RAMÓN OTERO PEDRAYO (1888-1976)
É o narrador por excelencia da súa xeración. Comezou a súa carreira literaria
Tarde, tiña trinta e sete anos cando fixo a primeira novela, mais participara de numerosos
Proxectos. Foi deputado polo Partido Galeguista, xunto a Castelao, no Parlamento
Español, de 1931 a 1933, a partir deste momento centrarase na creación literaria en
Galego, labor que se vai interromper coa chegada da Guerra Civil e que recuperará, en
Parte, a partir dos anos cincuenta, converténdose no elo comunicador entre os escritores
Da preguerra e as novas xeracións. Durante a inmediata posguerra, exiliado no interior,
Escribe novelas en español e colabora nesta lingua para diversas publicacións. É o
Primeiro autor que é capaz de crear unha novelística propia, de grande calidade na
Recreación de ambientes e personaxes, con recursos literarios e un estilo único. Os seus
Textos están cheos de forza, colorido e vitalidade polos cambios que van dun estilo
Rápido e dinámico nas narracións, á grande complexidade sintáctica nas descricións,
Case barrocas.
A súa orixe fidalga está presente na súa obra, de tal modo que grande parte dela
Está ambientada no século XIX, nun momento de cambios importantes na sociedade
Galega:O declive da fidalguía, a irrupción do capitalismo, a desaparición dos mosteiros,
Producen un desaxuste que só unha fidalguía comprometida con Galiza, sería capaz de
Resolver. Isto é no fundamental a ideoloxía que está no transfundo de moitas das súas
Obras.
A natureza xoga un papel importante na súa obra narrativa, aparece o home en
Unión panteísta con ela nunha paisaxe humanizada.
Se a influencia de Risco foi importante, xa que con el compartiu en Ourense
Inquietudes intelectuais antes de entrar no galeguismo, tamén o debeu ser a convivencia
Con Castelao nos anos en que coincidiron no Parlamento español. A amizade entre
Ambos foi tan forte que Otero Pedraio, católico e conservador coma Risco, aínda que
Liberal na evolución da historia, non rompeu co Partido Galeguista cando, da man de
Castelao e Alexandre Bóveda, se integrou na Frente Popular nas eleccións de febreiro
De 1936. Durante a ditadura franquista terán un reencontro Otero e Castelao no seu
4exilio bonaerense en 1947. Otero Pedraio, que foi un grande orador, nas súas
Conferencias sempre falaba de Castelao.
Á parte da súa obra narrativa tamén é importante o seu traballo como
Investigador da nosa cultura, historia e xeografía e como tradutor de autores moi
Significativos da cultura occidental, por exemplo fragmentos do Ulises de James Joyce.
As novelas curtas
Como todos os autores das Irmandades, Otero comezou por escribir noveliñas
Curtas. A primeira novela, premiada en 1924, verá a luz na colección Lar, Pantelas,
Home libre (1925). Ambientada no mundo rural e moi ben caracterizados os personaxes,
Aparece en harmonía o mundo da fidalguía e o mundo dos labregos.
O purgatorio de D. Ramiro (1926) sitúa na cidade de Santiago as aventuras de
Ultratumba, relatadas en terceira persoa, dun fidalgo, vividor e preguiceiro, que despois
De morto é reconstruído por un médico amigo que lle une os ósos descarnados con
Argolas.
A terceira noveliña, Escrito na néboa (1927) relátanos a historia dun fidalgo que
Anda na procura da súa identidade e que non a atopará até que descubra Galiza. É un
Preludio da novela máis querida polo autor, Arredor de si.
As novelas longas
As obras Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e Devalar (1935),
Forman parte dun proxecto do autor de narrar a historia de Galiza comezando pola
Introdución do sistema liberal, coa desamortización de Mendizábal, até o presente en
Que está escribindo Devalar, en 1934. Nelas aparecen os momentos máis importantes da
Historia do galeguismo desde a revolución de 1846 cos mártires de Carral, na primeira
Novela, pasando polo descubrimento de Galiza da súa xeración en Arredor de si até
Chegar á nova xeración do Seminario de Estudos Galegos presentes en Devalar.
Neste proxecto tan ambicioso e meritorio hai que destacar que o autor, sabendo
Que a novelística galega carecía de tradición, quere encher os ocos con estilos narrativos
Diferentes demostrando que a novela galega podía ser feita seguindo a historia da novela
De calquera literatura europea: Os camiños da vida é unha obra realista con capítulos
ROMánticos para narrarnos o século XIX usando un estilo co que se narraba daquela,
Arredor de si, é narrada cun estilo de novela intelectual de principios do século XX,
Como os autores da xeración do 98 español (La voluntad, (1902) de Azorín...) e
Devalar, como lle corresponde aos personaxes que retrata, os mozos do Seminario de
Estudos Galegos, é unha novela vangardista de personaxe colectiva (como as novelas de
Jules Romains).
Os camiños da vida (1928) é a primeira novela longa, dividida en tres partes,
Que por motivos editoriais apareceu en tres libros: “Os señores da terra”, “A maorazga”
E “O estudante”. É a historia de dúas familias fidalgas, a do pazo dos Doncos e a do
Pazo da Seara, desde a desamortización de Mendizábal até a Primeira República.
Móstranos como era o vivir no Antigo Réxime e como a introdución do capitalismo fai
Esmorecer a fidalguía rural e xurdir unha nova clase, a burguesía, moitas veces de orixe
Foránea, que non ten escrúpulos para enriquecerse. Se a novela está escrita con técnica
Narrativa realista, non faltan capítulos ROMánticos en homenaxe aos primeiros
Galeguistas (Antolín Faraldo) e ao pasado mítico céltico de Galiza.
Arredor de si (1930) é unha novela que narra a historia dun intelectual, Adrián
Solovio, trasunto do propio Otero Pedraio, que despois de querer sentirse identificado
Coa cultura española e tamén intentar ser un cosmopolita europeo, descobre que Galiza é
Pobo cunha cultura diferenciada e que será no estudo e traballo desta onde se encontrará
A si mesmo como individuo e ao mesmo tempo como cidadán do mundo. A novela está
Contada en terceira persoa, pero a acción transcorre polo intelecto do protagonista, home
Culto e desacougado.
Devalar (1935)
é unha novela dedicada a Castelao, de quen toma o título. Utiliza
Unha técnica narrativa vangardista, novidosa en Europa, o unanimismo, é dicir, hai unha
Personaxe colectiva: a propia Galiza. O autor relátanos o que acontece en distintos
Puntos de Galiza ao mesmo tempo e no tempo presente da escrita da novela, destacando
Personaxes que estaban traballando no Seminario de Estudos Galegos. Esta obra é
Sorprendente e visionaria, pois ve no futuro a Santiago como capital de Galiza e centro
Turístico-cultural.
As outras novelas do autor son A romeiría de Xelmírez (1934), narra como no
Século XII Diego Xelmírez fai o camiño de Santiago ao revés para ir a Roma e
Conseguir para a diocese compostelá o palio arcebispal. Fra Vernero (1934), cóntanos
Como un personaxe protestante da cultura europea no século XVIII se converte ao
Catolicismo. Esta obra recréanos cunha chea de citas culturais a época da Ilustración. O
Mesón dos ermos (1936) é unha novela realista ambientada no século XIX que nos narra
A vida dun personaxe de orixe humilde que se fai rico fóra dunha forma dubidosa e volta
Para facer o seu antollo até que o odio dunha vítima súa o asasinará. Xa na posguerra, e
Nun contexto ben distinto, remata o seu ciclo novelístico con O señorito da Reboraina
(1960), obra na que Otero, dunha maneira paródica e humorística e cunha narración
Distanciada, nos conta a vida dun fidalgo do século XIX e as súas viaxes polo mund.
Os contos
En 1932 publica Contos do camiño e da rúa, cinco contos realistas que nos
Narran a vida de diferentes fidalgos do século XIX. En “O fidalgo” condensa na figura
Do protagonista a vida de case toda a fidalguía. Despois da guerra volverá a publicar un
Libro de contos, Entre a vendima e a castañeira (1957) na que de novo volve tratar o
Mesmo tema, aínda que agora tamén aparecerán algunhas personaxes populares.
O ensaio
“Estaba todo por facer”, dicíalle Otero Pedrayo a Víctor Freixanes nunha
Entrevista que lle fixera este no ano 75. Otero contribuíra dunha maneira decisiva á
Recuperación cultural, dentro do Seminario de Estudos Galegos dirixiu a sección de
Xeografía e historia, e entre diversos estudos, sobresae o Ensaio histórico sobre a
Cultura galega (1933), onde fai unha análise dos diferentes períodos da cultura galega, a
Que en momentos favorábeis soubo conformar unha maneira propia de crear arte, e en
épocas adversas soubo esperar tempos mellores. Tamén fixo moitos e diversos traballos
Ensaísticos na revista Nós, traballos divulgativos de peregrinares e viaxes, evocacións
De amizades, colaboracións na prensa da época, etc.
Teatro
6 A súa contribución ao teatro foi importante cunha obra renovadora, A lagarada
(1929), onde as forzas da paixón son desatadas por un patrón luxurioso e unha moza
Ambiciosa que traerá consigo a traxedia nunha vendima e na lagarada falarán até os
Elementos inertes: as pipas, as sombras, etc.
Destaca tamén o grupo de obriñas reunidas en 1975 en Teatro de máscaras, que
Por iniciativa de Castelao, o noso autor fai sendo deputado en Madrid (1931-1933),
Seguindo o modelo do Teatro da Arte. A coreografía, a música, a luz e os efectos da
Montaxe, xunto cos traxes e o uso de máscaras, fan de Otero un precursor de Os vellos
Non deben de namorarse e do teatro actual.
Otero orador
Despois da guerra Otero foi coñecido sobre todo como un grande orador, pois
Moitas das súas obras non foron reeditadas até despois da súa morte. Foi o primeiro que
Nesta época se atreveu a falar en galego en público, no centenario de Lamas Carvajal, en
Ourense no ano 1949 e na Universidade de Santiago en 1958 no seu discurso de
Xubilación. Como orador era un home que non deixaba indiferente a ninguén, tiña un
Estilo oratorio único, cheo de evocacións que ían aparecendo ao longo do discurso e
Cunha lingua chea de subordinacións nas que introducía nova información, semellante a
Unha fervenza en inverno. Moitos dos seus discursos podemos escoitalos das cintas que
Se gravaron en directo. Destacamos, entre outros a conferencia “A miña amizade con
Castelao”, que este pronunciou na Galería Sargadelos en 1974 e que foi publicada
Posteriormente.