"os dous de sempre" : resumen de la obra

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 24,42 KB

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA

Nos primeiros anos do S. XX, o xénero máis cultivado foi a poesía.
Trátase dunha poesía de transición que continua as liñas iniciadas nos derradeiros anos do século anterior, pero tamén se poden apreciar nela novos trazos que anuncian un cambio de actitude estética a trevés do contacto con outros literaturas e a actualización dos temas. A lingua segue a ser dialectal e a temática esencialmente rural.

Nesta época podemos distinguir dúas actitudes poéticas: unha tradicional e outra renovadora. A primeira está representada polos autores que cultivan temas propios da poesía do S. XIX, trátase, polo tanto, dunha liña continuista. Un dos autores máis representativos desta actitude tradicional é Noriega Varela. A actitude renovadora está representada por autores que, partindo da poesía XIX, asimilan na súa obra rasgos propios da poesía europea de inicios do S. XX e temas relacionados coa realidade social do seu tempo. O principal representante desta actitude foi Ramón Cabanillas. A poesía de principios de século mantén un ton rivindicativo, tanto desde o punto de vista social e político, como lingüístico, de compromiso coa lingua. En definitiva, o labor literario staba moi condicionadopolo contexto histórico no que lles toca vivir.

Noriega Varela é autor dunha soa obra que foi ampliando ao longo da súa vida: na primeira edición titulouna “Montañesas” e, desde a terceira, pasa a denominarsse “Do ermo”. Na súa obra distínguense dúas etapas: o ruralismo costumista, centrado arredor da montaña, e o lirismo da natureza na que adopta unha actitude franciscana, de aprecio polo humilde.

Na obra de Cabanillas distínguense catro etapas. A primeira é a etapa pregaleguista ou agrarista na que se inclúe “No desterro” e “Vento mareiro”. Nos dous libros altérnanse poemas intimistas, na liña de Rosalía, agraristas (anticaciquín), que fan lembrar a Curros, e costumistas. A esta etapa séguelle a etapa galeguista cuxo libro máis representativo é “Da Terra Asoballada”. Aquí o autor convértese no poeta civil de Galicia. A continuación atopamos a etapa mítica. Nela o autor escribe tres longos poemas narrativos: “A Espada Escalibor”, “O cabaleiro do Santo Grial” e “O soño do rei Artur”, que compoñen o libro “Na noite estrelecida”. Cabanillas emprende a actualización da materia de Bretaña, galeguizándoa. Tamén destacan a peza teatral “O Mariscal” e o libro intimista: “A rosa de cen follas”. Por último, na etapa de posguerra, o autor abandona a poesía de denuncia social e reivindicación nacionalista. A súa poesía pasa a ser de introspección e os seus libros están cheos de desenganos e morriña. Un exemplo desta literatura de posguerra é o libro “Samos”


OS MOVEMENTOS DE VANGARDA

En Galicia, o movemento vangardista manifestouse fundamentealmente na poesía. En prosa, atopamos unha única obra vangardista: “Dos arquivos do trasno”, de Rafael Dieste.

Os escritores desta época pódese clasificar en dous grupos: os seguidores dunha vangarda plena (creacionismo) e os seguidores dunha corrente vangardista moderada (hilozoísmo, neotrobadorismo e Surrealismo).

Os creacionistas consideran que a arte non debe imitar nin explicar a realidade, senón que o poeta é coma un deus que crrea o seu mundo. Trátase da creación da realidade por medio da xustaposición de imaxes innovadoras. O seu principal representante é Manuel Antonio co libro “De catro en catro”. Nesta obra domina a monotonía. A paisaxe é o mar pero non se trata dunha descripción, senón dunha paisaxe interpretada, interiorizada. As características da estética vangardista da obra son: actitude antirromántica, demitificación de elementos tópicos e renovación da linguaxe mediante a incorporación de neoloxismos, préstamos, anglicismos, cultismos... Para conseguir unha linguaxe literaria culta.

O hilozoísmo ou animismo baséase na combinación de recursos metafóricos propios das vangardas coas formas tradicionais da nosa poesía. O recurso estilístico máis empregado é a personificación dos elementos de natureza. O poema deshumanízase e a paisaxe humanízase. O máis coñecido e imitado hilozoísta é Amado Carballo.

