Enxeñería xenética: técnicas, ferramentas e aplicacións

Enviado por Chuletator online y clasificado en Religión

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,24 KB

Enxeñería xenética: concepto e obxectivos

Comprende o estudo e as técnicas que permiten a manipulación dos xenes e a súa transferencia duns organismos a outros.

O seu obxectivo é ampliar os coñecementos sobre a estrutura e as funcións do material xenético, mellorar as características biolóxicas dalgunhas especies e previr, diagnosticar e tratar algunhas enfermidades.

Ferramentas da enxeñería xenética

Para levar a cabo a manipulación de xenes empréganse encimas:

  • Exonucleases: únense ao ácido nucleico e córtano desde un extremo.
  • Endonucleases: cortan o ácido nucleico por puntos intermedios.
  • Restritases: cortan o ácido nucleico en lugares con secuencias de bases concretas (dianas).
  • Polimerases: engaden nucleótidos a unha cadea, sempre que exista outra cadea molde.
  • Transferases: engaden nucleótidos a un extremo de ARN ou de ADN dunha soa cadea, sen necesidade de molde.
  • Ligases: catalizan a unión de dúas cadeas de ADN.

Técnicas de enxeñería xenética

Hibridación dos ácidos nucleicos

Proceso polo cal dúas cadeas complementarias de ácidos nucleicos se aparean e forman unha dobre hélice. Destaca a hibridación in situ, que permite detectar secuencias de nucleótidos concretas e consiste en utilizar un fragmento de ARNm ou de ADN de cadea sinxela para localizar xenes ou outras secuencias de nucleótidos.

Obtención de organismos transxénicos

Os transxénicos son organismos modificados xeneticamente que resultan útiles para a investigación médica, a bioloxía celular e a agricultura. Un organismo transxénico é aquel no que se introduce un xene foráneo ou que ten capacidade para transmitilo á súa descendencia.

  • Animais transxénicos: xeráronse ratos transxénicos cun fenotipo que imita aspectos de enfermidades humanas.
  • Plantas transxénicas: permiten aumentar a resistencia a pragas e infeccións, así como a tolerancia a condicións ambientais en hábitats extremos.

Entradas relacionadas: