Ensaios Non Destrutivos e Axentes de Alteración

Derecho4,17 KB

Procedementos Non Destrutivos

Básase na análise do comportamento dunha propiedade física no seo ou superficie do material.

Vantaxes

  • Resultados instantáneos.
  • Baixo custo.
  • Pódense facer as repeticións que queiramos.
  • Permite facer seguimento in situ e temporal da evolución das propiedades físicas e do estado do deteriores.

Contras

  • Non correcta interpretación dos datos.
  • Non substitúen ao 100% as técnicas tradicionais (son complementarias).

Aplicacións

  1. Detección de anomalías e fisuras internas.
  2. Comportamento mecánico do material.
  3. Presenza de diferentes niveis de alteración.
  4. Grao de humidade.
  5. Identificación de intervencións antigüas.

Propiedades físicas que adoitan usarse: transmisión de ultrasóns, condutividade de corrente eléctrica, radiación electromagnética.

NDT e Tradicionais na Conservación

  1. Ultrasonidos: Propagación de ondas ultrasónicas no interior dos materiais. É un procedemento pasivo.
    Inflúen: factores intrínsecos (densidade ou porosidade) e factores extrínsecos (auga e instrumentación).
  2. Emisión acústica.
  3. Termografía: Permite distinguir entre os materiais de construción, zonas con distinto nivel de humidade e diferentes etapas construtivas.
    • Termo pasiva: O material de interese está a unha temperatura superior ou inferior a un plano de referencia.
    • Activa: Prodúcese un contraste térmico cunha fonte de enerxía externa. Usase cando o material está en equilibrio co entorno.
  4. Radar: O tempo que tardan en volver as ondas reflexas indica presenza e distancia de superficies.
  5. Tomografía: Obtención de imaxes do interior dun corpo a partir da análise de sinais (RX, ultrasóns) que xa foron enviadas a través.
    • Axial: Análise obxecto de gran tamaño mediante RX usando un movemento helicoidal.
  6. Ultrasonic: Úsase sobre todo en mármores e permite ter un mapa dos valores de velocidade de propagación en cada punto da masa rochosa.
  7. Cartografía Dixital.

Axentes de Alteración

1. Intrinsecos

Mineralóxicos, químicos, texturais, porosos, anisotropía textural, dureza.

2. Extrínsecos

Canteira, vento, choiva, temperatura, humidade, contaminación, sales, incendios, organismos, plantas.

Procesos de Alteración

A. Procesos Físicos

Cristalización de sales, expansión de arcillas, acción da auga, estrés térmico.

B. Procesos Químicos

  1. Tipos de contaminantes atmosféricos: CO2, compostos de nitróxeno, compostos clorurados/fluorados, partículas sólidas.
  2. Reactividade árido-álcali nos formigóns: Os compoñentes necesarios son sílice reactiva, humidade e suficientes álcalis (álcali-sílice, álcali-ilicato, álcali-carbonato). Dase en areniscas, cuarzoarenitas, granitos, dolomías...

C. Procesos Biolóxicos

Alteración física (raíces, liquens...); alteración química (metabolismo); danos por animais (agugereiros, madrigueiras); acción humana (vandalismo, roces, pintadas).

Formas Macroscópicas de Alteración

Concreción, corrosión, pulverización, película, picadura, disgregación, corrasión, fisuración/fractura, descamación, inchamento, incrustación.

  1. Pátina: Alteración cromática na superficie do material.
  2. Alveolización: Formación de alvéolos en material poroso.
  3. Descamación: Separación de escamas paralelas a planos estruturais ou de debilidade.
  4. Depósito superficial: De variada natureza (polvo, terra...).
  5. Eflorescencias: Capa cristalina de sales non moi consistentes que se forma na superficie por migración e evaporación de auga con sales solubles.

Descargar

PDF Word HTML