O neotrobadorismo non é propiamente un movemento de vangarda, senón nha reformulación de estilos e temas da tradición medieval, engadindo imaxes da poesía moderna. Esta corrente iniciouse co poemario “Nao Senlleira” de Bouza Brey. Os poetas recrean a estética das cantigas de amigo, de amor e de escarnio e recuperan os seus procedementos estilísticos. Os principais representantes son: Bouza Brey, Cunqueiro e Álvarez Blázquez. No poemario “Nao senlleira”, Bouza Brey recolle e adapta cartas características formais da poesía medieval.

Álvaro Cunqueiro, que escribe “Cantiga nova que se chama riveira”, é o representante máis significado. Combina a imaxe vangardista cos esquemas métricos tradicionais.

Xosé Mº Álvarez Blázquez é o que mellor imita a poesía medieval.

O Surrealismo influiu en escritores como Cunqueiro que escribe “Mar ao norde” e “Poemas do si e do non”, de tema amoroso. Nel non hai o automatismo e o dramatismo propios do Surrealismo. Pero si atopamos imaxes nas que se relacionan conceptos de maneira irracional.


A PROSA DO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX: IRMANDADES E GRUPO NÓS

A Época Nós (1918-36) foi unha etapa especialmente favorable para a cultura galega. Narrativa, teatro e ensaio escríbense case por primeira vez, en galego da man dos grandes intelectuais galeguistas que foron os homes Nós: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Cuevillas, Castelao, etc. Os tres primeiros, de procedencia fidalga ou burguesa, teñen unha primeira etapa de inadaptados, nun primeiro momento desprazaron a cultura e a sociedade galegas e adoptaron unha actitude individualista. Este rexeitamento levounas a interesarse pola literatura europea, os mundos exóticos . É a parti de 1918 cando centran a súa atención en Galicia; a partir deste momento Galicia substitui os escenarios exóticos, o galeguismo ás súas preocupacións polo misticismo oriental e o seu individualismo transformouse en traballo a prol da nosa cultura. O caso de Castelao é distinto xa que as súas orixes son populares. Na narrativa modernizan tanto a novela como a narración curta. Tentan facela universal pero, sen perder a súa singularidade. Intentan superar a temática ruralista e humorística do XIX. O tema común a todos, que supón unha innovación, é a vida de ultratumba. Así mesmo, céntranse na análise da sociedade, cunha finalidade crítica. Pretnden acabar co bilingüismo diglósico das novelas so XIX e crear obras monolingües en galego. Renovan a linguaxe co fin de crear unha lingua literaria culta. Ademáis introducen o espazo urbano. Intentan convertir o teatro nun vehículo dinemizador da cultura gallega. Son os pioneiros en escribir en galego. A narrativa de Otero Pedrayo divídese en varios ciclos: Na novela autobiográfica destaca “Arredor de si”. Esta obra desenvólvese na mente do protagonista, Adrián Solovio. Trátase da busca da propia identidade dun mozo que se atopa a si mesmo no seu país e no ser colectivo de Galicia. Explica a traxectoria dos homes do Grupo Nós ata a súa entrada nas Irmandades da Fala. No ciclo de ruralismo e fantasía rural atopamos “O purgatorio de Don Ramiro”, moi na liña do humanismo macabro de “Un ollo de vidro” (Castelao) Risco utilizou o ensaio para plasmar o seu pensamento , así, podemos distinguir nel: unha etapa non galeguista que el mesmo explica en “Nós o inadaptados”, unha etapa nacionalista que comeza co ensaio “Teoría do nacionalismo galega” e unha última etapa non galeguista na que escribe “Mitteleuropa”. En canto á súa obra de ficción, esta comezou co relato “Do caso que lle aconteceu ó Doutor Alveiros”. Nel trata, ao igual que Otero e Castelao, o mundo de ultratumba. Na novela “O poco de pé”, Risco caricaturiza, por medio de enumeracións, comparacións degradantes e ironía, o ascenso social da burguesía preocupada só polos cartos e afastada da cultura. Entre as obras de Castelao destacan: “Un ollo de vidro. Memorias dus esquelete”, no que se desenvolve o tema do mundo de ultratumba. “Cousas” que é un conxunto de 44 relatos breves. “Os dous de sempre”, nesta novela cóntanse as aventuras de dous nenos. Ademáis, Castelao escribiu o ensaio: “Sempre en Galiza” que é unha reflexión sobre a práctica da época e unha proposta de liñas de acción e goberno. Entre as obras de Rafael Dieste destaca “Dos arquivos do trasno” que é un libro de oito contos no que o autor retrata a psicoloxía do galego a través do seu comportamento e reaccións. Dieste é tamén autor dunha obra de teatro: “A fiestra baldeira”


