Do Estado Liberal ao Estado Democrático de Dereito: Orixe, Principios e Filosofía

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,73 KB

Do Estado liberal de dereito ao Estado democrático de dereito

O Estado liberal como Estado de dereito

A primeira forma que adoptou o Estado moderno foi a monarquía absolutista do Antigo Réxime, unha forma de goberno en que o monarca representa a vontade soberana e a súa palabra é a lei. Non obstante, as revolucións de carácter liberal levadas a cabo desde o século XVII en diante dan lugar a unha nova mentalidade segundo a cal todos os membros da sociedade, incluídos os gobernantes e mais o monarca, se teñen que someter á lei emanada da soberanía popular. Deste modo, ábrese camiño o concepto de imperio da lei.

Na tradición liberal, herdeira da tradición republicana, o dereito igual para todos garante un espazo de liberdade en que as persoas poidan actuar sen temor a interferencias arbitrarias ou inxustas. De aí o interese dos pensadores liberais por dar razón da necesidade do imperio da lei. Tal é o caso de Immanuel Kant, que na súa obra Á paz perpetua formula os tres principios seguintes como base do sistema xurídico que lle corresponde a un Estado moderno:

  1. Principio da liberdade de cada un dos membros da sociedade.
  2. Principio da dependencia de todos respecto dunha única lexislación común.
  3. Principio da igualdade de todos os súbditos.

Para preservar estes principios, a lei debe ter en conta a seguinte fórmula: «O que non pode decidir o pobo sobre si mesmo e os seus compoñentes, tampouco pode decidilo o soberano sobre o pobo».

A tradición liberal

O punto de partida do liberalismo atópase na crenza de que o individuo constitúe o núcleo da actuación política e, por iso, o Estado debe garantir a súa liberdade de actuación establecendo un marco legal que protexa os seus dereitos. Deste xeito, os individuos poden perseguir os seus intereses particulares de acordo coas regras da competencia económica e do libre intercambio, sen que teñan que ver coartadas estas liberdades polo poder público.

Desde estes presupostos, a política concíbese non como a procura do ben común, senón como a arte de equilibrar os diferentes intereses.

Funcións básicas do Estado liberal

  1. Protexer a vida dos seus membros mantendo a seguridade.
  2. Reducir o medo e a incerteza, fomentando a paz civil.
  3. Asegurar o dereito de propiedade e facilitar o comercio.

Entradas relacionadas: