A economía española da posguerra á recuperación: Autarquía e milagre económico

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,39 KB

A economía española da posguerra á recuperación

A autarquía e a posguerra (1939-1950)

Ata finais dos anos 50, España viviu unha longa posguerra caracterizada pola escaseza e penuria económica. En 1939, era un país arruinado demográfica e economicamente, e a maioría da poboación padecia fame. Resultaba urxente iniciar un proceso de recuperación económica.

Seguindo os modelos dos réximes totalitarios (fascismo e nazismo) e debido ao illamento internacional de España en posguerra, o Estado franquista iniciou a autarquía económica. Tratábase dunha política que pretendía facer de España un país autosuficiente economicamente, sen necesidade de depender do exterior ("o problema máis grande...balanza de pagos do exterior...").

Esta política autárquica caracterizábase por unha forte intervención do Estado na vida económica, que controlaba a produción, o consumo, os prezos, os salarios, o comercio e a inversión mediante leis. Por iso, regulouse o comercio co exterior ("impónse a nosa política comercial no exterior..."), limitáronse as inversións estranxeiras ao 25% do capital das empresas e axudouse con subvencións e vantaxes fiscais ás industrias españolas a fin de que aprovisionaran o mercado con produtos exclusivamente nacionais (implantación de novas industrias e regos que nos faciliten os produtos que hoxe importamos).

Pero, a pesar de todas as reformas, dominaba a escaseza (pobreza de resultados), a inflación e o estancamento da produción (remate ..de crecemento moderno pero mantido..) cun importante desenvolvemento do mercado negro, que recibía popularmente o nome de estraperlo. España era un país atrasado economicamente con respecto a outras potencias (ancheamento de..países europeos..). Os produtos eran pouco competitivos e de mala calidade, debido á escaseza de capitais e tecnoloxía. Son os anos de carestia a todos os niveis (a pasaxe máis negativa da nosa historia económica). Como exemplo, as cartillas de racionamento, para repartir e controlar os alimentos básicos.

Para o historiador J.L. García Delgado, o réxime implantado por Franco era o causante desta situación (fracaso económico...paralelo á regresión política e social..). Critica un sistema caracterizado pola forte intervención do Estado (drástica fixación de salarios..), pola limitación de dereitos e liberdades (mutilación de liberdades individuais) e pola prohibición de pluralismo político (eliminación dos partidos políticos..). Manifesta pois que esta catástrofe económica foi consecuencia dunha política moi controlada, cerrada, autárquica e despreocupada pola felicidade dos individuos.

A recuperación económica (1950-1973)

Nos anos 50, iníciase a recuperación económica. Grazas ás boas colleitas dos primeiros anos da década, foi posible dispoñer de excedentes agrícolas, situación que permite a supresión da cartilla de racionamento en 1952. Ademais, os acordos con EEUU aportaron importantes axudas. O Plan de Estabilización de 1959 introduce medidas liberalizadoras coas que se inicia unha etapa de forte crecemento económico, cualificado como "milagre español". Tiña como obxectivo modificar en profundidade o sistema económico buscando a súa liberalización, eliminando o control rigoroso (colocar a nosa economía nunha situación de máis ampla liberdade) e o intervencionismo estatal. Inaugurou unha nova política económica que abandonaba o modelo autárquico e abría a economía ao exterior.

Este documento afirma que o desastre económico dos anos 40 foi provocado pola escaseza de recursos orixinada pola Guerra Civil (..guerra de liberación), pero non fai referencia á política autárquica que fracasou por completo (..vía retardada..pola insuficiencia de recursos..). Tamén fai alusión ao illamento internacional de España durante a Segunda Guerra Mundial, que orixinou un importante bloqueo económico, agravando a situación económica aínda máis (pecharon gran parte dos mercados e fontes de aprovisionamento..).

Un dos principais aspectos do Plan de Estabilización foi a flexibilidade da economía (..a maior flexibilidade económica..). Os resultados foron inmediatos e a economía española comezou a medrar a un ritmo altísimo.

A sociedade española nos anos 60

A partir de 1960 e grazas ao impulso económico, a sociedade española comezou a experimentar cambios significativos. O símbolo por excelencia do desenvolvemento económico dos sesenta foi o SEAT 600, que lles permitiu ás clases medias acceder ao vehículo particular. En 1969, unha cuarta parte das familias tiña coche propio; o veraneo nas zonas de praias comezaba a ser habitual entre as clases medias.

O desenvolvemento económico interno foi capaz de absorber a man de obra excedente, polo que na década dos sesenta produciuse un forte incremento da emigración, tanto no interior da península, dende as zonas agrarias ata as industrializadas, como cara ao exterior, especialmente aos países europeos.

Outro factor importante no desenvolvemento económico foi o incremento de turistas entre 1961 e 1973. Isto significaba outro medio de ingreso notable e o desenvolvemento do sector servizos.

A sociedade española dos anos 60 foi transformándose nunha sociedade cada vez máis parecida á de Europa occidental, máis urbanizada, dinámica, aberta e cun mellor nivel de vida con respecto ás décadas anteriores.

Entradas relacionadas: