Elementos e tipos clave do texto narrativo: partes, narrador, personaxes e tempo

EspañolActualizado el 4,36 KB

Resumen

O documento explica o que é un texto narrativo e distingue os seus grandes tipos, literarios e non literarios. Repasa as tres partes da narración (introdución, nó e desenlace), os elementos propios (personaxes, espazo, acción, tempo e narrador) e os tipos de final e de narrador. Tamén define conceptos como novela, conto, fábula, lenda e microrrelato, así como os tipos de personaxes e a diferenza entre tema e argumento.

Puntos clave

  • Un texto narrativo conta sucesos, reais ou imaxinarios, que lles ocorren a uns personaxes nun espazo e tempo determinados.
  • As tres partes típicas son a introdución (situación inicial), o nó (complicación, parte central e máis extensa) e o desenlace (resolución e consecuencias).
  • Os elementos da narración son personaxes, espazo, acción, tempo e narrador.
  • O narrador interno é un personaxe (eu-protagonista ou eu-testemuña); o externo non participa na acción e pode ser omnisciente ou obxectivo.
  • O tempo externo é o momento concreto no que sucede a historia; o tempo interno é a duración da acción desde o seu inicio ata o final.
  • O tema é a idea central da historia; o argumento é o resumo cronolóxico das accións dos personaxes.

Ponte a prueba

¿Que é un texto narrativo?

Un texto narrativo é aquel que conta sucesos, reais ou imaxinarios, que lles suceden a uns personaxes nun espazo e nun tempo determinado. Ex: novela, cómic, lenda.

¿Que grandes tipos de textos narrativos hai?

  • Orais
  • Escritos
  • Non literario: Narra feitos reais.
  • Literarios: Narra feitos ficticios ou imaxinarios.

Sinala as 3 partes típicas dos textos narrativos e explícaas.

  • Introdución: Situación inicial, presentación dos personaxes, o lugar e o tempo nos que se desenvolve a acción.
  • Nó: Complicación da acción, introdúcese o conflito que hai que resolver. É a parte central do relato e a máis extensa.
  • Desenlace: Situación final, resolución do conflito, consecuencias da acción. Pode ser aberto ou pechado.

Enumera os elementos propios da narración.

  • Personaxes
  • Espazo
  • Acción
  • Tempo
  • Narrador

¿Que dous tipos de final hai? Explícaos.

  • Final pechado: O conflito resólvese, a acción queda perfectamente pechada e non hai posibilidade de continuación.
  • Final aberto: A trama queda sen resolver e o lector ou lectora debe imaxinar como se soluciona o conflito suscitado, a narración pode continuar con novos episodios.

Fai un esquema cos tipos de narrador.

  • Narrador interno: É un personaxe da historia que conta, adoita expresarse en primeira persoa. Hai dous tipos:
    • Eu-protagonista: Conta os feitos que el mesmo realiza.
    • Eu-testemuña: Conta os feitos que presencia e observa.
  • Narrador externo: Non participa na acción, conta os feitos que lles suceden aos personaxes, adoita expresarse en terceira persoa. Hai dous tipos:
    • Narrador omnisciente: Sábeo todo sobre os personaxes.
    • Narrador obxectivo: Limítase a contar o que oe ou ve.

¿En que se distingue o tempo externo do interno?

  • Tempo externo: O momento concreto no que sucede a historia.
  • Tempo interno: O tempo que transcorre desde que comeza a acción ata o final da narración.

Define os seguintes conceptos.

  • Novela: É unha narración ficticia en prosa extensa protagonizada por uns personaxes nun espazo e nun tempo determinado.
  • Conto: É un relato en prosa de pouca extensión, protagonizado por un grupo reducido de personaxes e cun argumento sinxelo.
  • Conto popular: De autoría descoñecida e transmisión oral.
  • Conto tradicional: De autoría coñecida e transmisión escrita.
  • Fábula: É unha narración, en prosa ou en verso, protagonizada por animais que actúan coma se fosen persoas, adoita rematar cunha moralexa.
  • Lenda: É unha narración de orixe popular que se presenta coma unha historia real e pretende explicar feitos sobrenaturais.
  • Microrrelato: É unha narración literaria moi curta que condensa en poucas palabras unha historia.
  • Novela curta: Sitúase entre o conto e a novela, ten os mesmos elementos ca novela, mais, tendo en conta a menor extensión, estes están menos desenvolvidos.

Sinala todos os tipos de personaxes e defíneos.

  • Personaxes principais: Están presentes ao longo da narración.
  • Personaxes secundarios: Acompañan o protagonista ou aparecen ocasionalmente.
  • Protagonista: Personaxe clave da historia.
  • Antagonista: Opónse ao protagonista para impedirlle acadar os seus obxectivos.

¿En que se distingue o tema do argumento?

  • Tema: Asunto ou idea en torno á que xira a historia. Pode enunciarse nunha palabra ou nunha frase breve. Ex: o amor. De que trata.
  • Argumento: Síntese cronolóxica da historia, é dicir, o resumo das accións que realizan os personaxes dispostos na orde temporal na que suceden. O que se conta.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cal é a diferenza entre tema e argumento?

O tema é o asunto ou idea en torno á que xira a historia, que pode enunciarse nunha palabra ou nunha frase breve. O argumento é a síntese cronolóxica das accións dos personaxes, é dicir, o que se conta.

Que diferencia hai entre conto popular e conto tradicional?

O conto popular ten autoría descoñecida e transmisión oral, mentres que o conto tradicional ten autoría coñecida e transmisión escrita.

Que é unha fábula?

É unha narración, en prosa ou en verso, protagonizada por animais que actúan coma persoas, e adoita rematar cunha moralexa.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que parte da narración é a máis extensa?
2. Como se chama o narrador que conta os feitos que presencia e observa?
3. Que tipo de final deixa a trama sen resolver?
4. Que é o tempo interno dunha narración?
5. Que personaxe se opón ao protagonista para impedirlle acadar os seus obxectivos?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.