Distribución Global de Volcanes y Tectónica de Placas: Procesos Geológicos

Geología2,97 KB

Distribución Global de Volcanes

Os volcáns distribúense mundialmente en zonas que coinciden cos cinturóns sísmicos.

En 1968 uníronse as teorías da deriva continental e da expansión do fondo oceánico nunha teoría máis completa: a teoría da tectónica de placas.

Antecedentes Teóricos

  • Deriva continental: Fai uns 200 millóns de anos, tódolos continentes estaban unidos formando un supercontinente, Panxea, que se fragmentou e os fragmentos movéronse sobre a codia oceánica (deriva continental) ata alcanzar as posicións actuais.
  • Expansión do fondo oceánico: O solo oceánico créase a partir das dorsais oceánicas, dende elas e a ambos lados, vaise producindo a expansión dos fondos oceánicos.

Tectónica de Placas

A superficie rugosa da Terra ou litosfera está dividida en grandes placas litosféricas ríxidas, cuxos límites coinciden cos cinturóns sísmicos e volcánicos. As placas móvense unhas respecto ás outras sobre o manto que hai debaixo ou astenosfera.

Ditos movementos xeran unha importante actividade xeolóxica nos bordos das placas: vulcanismo, sismicidade, creación de cordilleiras (oróxenos) e de arcos de illas e aperturas de océanos.

Placas Litosféricas Terrestres

As placas poden ser oceánicas (formadas por litosfera oceánica), continentais (formadas por litosfera continental) e mixtas (con litosfera oceánica e continental). Nos límites das placas, ou bordo de placa, os movementos poden ser de 3 tipos: de afastamento, de achegamento ou colisión, ou de deslizamento lateral.

Accidentes nos Límites de Placas

Os límites entre as distintas placas están marcados por 3 tipos de accidentes:

  • Dorsais oceánicas.
  • Fosas submariñas.
  • Fallas transformantes.

A Actividad da Dorsal e a Separación dos Continentes

A creación constante de litosfera oceánica a partir das dorsais provoca a expansión do fondo oceánico a un lado e outro da dorsal. Esta expansión é a causante da deriva dos continentes.

Tipos de Bordos de Placas

  • Construtivos (diverxentes):
    • Formación de nova litosfera oceánica.
    • Asociados a dorsais e rifts.
  • Destrutivos (converxentes):
    • 1º Destrución de litosfera oceánica (zonas de subducción), que dan lugar a:
      • Placa oceánica con placa oceánica: formación de arcos de illas.
      • Placa oceánica con placa continental: formación de cordilleiras pericontinentais.
    • 2º Colisión continental (unido co anterior):
      • Placa continental con placa continental: formación de cordilleiras intracontinentais.
  • Conservadores ou pasivos:
    • Non hai creación nin destrución da litosfera oceánica.
    • Asociados a fallas transformantes.

Descargar

PDF Word HTML