Dinámica de la Tierra: atmósfera, hidrosfera y litosfera explicadas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología
Escrito el en
español con un tamaño de 2,85 KB
Dinámica de la Tierra: energía y cambios en sus capas
A Terra experimenta continuos cambios nas súas 3 capas (atmosfera, hidrosfera e xeosfera) debido a 3 enerxías:
- Calor interno da Terra (enerxía xeotérmica): quenta o manto e deforma a codia → dinámica da xeosfera.
- Gravidade terrestre: atrae a materia e determina o fluxo da auga → dinámica da hidrosfera.
- Enerxía solar: quenta a auga e o aire da superficie → dinámica da hidrosfera e da atmosfera.
Circulación del aire y fenómenos atmosféricos
A enerxía do sol afecta a circulación do aire na troposfera (capa máis baixa da atmosfera) e orixina:
- Ventos: desprazamento das masas de aire.
- Borrascas: por ascenso de masas de aire quente. Baixa presión atmosférica.
- Anticiclóns: por descenso de masas de aire frío. Alta presión atmosférica.
Diferencia entre tiempo y clima
Cómpre diferenciar os conceptos de tempo e clima:
- Tempo: refírese ao tempo atmosférico nun lugar concreto e nun tempo determinado.
- Clima: refírese ao comportamento característico do tempo atmosférico durante un período de varios anos e nunha rexión máis ampla.
El ciclo del agua
A enerxía solar e a gravidade orixinan o ciclo da auga ou ciclo hidrolóxico, que consta de 4 etapas:
- Evaporación da auga (líquida → gas): a auga procede da superficie terrestre (mares, ríos…) e da transpiración dos seres vivos.
- Condensación: o vapor de auga arrefríase e condénsase en gotiñas → formación de nubes.
- Precipitación: as gotas caen por gravidade, en forma de chuvia, neve ou granizo.
- Circulación da auga: ben pola superficie (escorrentía superficial) ou ben incorporándose ás augas subterráneas (infiltración).
Dinámica de la geosfera y tectónica de placas
A dinámica da xeosfera é debida á enerxía interna da Terra ou enerxía xeotérmica. A estrutura interna da Terra (xeosfera) está formada polo núcleo interno (sólido), o núcleo externo (líquido), o manto (semirríxido) e a codia (ríxida). A parte ríxida do manto (xusto debaixo da codia) e a codia constitúen a litosfera.
4.1 Tectónica de placas
A litosfera terrestre non é continua, senón que está fracturada en placas. Hai 7 grandes placas litosféricas: Pacífica, Norteamericana, Africana, Suramericana, Euroasiática, Australiana e Antártica.