Evolución Artística y Etapas Creativas de Francisco de Goya
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en
con un tamaño de 2,75 KB
Francisco de Goya: Trayectoria y Evolución Artística
Francisco de Goya (1746-1828) naceu en Fuendetodos (Zaragoza). Formouse como pintor barroco serodio e do Rococó, pero posteriormente evolucionou cara a outros estilos. Por iso, distinguimos varias etapas:
1. Inicios y formación (1763-1774)
Dende 1763 a 1774 proba sorte en Madrid en concursos da Academia de Bellas Artes de San Fernando, sen éxito. Nesta época pinta cadros relixiosos en Zaragoza e tamén viaxa a Italia.
2. El ascenso en la Corte (1774-1789)
Cásase con Josefa Bayeu, irmá de Francisco Bayeu, aragonés e importante pintor con presenza na Corte. O ascenso de Goya na Corte prodúcese cando comeza a traballar na Real Fábrica de Tapices, pintando cartóns. Destaca como pintor costumista cun estilo de influencia Rococó, onde pintou o ambiente, os tipos, as paisaxes e as escenas cotiás das clases populares cunha visión alegre e optimista. En 1780 é nomeado académico da Real Academia de Bellas Artes.
3. Pintor de Cámara (1789)
En 1789 convértese en pintor de cámara de Carlos IV, cargo que seguirá ostentando con José Bonaparte e con Fernando VII. Nestes anos frecuenta ambientes aristócratas, escritores, ilustrados e xentes do teatro, para os que fai numerosos retratos.
4. Primera crisis y madurez (1792-1808)
En 1792 sofre unha enfermidade que lle deixa como consecuencia a xordeira. Goya comeza a illarse do mundo e a concentrarse en si mesmo. O cambio de século constitúe en Goya un momento de crise, xa que vive a contradición de seguir mantendo a súa brillante posición na Corte mentres conserva a simpatía e amizade polos liberais e reformistas. É o momento no que realiza Os caprichos, bo exemplo desta contradición.
5. La Guerra de la Independencia (1808-1814)
A Guerra da Independencia (Desastres da guerra) e a posterior volta de Fernando VII non comprometen a situación material de Goya, pero levan ao seu extremo a crise espiritual do pintor debido ao impacto da guerra e a decepción polo retorno do absolutismo. Nos encargos oficiais pinta as consecuencias da contenda: A carga dos mamelucos, Os fusilamentos do 3 de maio... Consolídase un estilo romántico.
6. La Quinta del Sordo (1819-1823)
Segunda gran crise. Unha nova enfermidade agrava o seu illamento. Reclúese na “Quinta do Xordo”, onde fai a súa obra máis dramática: Pinturas negras e Disparates. É considerado precursor das vangardas contemporáneas (expresionismo...).
7. Exilio y últimos años (1823-1828)
Emigra a Burdeos, regresando a España só para breves estancias. En 1828 morre en Burdeos aos 82 anos.