O TEATRO DO 1º TERZO DO XX (IRMANDADES, VANGARDAS E GRUPO NÓS)

O teatro de fianis do S XIX e comezos do XX amosa unha ambientación case exclusivamente rural. Trátase dun teatro breve, dominado polo costumismo e poboado por personaxes típicos galegos. Está escrito, a miúdo, en verso e nun galego moi dialectalizado.

É a partir do 1916 cando o teatro galego gaña tanto na calidade como na cantidade de textos grazas ao traballo das Irmandades da Fala. As Irmandades, como movemento reivindicador do galego, viron nesta arte un dos mellores instrumentos para a propaganda das ideas galeguistas. Deste xeito, preocupáranse pola introdución de novas técnicas e novos temas e pola construción dunha lingua que superase os vulgarismos e dialectalismos de etapas anteriores. Porén, ese esforzo por erguer a dramaturxia galega topará con moitos problemas como a ausencia de profesionais que representaran teatro en galego, o que supuxo que moitas pezas se convertesen en teatro para ler.

No teatro das Irmandades atopamos dúas correntes.

A corrente conservadora que traballe cae temática social, costumista e histórica.

A corrente renovadora que aspira á creación dun teatro galego culto e moderno. Destacan Cabanillas, Villar Ponte, etc.

Cabanillas é autor de dúas obras: “A man da Santiña”, comedia feliz na que se presenta un conflicto amoroso,e “O Mariscal”. Nesta peza teatral contou coa colaboración de Villar Ponte e xira arredor da figura do mariscal Pardo de Cela, axustizado por oporse aos Reis Católicos.

Villar Ponte, ademáis da colaboración xa nomeada, é autor dun drama anticaciquil “A patria galega”, entre outros.

O Grupo Nós vai incorporar as técnicas dramáticas utilizadas nesa época en Europa. A súa finalidade é que o teatro se convirta nun vehículo dinamizador da nosa cultura e atraer aos espectadores.

Entre as obras de Risco destaca o drama tráxico titulada “O Bufón d'El Rei”

Pedrayo é autor de “A lagarada” (traxedia rural) e “Teatro de máscaras” (16 pezas breves)

Castelao escribe a obra máis importante do grupo. “Os vellos non deben namorarse”

Rafael Dieste autor de “A fiestra baldeira”. Na obra preséntanse continuos contrastes entre realidade e ficción. É un texto decisivo na dramaturxia galega debido ao humorismo dos seus diálogos, e plasticidade escénica, etc.


A POESÍA ENTRE 1936-76 : A XERACIÓN DO 36, A PROMOCIÓN DE ENLACE E A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS

Durante a posguerra, a poesía sofre, ao igual que a narrativa, unha longa paréntese. A recuperación lírica comeza nos 50 coa aparición da editorial Galaxia. Se embarga, neste período atopamos distintas promocións:

