Etapas de la obra poética de Ramón Cabanillas: del agrarismo al mito artúrico

Otras lenguas extranjeras2,42 KB

Pódense distinguir catro etapas na súa obra:

Etapa pregaleguista ou agrarista (1910-1915)

Correspóndese coas obras No desterro (1913) e Vento Mareiro (1915), de forma e temática do Rexurdimento (Rosalía e Curros), e introduce procedementos métricos e estilísticos do modernismo. Nos dous libros altérnanse poemas de carácter intimista, costumista e agrarista.

Os poemas nos que mostra a súa solidariedade cos labregos na súa loita pola redención dos foros son os máis coñecidos. Poemas como "Acción Gallega" ou "A Basilio Álvarez" chegan a ser verdadeiros símbolos populares e converten a Cabanillas no herdeiro de Curros.

Etapa galeguista (1916-1920)

O libro máis representativo desta etapa é Da terra asoballada (1917). Pon a súa poesía ao servizo das ideas das Irmandades da Fala. Convértese no poeta civil de Galicia, "Poeta da Raza", e fai un chamamento aos galegos para recuperar o seu orgullo nacional.

Agora a oposición xa non é cacique/labrego, senón Galicia/Castela.

Etapa mítico-saudosista (1921-1930)

Influenciado por Pondal, empéñase agora na reconstrución mítica do pasado, desde unha perspectiva saudosista. Intenta mostrar aos lectores as grandes lecciones do pasado como única maneira de facerse donos do seu futuro.

Con esta intención escribe os tres poemas longos narrativos: "A espada Escalibor", "O cabaleiro do Sant-Grial" e "O sono do rei Artur", que compoñen o libro Na noite estrelecida (1926), no que actualiza a materia de Bretaña, galeguizándoa e adaptándoa para conseguir unha mensaxe nacionalista.

Nesta etapa tamén publica: O bendito San Amaro (1925) e Breviario dun amor (1927).

Etapa de posguerra (1950-1959)

Despois de dúas décadas sen escribir, publica Antífona da cantiga (1950), recompilación de cantigas populares, e Versos de alleas terras e tempos idos (1955), traducións e adaptacións de poetas gregos, ingleses e alemáns. Nos seguintes anos publica dous poemas orixinais: Da miña zanfona (1954) e Samos (1958).

Outros poetas

Outros poetas son: Gonzalo López Abente: Alento da raza, Nemanco, Do outono; e Victoriano Taibo: Abrente.

Descargar

PDF Word HTML