Eduardo Pondal e Curros Enríquez: Vida e Obra
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,8 KB
Eduardo Pondal: Vida e obra
Eduardo Pondal naceu en Ponteceso en 1835 no seo dunha familia fidalga. Estudou o bacharelato e, máis tarde, a carreira de Medicina en Santiago de Compostela. Nesta cidade coñece a Rosalía de Castro. Ao terminar a carreira, exerce como médico militar en Ferrol, pero acabaría deixándoo para retirarse a Ponteceso e dedicarse principalmente á literatura.
A Cova Céltica
Nome que recibiu unha tertulia que mantiñan un grupo de intelectuais galegos de ideoloxía rexionalista, que se reunían na tenda de Eugenio Carré Aldao para debatir sobre temas relacionados con Galicia.
Historia do Himno Galego
Estreouse o 20 de decembro de 1907 no Teatro Tacón da Habana, pero a súa xestación iniciouse antes, concretamente en 1890. Ese ano, Pascual Veiga, que dirixía o Orfeón Coruñés, pediulle a Pondal un texto para unha partitura que ía presentar a un concurso. En Galicia interpretouse por primeira vez en 1912, nun acto celebrado coa ocasión do traslado dos restos de Pascual Veiga á súa terra natal de Mondoñedo.
Breogán e o Fogar de Breogán
Quen era Breogán? É o nome dun mítico rei galaico. Dise que o rei Breogán construíu na cidade da Coruña a Torre de Hércules. A que denominaba Pondal "fogar de Breogán"? A Galicia.
Os Xogos Florais
Foron uns certames de poesía que se recuperaron nas terras de fala catalá a partir do século XIX durante a Renaixença, un movemento cultural que apostaba pola recuperación da lingua catalá.
Queixumes dos Pinos: Temas principais
- Celtismo: Igual ca moitos historiadores da súa época (Murguía), defendía a orixe celta de Galiza. Pondal distingue tres tempos: o pasado celta libre e glorioso, o presente de opresión e escravitude, e o futuro de liberdade coa axuda do bardo.
- Bardismo: Na antigüidade, os bardos eran líderes que coñecían os heroes do pasado e guiaban ao pobo. Pondal considerábase o bardo encargado de guiar a Galicia cara á liberdade.
- Helenismo: Pondal estaba moi influenciado pola poesía grega antiga (Homero). Os seus celtas teñen características de guerreiros espartanos.
- A natureza: Ten un valor simbólico; os pinos son os celtas e as aves simbolizan a liberdade.
Os Eoas
Pondal estivo toda a súa vida traballando nesta obra que non logrou publicar en vida. Trata sobre o descubrimento de América e está inspirada n'Os Lusíadas de Luís de Camões.
Aires da miña terra (Curros Enríquez)
Núcleos temáticos
- Poesía cívica ou social: Defensa do progreso e do galeguismo, crítica do fanatismo relixioso, caciquismo, ignorancia e abuso dos poderosos.
- Intimista: Poemas sobre o nacemento dun fillo ou a morte da nai e de Rosalía de Castro.
- Costumista: Reflicten tradicións e costumes da nosa terra (ex: A virxe de cristal, O gaiteiro).
Lingua de Curros: Está baseada no galego oral da zona de Celanova; polo tanto, ten dialectismos coma: mao/mau (man), chao/chau (chan), cas (cans).
A Virxe de Cristal e a RAG
A Virxe de Cristal é un poema narrativo de máis de mil versos publicado en Ourense en 1880. Sobre a RAG, inaugurouse o 30 de setembro de 1906 na Coruña. Curros tivo problemas co bispo de Ourense, Cesáreo Rodrigo, quen o denunciou por herexías e ataques á relixión.
Poema "Nai" e "O Maio"
O poema Nai é de corte intimista sobre a morte da súa nai. O Maio é un poema costumista e social que utiliza a estrutura circular para denunciar a pobreza en Galicia, causada polos impostos e o abuso dos cregos.
O Divino Sainete (1880)
Poema narrativo inspirado na Divina Comedia de Dante. É unha obra burlesca onde Curros critica a personaxes da época acusándoos dos sete pecados capitais.
Análise sintáctica: Conceptos básicos
- Suxeito: Non empeza por preposición, concorda co verbo.
- Complemento Directo (CD): Substituír por o, a, os, as, lo, la...
- Complemento Indirecto (CI): Substituír por lle/lles, empeza por A ou PARA.
- Complemento de Réxime: Leva preposición esixida polo verbo.
- Complemento Axente: Verbo en voz pasiva, introducido por POR.
- Complemento Circunstancial: Indica lugar, tempo, modo, etc.
- Atributo: Verbo copulativo, concorda co suxeito.
- Predicativo: Adxectivo que concorda co suxeito ou CD.