-A xeración do 36 está integrada por un grupo de autores que continúan a poesía de preguerra. Nas súas tendencias poéticas predominan os contidos pasaxistas e intimistas e a poesía neotrobadoresca. Así, atopamos obras como “Cómaros Verdes” de Aquilino Iglesias Alvariño, obra que inicia a literatura de posguerra. Tamén destaca a obra “Sombra do aire na herba” de Luís Pimental pero, sen dúbida, o autor máis salientable desta xeración é Celso Emilio Ferreiro que comeza publicando “O soño sulagado” A partir deste libro, decántase cada vez máis pola poesía de compromiso, de carácter social realista. Deste xeito distínguense tres grandes núcleos temáticos na súa poesía. Por unha banda está a liña social. Trátase dunha poesía solidaria cos oprimidos e denunciadores des males sociais. Destacan as obras “Longa noite de pedra” e “Viaxe ao país dos ananos”. Na primeira coexisten dúas liñas temáticas que se entrecuzan: a liña crítico-social que defende aos marxinados e oprimidos e tamén á lingua como marca de clase. Ademáis, de xeito novidoso, fala do mundo obreiro. A liña lírico-intimista que supón unha continuación do seu primeiro libro. No último libro, “Onde o mundo se chama Celanova”, predomina a liña lírico-amorosa. Por outra banda, atopamos unha liña intimista na que se manifesta o desacougo existencial, unha forte identificación coa terra, a fugacidade da vida e a evocación da infancia. Por último, tamén aparece unha liña irónica na poesía de Clso Emilio Ferreiro. Inclúense nesta liña obras como “Cantigas de escarnio e maldicir” ou “Antipoemas”.

-Na promoción de enlace, cada autor trata de buscar o seu propio estilo. Están influenciadas polas vanguardistas galegos dos anos vinte e pola xeración do 27 castelá. A súa obra oriéntase cara ao existncialismo, a poesía intimista e relixiosa e a preocupación social. Destacan autores como Luz Pazo Garza ou Manuel Cuña Novás con “Fabulario novo”.

-Os escritores que forman a xeración das 50 o das festas minervais comparten, entre outras, as seguintes características: a maioría realizou Estudos universitarios e colaborou no xornal “La Noche” que tentaba restaurar o uso d galego na prensa e estiveron influenciadas polas correntes literarias extranxeiras. Nun primeiro momento fan unha poesía intimista pero, posteriormente incorporan elementos da vangarda histórica e a neovangarda. Destacan Manuel María, Uxío Novoneyra, Bernardo Graña, Antón Avilés de Taramancos e Xosé Luís Méndez Ferrín con “Poesía enteira de Heriberto Bens” e “Con pólvora e magnolias”, obra que supera a poesía cívica prosaica e inicia o camiño cara a poesía actual.


PROSA ENTRE 1936-76. OS RENOVADORES DE PROSA

Arepresión levada a cabo durante o franquismo afectou á literatura de posguerra en xeral e, de maneira especial, á narrativa. Polo tanto, a ditadura significou a ruptura dos avances que realizaran os homes nós no período anterior.

A iniciativa editorial máis relevante desta época fai a Editorial Galaxia que editaría libros e revistas. A recuperación da narrativa galega prodúcese, nestes anos, da man de autores que iniciaran a súa obraantes da guerra. A primeira novela de posguerra foi “A xente de Barreira” de Carballo Calero.

Anxel Fole vai tomar como fonte a literatura popular da que recolle o imaxinario e os recursos. Os escenarios ambiéntase na Galicia rural como se aprecia nas obras “A lus do candil”, “Contos a carón do lume” e “Terra Brava”. Entre os temas están a morte , a superstición e as experiencias psicolóxicas.

Álvaro Cunqueiro, outro dos escritores deste período iníciase con “Merlín e familia”. Nesta obra, o mago lendario da Materia de Bretaña situase en terras galegas ás que acoden persoas de todo o mundo en busca da súa axuda. Tamén é autor de “As crónicas de Sochantre” na que se achega ao mundo de ultrarumba. Outra das súas obras é “Si o vello Sinbad volvese ás illas”. Estas obras ambientadas en universos lendarios afastados, non foron ben acollidas debido ao contexto histórico no que predominaba a novela de denuncia social.

Cunqueiro tamén escribiu tres libros de narrativa culta: “Escola de mencineiros”, “Xente de aquí e de acolá” e “Os outros feirantes”

Eduardo Blanco Amor é autor da novela “A esmorga” protagonizada por tres personaxes marxinais e na que aparecen ambientes e temática pouca habituais.

Blanco Amor tamén escribiu “Os biasbardos” e “Xente ao lonxe”

Xosé Neira Villas desenvolvu boa parte da súa obra dende a emigración americana. É autor da obra “Memorias dun neno labrego”. Nesta novela, o protagonista narra difrentes episodios da súa infancia rural, marcada pola miseria e a desigualdade social. Desde os ollos do protagonista infantil, amósase a opresión social, económica e cultural da Galicia daquel tempo.

O outro grande tema tratado por Neira Vilas é o da emigración que se aprecie en obras como: “Camiño bretemoso”, “Histonas de emigrantes” e “Remuíño de sombras”.


A NOVA NARRATIVA GALEGA

O nome de Nova Narrativa Gallega procede do Noveau Roman francés. Os autores de esta época desprezan as formas narrativas tradicionais e procuran novos camiños. O obxectivo de actualizar a prosa galega foi asumido por un grupo de autores, na súa maioría universitarios, cuxa obra se encadrou na Nova Narrativa Galega.

Aínda que non se trataba dun colectivo homoxéneo , presenta algunhas características e actitudes comúns como as Festas Minervais. En canto aos trazos comúns das súas obras, cómpre salientar.:

-O rexeitamento da trama argumental, desaparece a estructura tradicional de presentación, nó e desenlace. O argumente limítase a nécdotas ou sucesións de acontecementos cotiáns. Deste xeito aparecen diálogos absurdos e incoherentes.

-A desintegración do suxeito e a multiplicación das voces narrativas.

-A páctica do monólogo interior que permite a representación do fluír da conciencia.

-Desaparece a importancia dos personaxes. Un bo exemplo disto é o personaxe de Carlos na obra “O sol do verán” de Carlos Casares

-A ambientación urbana. A temática afástase do ruralismo, o costimismo e a realidade para se centrar na morte e en estados psicolóxicos e patolóxicos de todo tipo: locura, soños... Isto provoca que o personaxe estea moitaas veces unido á soidade e á dor existencial. Algúns autores procuran un tempo pasado, habitualmente a infancia. A violencia e os ambientes agresivos son frecuentes en Carlos Casares e Mendez Ferrín.

-O obxectalismo.

-Son frecuentes as anacronías, as prolepses e as analepses.

-No ámbito léxico aparece a linguaxe científica e amplíase o vocabulario. Úsanse antropónimos curiosas que contribúen á creación dun mundo irreal. Tamén se utilizan topónimos exóticos e inventados cargados de simbolismo, especialmente na obra de Mández Rerrín.

-Comparten influencias de Kafka (o absurdo), de Joyce (o monólogo interior), de Faulkner (a destrución da lóxica temporal) e de Freud (o Surrealismo).

Destacan entre as obras de Méndez Ferrín, “O crepúsculo e as formigas” e “Elipses e outras sombras”.

Carlos Casares é autor de novelas como “Vento ferido”, “Cambio en tres” ou “O sol do verán”.


O TEATRO ENTRE 1936-75 (XERACIÓN DOS 50 E O GRUPO RIBADABIA)

Despóis da Guerra Civil deuse un longo período de silenzo editorial e literario en Galicia. Este comezou a superarse a comezos dos 50 coa creación da Editorial Galaxia.

Ata mediados dos cincuenta, a actividade teatral desprazouse cara o exilio. Non existían grupos teatrais profesionais, nin salas estables de representación. Tampouco existía un público afeccionado ao teatro en galego. As pezas teatrais non se centran na realidade social do tempo, senón que son pezas folclóricas ou intimistas de temática universal. A partir dos 50, o teatro galego desenvólvese en tres liñas temáticas: pezas que seguen co teatro costumista e a comedia urbana; pezas que continúan as tendencias modernizadoras de preguerra e pezas existencialistas que traducen os problemas filosóficas e o pesimismo que , en poesía, recibiu o nome de “Escola da Terra”.

Destaca a obra de Álvaro Cunqueiro que escrib “O incerto señor don Hamlet príncipe de Dinamarca” e “A noite vai coma un río”

Manuel María foi o vencedor do 1º certame Abrente en Ribadavia coa obra “O meu mundo non é deste reino”. Nela, o escrito parodia o discurso política da ditadura cara finais dos sesenta prodúcense algúns acontecementos que tranforman o panorama teatral iniciando un proceso de normalización.

Destaca a fundación, en 1976, do Teatro Circo de Manuel Lourenzo. Este é o primeiro grupo de teatro independente galego. Prentende impulsar un teatro de carácter itinerante, na procura dun público popular.

Outro feito destacable é a celebración anual en Ribadavia, dende 1973, da Mostra teatral organizade pola Asociación Cultural Abrente.

As diferentes asociacións culturais espalladas polo país propicieron a creación de grupo que alentaron o teatro en Galicia.

Neste período conseguiuse impulsar a profesionalidade do sector e crar un teatro de calidade mediante a incorporación dos logros da dramaturxia europea. Ademáis conseguiuse e normalización lingüística no ámbito teatral, acabando coa diglosia. Fíxose un teatro comprometido e , que conxugaba vangarda e tradición galega.

Arredor das mostras de Ribadavia apareceu o chamado grupo Abrente do que formaron parte dramaturgos como Manuel Lourenzo, autor de “Romaría ás covas do demo”, Euloxio Rodriguez Ruibal que escribiu “Zardigot” e Roberto Vidal Bolaño que compuxo a obra “Laudamuco, Señor de ningures”.



A LITERATURA DO EXILIO (1936-75)

A represión sistemática contra a poboación que ten lugar no franquismo orixina unha enorme emigración. A actividade literaria trasládase ás principais cidades desta emigración entre as que destaca Buenos Aires. Aquí establecerase contacto cos escritores emigrados con anterioridade á sublevación militar e distintas editoriais, revistas e sociedades encargaranse de divulgar a cultura gallega. Castelao levou a cbo un labor de grande importancia converténdose en guiero da liberdde de Galicia. Nestes anos destacan as súas obras “Os vellas non deben na morarse”, “Sempre en Galiza” e “As cruces de pedra na Galiza”. O xénero máis cultivado no exilio foi o poético con autores como Luís Seoane ou Lorenzo Varela. Tamén se deu un pulo decisivo ao teatro coa aparición de numerosas compañías. Na temática da literatura do exilio predominan os contidos reivindicativos e inténtanse publicar libros prohibidas en Galicia. Tamén se publica literatura intimista centrada na saudade do desterrado. En canto ao estilo, nos poemas obsérvase a influencia do vangardismo e o prosaísmo ao estilo de Celso E. Ferreiro.

Esta literatura impediu a desaparición e vulgarización da lingua escrita culta e estimulou a actividade cultural a través dos centro galegos e as tertulias no exilio.

Os prosisitasmáis destacadas, ademáis de Castelao e Blanco Amor, son Ramón de Valenzuela e Silvia Santiago. Estes escriben obras cun marcado carácter autobiográfico. De Ramón de Valenzuela destaca “Non agardei por ninguén” . Silvio Santiago escribiu “Villardevós” e “o silencio redimido”.

No campo do ensaio continúase o labor iniciado polo grupo Nós pero seguindo unha tendencia máis política. Destaca o ensaio “Sempre en Galiza” de Castelao. A obra poética de Luís Seoane iníciase con “Fardel de exiliado”, obra que fala da emigración ofrecida por Celso Emilio Ferreiro.

Da obra de Lorenzo Varlo destacan “Catro poemas para catro gravados” e “Lonxe”, poemario que trata a sudade pola Galicia que deixou e o popular.

O teatro culto incorpora as técnicas dramáticas innovadoras do momento co obxectivo de modernizar a posta en escena. Estas obras están dotadas de validez universal. Destacan Castelao, Blanco Amor e Luís Seoane. Castelao mestura na súa obra humor e folclore desde unha perspectiva innovadora. Entende o teatro como un espectáculo integral. A súa peza teatral máis destacable é “Os vellos non deben namorarse”

O conxunto das obras de Blanco Amor recóllense nos volumes: “Farsas para títeres” e “Teatro prá xente”. Na obra dramática de Seoane destaca “A soldadeirra”. O teatro popular segue a liña do Realismo costumista, moi próximo á tradición.

Entradas relacionadas: