fina Casalderey).

Autores destacados da narrativa

Os autores da narrativa máis destacados desta época foron:

  • Carlos Casares: Pola súa renovación formal coa obra Vento ferido e o realismo tradicional con Ilustrísima.
  • Suso de Toro: Coa narrativa experimental e a influencia da cultura urbana en obras coma Polaroid e Tic-Tac.
  • Manuel Rivas: Coa mestura da realidade coa fantasía e a linguaxe lírica e humorística en obras coma O lapis do carpinteiro e Que me queres, amor?

Poesía, Teatro e Ensaio

Seguindo coas características da poesía dos 80, dábaselle importancia á perfección formal e tratábanse temas como o amor, a sensualidade, o paso do tempo e a morte. Os grupos máis importantes foron Rompente e Cravo Fondo. Os poetas máis destacados foron:

  • Xela Arias: Denuncia do equilibrio, Tigres coma cabalos.
  • Luis Pereira: Coa influencia do “rock” e do “punk”.
  • Luisa Villalta: Con temas coma a música e o compromiso social.

O teatro tamén se profesionalizou grazas á creación da Escola Dramática Galega e do Centro Dramático Galego. Os autores fundamentais foron Miguel Anxo Muro e Cándido Pazó.

O ensaio tiña unha maior liberdade temática e a influencia do ámbito universitario. Os subtemas máis comúns eran a política, o socioeconómico, o económico e o feminista.

A Literatura Actual: Novas Tecnoloxías e Temáticas

Para finalizar, na literatura actual atopamos un aumento de escritores e presenza de mulleres. O uso de Internet e das novas tecnoloxías permitiu crear a literatura dixital (blogs, videopoesía, e-books). Os temas da narrativa son a memoria histórica, o feminismo, o ecoloxismo, a saúde mental e a precariedade laboral.

  • Narrativa: Ledicia Costas (Infamia), Berta Dávila (Carrusel) e Pedro Feijoo (Un lume azul).
  • Poesía: Olga Novo (Feliz idade) e Ismael Ramos (Fillos da fame).
  • Teatro: Paula Carballeira (Corazón florecido) e Raúl Dans (Mantis).

Entradas relacionadas: