A escola italiana e holandesa na pintura do século XVII

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 1,14 KB

A escola italiana

Aínda que predominou a temática relixiosa, pois a Igrexa era o principal cliente dos artistas, tamén se realizaron obras mitolóxicas. O pintor máis destacado foi Caravaggio. Os seus personaxes, moi realistas, inspiráronse en modelos da vida real. Foi o mestre do tenebrismo, unha técnica que fai emerxer as figuras da escuridade para captar a atención do espectador. Entre as súas pinturas destacan A vocación de san Mateo, A cea de Emaús e A morte da Virxe.

A escola holandesa:

A pintura holandesa estivo moi condicionada polos gustos da burguesía, que encargaba as obras. Por iso predominaron os retratos, as paisaxes, as escenas da vida cotiá e os bodegóns. Rembrandt foi o pintor máis importante. Utilizou o claroscuro con mestría e cultivou o realismo nos seus retratos. Realizou obras relixiosas A noiva xudía, retratos A rolda de noite e escenas cotiás Lección de anatomía do doutor Tulp. Outros pintores destacados foron Vermeer que pintou escenas da vida da alta burguesía, caracterizadas polo interese no detalle e na iluminación A rapaza da perla) e Frans Hals, autor de numerosos retratos.

Entradas relacionadas: