Estratexias de Xestión da Calidade e Publicidade
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,98 KB
Xestión da Calidade e Estratexias de Publicidade
A xestión da calidade consiste no establecemento dun conxunto de normas e procedementos, asumidos por toda a organización, destinados a articular o seu funcionamento, co obxectivo de mellorar a satisfacción e expectativas das persoas ás que serve.
Procesos na Xestión da Calidade
Procesos estratéxicos: son aqueles que definen, soportan e despregan as estratexias da entidade. Ex: xestión de recursos humanos, documentación, prevención de riscos…
Procesos clave: engloban o conxunto de actuacións destinadas a alcanzar o obxectivo fundamental. Ex: se se trata dun centro asistencial, comprenderán os procesos de acollida, as actividades e servizos ofertados, colaboración coa familia… Estes procesos adoitan ser os que teñen maior impacto na opinión das persoas usuarias e as súas familias.
Procesos de apoio: son os que facilitan o control e a mellora da xestión e serven de soporte aos procesos clave. Ex: xestión administrativa, mantemento, limpeza.
Documentos Clave
Carta de servizos: é un documento no que a institución informa e comprométese de maneira pública en relación coa calidade e o servizo ofertado.
Indicadores de calidade: son uns ítems facilmente identificables, pero significativos, para medir de maneira fiable a calidade dos diferentes aspectos e procedementos.
Tipos de Publicidade
Publicidade Comercial
É unha actividade con ánimo de lucro para a empresa anunciante, que ten como finalidade provocar a compra do conxunto dos produtos e servizos por parte das persoas ás que se dirixe. É a forma máis manifesta da publicidade, pois constantemente recibimos impactos publicitarios e estes adoitan condicionar a toma de decisións nas nosas accións de consumo.
Publicidade Social
É unha actividade, xeralmente sen ánimo de lucro, que ten como finalidade concienciar, educar, sensibilizar ou provocar un cambio de actitude nas persoas sobre determinados temas. Desde esta promóvense valores como a xustiza, tolerancia, solidariedade, cooperación… Pode ser de dous tipos:
- Publicidade institucional: realizada por organizacións públicas e ten como finalidade informar á cidadanía dos seus dereitos e servizos que a administración ten á súa disposición.
- Publicidade das organizacións non gobernamentais: lévana a cabo co obxectivo de informar e concienciar á cidadanía respecto ás realidades sociais inxustas.
Publicidade Política
Ten como finalidade informar sobre os proxectos dun grupo político para conseguir o apoio e votos dos electores. Este tipo de publicidade é moi cercana á propaganda, incluso ás veces, o seu límite confúndese.
Publicidade Non Sexista
Busca actualizar os roles de xénero, evitar que o produto sexa exclusivamente para home/muller, utilizar actores e actrices, voz en off e linguaxe para ambos sexos, representar ás mulleres como persoas activas con obxectivos propios visibilizando a súa aportación, mostrar ás mulleres capaces de controlar as súas emocións sen asocialas a signos de inestabilidade mental, representar o corpo de forma saudable non seguindo os estándares de beleza, non utilizar ás mulleres como obxecto de desexo e reclamo, evitar famosos, avanzar na representación da diversidade funcional, formar aos publicitarios en materia de perspectiva de xénero.
Difusión Publicitaria
Materiais Impresos
Carteis: captan a atención en lugares de movemento.
Folletos: distribución manual ou en algún punto, máis fácil e económica.
Pancartas: son moi útiles para dar a coñecer un evento ou proxecto como información ou recordatorio, en puntos estratéxicos.
Anuncios en prensa: revistas, prensa, periódicos.
Materiais Audiovisuais
Radio: difusión de mensaxe moi ampla, micropropagandas, consultorios, podcast, programas patrocinados, palabras e ráfagas.
Televisión: maior impacto, spot, patrocinio, sobreimpresión.
Tecnoloxías da Información e Comunicación: páxinas web, redes sociais especificando cales, banners, layers…
Outros Soportes
Partes traseiras de bus, chapas, pegatinas, marcadores…
Modelo AIDA
Modelo baseado na aprendizaxe: sosteñen que as persoas pasan por unha sucesión de etapas ata que deciden adquirir ou non un produto. Este é o máis utilizado e o que nos permite ver con maior claridade esta sucesión de 4 fases (busca basearse no comportamento do consumidor coa finalidade de descubrir o que pensa, necesita e desexa). A idea é reducir o tempo e a fricción no proceso de compra.
- Captar a atención
- Despertar o interese
- Provocar o desexo
- Inducir á acción ou compra do produto
Mecanismos de Difusión Dixital
- Difusión a través da propia páxina web ou en:
- Banners: unha imaxe (banner) nun lugar visible da páxina web, cando premes leva á páxina anunciante.
- Cortinilla: aparece antes de entrar á páxina á que se quere acceder e ocupa toda a pantalla.
- Layers: formatos flotantes ou animacións que se moven pola páxina.
- Ventas emerxentes ou pop up ou pop under
- Patrocinios: páxinas que reciben un apoio económico a cambio de anunciar unha entidade que ofrece dito apoio. Móstrase na páxina web e se se clica leva á web principal.
- Busqueda dun bo posicionamento nos buscadores
- Redes sociais: especificar cal.
- Vía email
- Ciberspot