Estudo dos fondos mariños: dorsais e relevo oceánico

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geología

Escrito el en con un tamaño de 2,3 KB

Estudo dos fondos mariños

Nos anos 20 do século XX, críase que o fondo oceánico era plano, formado por grandes chairas cubertas de sedimentos. Tras a Segunda Guerra Mundial, e por razóns militares, desenvolveuse unha nova ciencia, a oceanografía, para estudar os fondos mariños.

Coa axuda de buques oceanográficos equipados con sonar, recolléronse datos que permitiron elaborar mapas dos fondos mariños. Revelouse así que estes fondos tiñan:

  • Profundas depresións (fosas oceánicas).
  • Grandes cadeas montañosas (dorsais oceánicas).
  • Extensas chairas.

No medio do océano Atlántico existía unha enorme cadea montañosa que se estendía ao longo de todo o océano, paralela e simetricamente ás súas costas, que se levantaba máis de 2.000 m sobre o fondo do mar. Outras cordilleiras oceánicas foron descubertas no Pacífico e no océano Índico. Ademais, descubriuse que os fondos oceánicos eran moi novos: non se atoparon rochas de máis de 180 millóns de anos (a Terra orixinouse fai 4.500 millóns de anos) e están formados por materiais volcánicos.

Mapa dos fondos oceánicos

O fondo oceánico comezouse a cartografiar durante os anos 50 e 60 do século XX. Grazas a iso, descubriuse a existencia de longas dorsais e de profundas fosas oceánicas.

Dorsais oceánicas

As dorsais oceánicas son cordilleiras submariñas que percorren de forma continua os fondos oceánicos. Teñen unha altura media de ata 3.000 m sobre o fondo oceánico, unha anchura que pode acadar os 2.000 m e unha lonxitude de máis de 60.000 km.

Diferéncianse das cordilleiras continentais en que:

  • Están formadas por material volcánico.
  • Presentan unha profunda depresión central, chamada rift ou eixo da dorsal, por onde sae o magma.

As dorsais están atravesadas, de treito en treito, por fracturas ou fallas transversais respecto ao eixo da dorsal, denominadas fallas transformantes, cuxo movemento despraza o rift a un e outro lado da falla. Deste xeito, o eixo da dorsal non é continuo, senón que presenta un aspecto de zig-zag. Nalgúns puntos, as dorsais emerxen das augas e orixinan illas como as Azores, Cabo Verde ou Islandia.

Entradas relacionadas: