Distinción vogais pechadas e abertas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,71 KB

1. ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: A SUA REPERCUSIÓN NOS USOS

En Galicia, desde finais da I.Media, existe unha situación de diglosia (coexistencia desequilibrada de dúas linguas usadas En distintos ámbitos e cun valor social diferente): unha en expansión, o castelán, que foi ocupando os ámbitos e as Funcións de prestixio; e unha lingua minorizada, o galego, Lingua propia que sofre substitucion lingüística ao ser desprazada Dos usos de prestixio e quedar relegada ás funcións cotiás e Familiares.

Esta marxinación do galego provocou na sociedade un complexo de Inferioridade, e rexeitamento da identidade (autoodio). Así Xurdiron, os prexuízos lingüísticos:
baseados na Contraposición entre linguas que se consideran “ útiles e Importantes” e outras que non.

Son un obstáculo para a normalización lingüística.
Debido a eles, crearonse tamén numerosos estereotipos sobre a nosa Lingua e os seus falantes.

Os prexuízos non son estáticos, cambian coa sociedade, podemos Falar de:

Prexuízos vellos ou tradicionais:


asocian O galego cunha lingua vinculada ao mundo rural, a pobreza, ignorancia E atraso. Os máis comúns son; fóra de Galicia non ten utilidade; é Un problema para atopar traballo; é descortés usalo se nos falan Castelán; o galego soa mal; non é unha lingua apropiada para a Certos ámbitos como a ciencia ou a música.

Estes vellos prexuízos sufriron progresivamente un retroceso na Sociedade e xa poucas persoas os defenden, porén, nacen os novos Prexuízos:
rexeitan ao galego normativo porque é un “invento” non é auténtico; é unha lingua con poucos falantes; é a lingua dun grupo político, ideolóxico determinado; non ten Cabida no mundo actual nin en Internet; unha minoría pretende a súa Imposición.

Os prexuízos lingüísticos están moi estendidos e teñen graves Consecuencias: manteñen os usos diglósicos, e provocan o abandono Da lingua e a ruptura da transmisión xeracional. É moi importante Combatelos e evitar a súa transmisión. Para eliminalos débense Coñecer as causas que os provocan e cuestionalas.




2. Historia da normativización: a construción da variedade Estándar. Interferencias e desviacións da norma

A normativización é o proceso de elaboración dunha norma Estándar (crear unha gramática, establecer normas ortográficas e Morfolóxicas, e o léxico) da lingua que sirva como modelo de Corrección nos usos cultos e formais, orais e escritos.

Na maioría das linguas ROMánicas a variante estándar creouse Dende o s.XVI, no caso do galego, os primeiros intentos remóntanse Ao s.XIX, cando empezou a recuperarse como lingua de literatura. Na normativización do galego distinguimos catro etapas:

1. Galego popular e dialectal (s.XIX). Os autores do Rexurdimento carecen dunha norma, e empregan a lingua oral da súa Zona, seguindo a ortografía castelá e empregando un léxico cheo de dialectalismos, vulgarismos e castelanismos. Conscientes da Necesidade dunha norma, aparecen as primeiras gramáticas e Dicionarios, pero carecen de rigor, e non se chega a un acordo.

2. Galego enxebrista ou diferencialista (etapa de Preguerra). A súa orixe ven da intención das Irmandades e do Grupo Nós de diferenciar o galego escrito do castelán. Esto lévaos a Empregar cultismos, hipergaleguismos, e a eliminar os dialectalismos. Nesta etapa inténtase a estandarización do galego coas Normas Para a unificación do idioma galego, pero que non chegaron a Consolidarse. A RAG tampouco conseguiu elaborar unha gramática nin Un dicionario

3. Galego protoestándar (1936-1980). A Editorial Galaxia Elaborou nos anos 50 unhas normas internas que servisen de referencia Aos escritores. En 1970, a RAG e o ILG publicáron Normas Ortográficas para a unificación do idioma galego. Buscábn Simplificar a ortografía a gramática e corrixir os excesos de Diferenciación do castelán.

4. Galego estándar (1980 á actualidade). Co Estatuto de Autonomía o galego convértese nunha lingua cooficial , comezando a Usarse nos ámbitos dos que estaba desterrado. Isto esixía a Elaboración dunha norma estándar. En 1982, o ILG e a RAG publican Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, Aprobadas como oficiais pola Xunta de Galicia. Esta normativa tivo Reaccións en contra por parte dos defensores dun maior achegamento Ao portugués (reintegracionismo). A solución a este problema chegou Coa modificación das normas no 2003, cando se introduciron cambios De achegamento, ao portugués para os termos científicos e técnicos.

A norma estándar debe excluír as desviacións da norma e as Interferencias (formas Que non coinciden co estándar):

  • Dialectalismos


    formas propias dunha área xeográfica Concreta. Fonéticos (ghato, muito) e morfolóxicos (ladrois, Iste...)
  • Vulgarismos


    Deformacións da lingua oral coloquial: Verdá, probe, vran, etc.
  • Hipergaleguismos ou hiperenxebrismos


    Palabras Galegas coincidentes co castelán que son deformadas por Diferencialismo: ambente, gasoliña, mediciña...
  • Arcaísmos


    Formas en desuso exclusivas dos usos Formais: ren, cor...

As interferencias son prestamos innecesarios, elementos Para os que xa existe unha palabra propia. No galego, os Castelanismos son a interferencia máis frecuente, per na actualidade Tamén existen bastantes anglicismos. Tipos:

  • Castelanismos léxicos:


    substitúen as Formas propias, conviven con elas, pero restrinxen o seu significado (billa- grifo, tixola- sartén...); creanformas erróneas de Apariencia galega (conexo): potencian os sinónimos coincidentes co Castelán (labios- beizos).
  • Castelanismos fónicos:


    non distinción, de Vogais medias abertas e pechadas.
  • Castelanismos morfosintácticos:


    erros no Xénero, ausencia do artigo diante do posesivo, colocación dos Pronomes átonos, formas verbais compostas con haber...
  • Castelanismos ortográficos:


    uso da ortografía Castelá en lugar da galega (Boda, armonía...)





Entradas relacionadas: