Doc.1. Extracto do comunicado no que eta reivindica o atentado contra carrero blanco en 1973:

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,96 KB

   

3. EVOLUCIÓN POLÍTICA DO FRANQUISMO

   Entre 1936-39 configÚrase o réxime na zona  ocupada durante a Guerra Civil. O 1 de outubro de 1936 Franco foi nomeado “Xeneralísimo” dos exércitos e xefe do goberno e do Estado. 3.1 Ditadura totalitaria ou Ditadura azul (1939-1945). Nacional sindicalismo.Séguese o fascismo italiano. A figura clave é Ramón Serrano Súñer (o cuñadísimo) que dende 1938 adoptou unha política de acercamento a Alemania e a Italia, como ministro de Gobernación e Asuntos exteriores. Promocionou ós membros da Falanxe no goberno e no partido, para convertelo nun partido totalitario.
Non o consegue xa que o partido se converte nun instrumento ó servicio do Estado.
As medidas que te adoptan son:

>

 

Para control político


Lei de Responsabilidades Políticas e a Lei de represión contra a masonería e o comunismo.

>

Existía tensión entre militares e falanxistas. Estes últimos tiveron máis influencia porque este periodo coincide co reforzamento da Falanxe.Salvador Merino crea un sindicato único, a Organización Sindical Española (OSE), partindo da Lei de unidade sindical e da Lei de bases. Esta última organizaría á OSE en dúas seccións, económica e social.Entre 1943-45 dáse un distanciamento das potencias do eixe ( Berlín-Roma-Tokio). No interior das familias do réxime cuestiónase a hexemonía falanxista e saen do goberno de Serrano Súñer.Os monárquicos iniciaron unha presión a Franco. O punto culminante foi unha carta firmada por militares que chegou a Franco en septembro de 1943 onde lle pedían que dera paso á monarquía. O 19 de Marzo de 1945 Don Juan publica o “Manifiesto de Lausana” que propugnaba a restauración da monarquía para a implantación dunha monarquía parlamentaria.
Nas semanas seguintes ó final da guerra, Franco asinou Decretos que ampliaban máis o seu poder.
3.2 Ditadura nacional católica (1945-1957)
Franco nun intento de dar unha imaxe diferente, retira ós falanxistas do poder e dálle poder os católicos.As modificacións entre 1943 e 1947 non cambiaron a opinión que tiñan os países occidentais de España.
A primeira estratexia para adquirir lexitimidade foi resaltar as características católicas e a segunda sería facer maior uso da idea da monarquía.
Franco aproba leis para dar unha imaxe de que España non é un país fascista, e crea o Consello del Reino e o de Rexencia. Dende mediados dos anos 50 aparece unha liña aperturista que quere cambios.

3.3 Ditadura tecnocrática (1957-1975)

Os tecnócratas do Opus Dei teñen o protagonismo político e económico ata o final do franquismo. As figuras claves foron López Rodó, Alberto Ullastres e Navarro Rubio.
Esta etapa está marcada polos intentos de preparar o réxime para o futuro. Ponse en marcha unha reforma da administración pública que trataba de adaptala ás novas circunstancias da economía. Apróbase a Lei orgánica do Estado que abriu as Cortes a unha participación popular dos procuradores elixidos polos cabezas de familia e mulleres casadas. Franco optará por Don Juan Carlos de Borbón como sucesor, para garantir o funcionamento das institucións despois da súa morte.
 
Manuel Fraga elabora a nova Lei de prensa en 1966 que suprime a censura de calquera publicación; pero na práctica a censura seguiu funcionando.O proceso de Burgos en 1970 contra 16 membros de ETA provocou protestas nas rúas, a presión internacional e o secuestro do cónsul alemán en Bilbao.De 1973 a 1975 entramos nunha dobre crise:
> Política, dada pola enfermidade de Franco, as disputas polo poder e a oposición que é máis forte e mellor organizada.
> Económica, como consecuencia da crise do petróleo.
Carrero Blanco foi nomeado presidente do goberno en 1973. O 20 de decembro do 1973 faleceu nun atentado de ETA (operación ogro).O presidente do goberno, Carlos Arias Navarro inicia a súa política cun discurso aperturista “el espíritu del 12 de Febrero” onde daban pasos cara un sistema de máis liberdade. Pero na práctica foi todo o contrario. Representantes do franquismo que non queren cambios impuxeron as súas posturas. Franco sofre unha tromboflebite no 1974, o 9 de xullo encarga ó príncipe que asuma a Xefatura do Estado, o día 30 recupérase e retoma o poder. Había que demostrar que Franco aínda vivía. Tras unha longa e terrible agonía, falece o 20 de novembro e foi soterrado no Val dos Caídos.

4. POLÍTICA EXTERIOR ESPAÑOLA.1 . Ata 1945

O estado Franquista mantiña relacións con Alemania e Italia polo apoio recibido na Guerra Civil. Co comezo da II Guerra Mundial o goberno de Franco declarouse neutral, pero España colabora con Alemania. En 1940 prodúcese un encontro entre Hitler e Franco en Hendaya: Franco pedía o restablecemento das posesións españolas en Marrocos, a ocupación de Tanxer e a reivindicación de Xibraltar pero Hitler rexeitounas e aínda así Serrano Suñer continuou colaborando con Alemaña. En 1941 enviou para loitar ó carón dos alemáns a un corpo de voluntarios dirixidos polo xeneral Muñoz Grandes, a chamadaDivisión Azul.
A presión británica e estadounidense impuxo unha rectificación da política exterior franquista. Dende 1942 a situación militar dos alemáns empezou a deteriorase e España distánciase deles cando caen Sicilia e Marrocos. España volta a neutralidade.

4.2. Entre 1945-1957

A vitoria dos aliados desencadeou unha forte oposición contra todos os que non os apoiaron. Así someten a un bloqueo a España. No 1946, a Asamblea da ONU votou contra a entrada de España nos seus organismos. Franco responde cun nacionalismo exaltado, coa macromanifestación na Praza de Oriente en 1946 e unha tremenda represión contra a guerrilla. A ONU recomendou a retirada dos embaixadores. Todos marchan agás os de Arxentina, Portugal e o Vaticano.
Ante o illamento, a diplomacia española centrouse en estreitar relacións co vaticano e o mundo árabe e busca-lo apoio dos países latinoamericanos. O seu maior éxito foi a sinatura dun acordo con Arxentina, onde este país nos enviou alimentos.
A partir de 1948 dáse a Guerra Fría entre EE.UU e a Unión Soviética. Os EE.UU buscan aliados seguros de modo que en 1949 crea a OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte). España non entrou ata 1950.
En 1951 España entra na FAO e solicita ingreso na UNESCO.

 

Entradas relacionadas: