Europa no século XV e a monarquía dos Reis Católicos

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,18 KB

1. A Europa do século XV

1.1. O crecemento demográfico

Houbo un crecemento continuo da poboación xa que desapareceron as grandes epidemias do século anterior e a recuperación dos campos e dos cultivos. Aumento da produción agrícola impulsada por unha maior demanda. As rutas mariñas do mar Mediterráneo, do mar do Norte e do mar Báltico volveron retomar a súa actividade. O desenvolvemento do comercio tivo como consecuencia o aumento da produción artesá e o crecemento das cidades que eran portos importantes ou centros comerciais. Necesitouse a moeda para os intercambios e isto estimulou a explotación das minas de prata na Europa central e a busca dunha ruta marítima que os conducise ata o ouro do Sudán.

1.2. O ascenso da burguesía

Acumulación de grandes beneficios en mans da burguesía consecuente do crecemento do comercio e das actividades manufactureiras. Os familiares de comerciantes e banqueiros enriquecéronse enormemente, como os Médicis de Florencia. O poder económico da burguesía baseábase na posesión de capital que investía en actividades produtivas. Xurdiron as empresas capitalistas e iniciouse o capitalismo comercial que se desenvolveu nas cidades vinculadas ás rutas do comercio marítimo.

1.3. O fortalecemento da monarquía

Consolidouse un novo modelo de organización do poder: a monarquía autoritaria. Os reis impoñían a súa autoridade sobre todos os seus súbditos.

2. A monarquía dos Reis Católicos

2.1. A unión de Castela e Aragón

En 1469 uníronse en matrimonio o príncipe Fernando, fillo de Xoán, rei de Aragón, e a princesa Isabel, irmá de Henrique IV, rei de Castela. En 1479 Fernando converteuse en rei da Coroa de Aragón. Tamén en 1479 Isabel impúxose como raíña de Castela logo dunha guerra civil. A unión dos dous reinos foi unha unión dinástica, os dous territorios mantiveron as súas propias fronteiras, a súa moeda, as súas leis, as súas institucións e o seu sistema fiscal. Uníaos unha mesma Coroa e a miúdo reuniron as súas forzas para afrontar empresas militares. Os Reis Católicos actuaron sempre conxuntamente en nome dos seus dous reinos.

2.2. A expansión territorial

Os Reis Católicos pretenderon unir o resto dos territorios peninsulares baixo a súa coroa. Levaron a cabo a seguinte política de expansión territorial:

  • Conquistaron o reino nazarí de Granada.
  • O reino de Navarra que se aliara con Francia, foi invadido por un exército castelán.
  • Os Reis Católicos desenvolveron unha política de enlaces matrimoniais con Portugal. Felipe II herdou o reino de Portugal e incorporouno á coroa.

2.3. A política exterior

Os Reis Católicos desenvolveron un importante papel na política europea e orientárona en dúas direccións:

  • A primeira orientábase cara o Mediterráneo. Conquistouse o reino de Nápoles despois dunha guerra contra Francia. Tamén se ocuparon diferentes prazas do Norte de África co obxectivo de frear os berberiscos, deste xeito conquistaron o porto de Melilla, Orán e Buxía.
  • A segunda dirección orientábase cara o Atlántico. Conquistáronse as illas Canarias.

Entradas relacionadas: